miércoles, 26 de mayo de 2010

Un home, ferido grave por unha caída na Fonsagrada





Un veciño de Ferreiros, na parroquia fonsagradina de San Pedro do Río, resultou este luns ferido de gravidade ó precipitarse dende unha altura de metro e medio cando amañaba un alpendre.
Aínda que a altura non era moita, L.L.L., de 63 anos de idade, golpeou a cabeza contra o chan de cemento, polo que sufriu un forte traumatismo craneal.
Ó lugar acudiron efectivos de Protección Civil da Fonsagrada e un equipo sanitario do 061. Ante a imposibilidade de valorar con exactitude o alcance das lesión, solicitaron a presenza dun helicóptero para evacuar ó ferido cara ó hospital Xeral de Lugo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario