Argelio Fernández Queipo e José Fernández, na presentación (Foto. EP)
06/09/2012 - Nieves Neira / El Progreso (Lugo)
A Fonsagrada celebra este sábado, coincidindo coas súas festas
patronais, a XX Feira de Gando Cabalar, Mular e Asnal, que espera sumar
outro éxito de participación ao cultivado a semana pasada na Feira de
Gando Vacún,
O Concello premiará con 2.500 euros aos vencedores nas
diferentes categorías, que tamén recibirán outros agasallos. As probas
de morfología de cabalos, eguas, póneis, asnos e mulas realizaranse na
Praza do Museo, e as de andaina, de trote e a carreira terán como
escenario o campo de fútbol. Os interesados poderán inscribir os seus
exemplares nas instalacións do mercado gandeiro antes das 11 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario