viernes, 7 de septiembre de 2012

A mostra bovina da Fonsagrada reuniu 180 reses louras e asturianas

02/09/2012 - Yanire D. Villaverde / El Progreso (A Fonsagrada)
Fernández Queipo e Álvarez Robledo observan un semental de raza loura na mostra (Foto: Yanire D. Villaverde)
O vixésimo sétimo Concurso- Exposición de gando vacún da Fonsagrada reuniu 180 cabezas de raza loura e asturiana de alta calidade do municipio, 20 menos que o ano pasado. O alcalde do concello, Argelio Fernández, indicou que o descenso do número de cabezas deste ano debeuse a que «moitos gandeiros están co saneamento dás vacas e teñen a documentación recollida, polo que non puideron vir aquí». No concurso, que repartiu unha quincena de galardóns, participaron 63 reses pertencentes a explotacións fonsagradinas. Entre os gañadores repartíronse máis de 3.800 euros en metálico e tamén varios produtos doados por casas comerciais que colaboraron no certame. O premio especial ao primeiro lote de gando de raza loura galega foi para Antolín Alonso, da parroquia de Lamas de Moreira, e no caso da asturiana, para Ana Rosa Alonso, do Vieiro. No que se refire á sección de tenreiros de carne, o gañador foi Quintana de Lamas de Campos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario