MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)

A Fonsagrada reunirá 200 reses rubias e asturianas o día 1 na feira bovina


 
27/08/2012 - Yanire Villaverde / El Progreso (Lugo)
O Concello da Fonsagrada organizará o día 1 de setembro a Feira de Gando Vacún, á que está previsto que acudan máis de 200 cabezas de gando, de rubia galega e asturiana. Un ano máis, todas as reses pertencerán a explotacións fonsagradinas.
O certame celebrarase no mercado gandeiro comarcal do campo da feira, onde desde primeira hora da mañá irán chegando as reses. Os gandeiros terán para inscribirse ata, aproximadamente, as 11.00 horas. O Concello da Fonsagrada é un dos que ten maior número de granxas con vacas de raza loura galega e asturiana en toda Galicia. Por esta razón, o mercado estará destinado na súa totalidade a reses deste tipo.
Segundo informou o tenente de alcalde fonsagradino, José Ángel Fernández, o Concello porase en contacto durante os próximos días para asegurar a presenza na feira da Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (Acruga), que todos os anos, participa no certame con varias xatas.


lunes, 20 de agosto de 2012

O Museo da Fonsagrada pode perder 50.000 euros dunha subvención




19/08/2012 - Nieves Neira / El Progreso (Lugo)
OMuseo da Fonsagrada está a piques de perder os 50.000 euros que a Deputación e Agader concedéronlle para a súa restauración.
Os trámites para a concesión das subvencións esixen que o gasto sexa realizado antes de efectuar o ingreso ao beneficiario, o que implica que este ten que adiantalo cos seus fondos. Pero o museo, cuxa forma xurídica é a dunha asociación sen ánimo de lucro, non ten fondos suficientes para adiantar esa cifra. Por iso pensou en pedir un crédito a algunha entidade financeira, aínda a pesar de ter que correr cos gastos dos intereses.

lunes, 13 de agosto de 2012

EXPOSICION:AGARIMO POLAS ARTES

ORGANIZA: ASOCIACION DE FONSAGRADINOS E AMIGOS DA FONSAGRADA
DIAS: 11/12 DE AGOSTO 2012