MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)

viernes, 17 de abril de 2009

Os alcaldes da Reserva da Biosfera crean unha asociación para captar fondos

Os alcaldes toman as rendas da Reserva. Os catorce municipios que integran a Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón decidiron empezar canto antes a mover ficha para que a distinción europea comece a deixar pegada sobre o terreo. Para iso crearon unha asociación para o desenvolvemento do territorio interregional da contorna do río Eo que preside o alcalde de Castropol, o socialista José Ángel Pérez.

Explica o rexedor que o seu obxectivo «é captar algún tipo de fondo ou axuda económica que permita facer realidade un programa de desenvolvemento na comarca». A idea dos alcaldes, di, é «anticiparnos e ter todo preparado para poder optar a axudas no tempo en que non se concreta o órgano reitor».

Os alcaldes son conscientes de que a tramitación vai lenta, e máis ao tratarse dunha reserva interregional que afecta a Asturias e Galicia. O órgano xestor tardará un tempo aínda en funcionar, xa que para ser oficial a Reserva debe ser aprobada polo Senado. Ademais, os cambios de Goberno na Xunta non farán máis que demorar os trámites.

Pérez explicou que a unión dos alcaldes é total e que «os catorce estamos dispostos a empuxar o mesmo carro á vez que pediremos aos gobernos respectivos que axilicen os trámites».

Na xunta directiva a representación asturiana é notable, xa que o alcalde de Taramundi, Eduardo Lastra, é tesoureiro, e a alcaldesa de San Tirso de Abres, Goretti Quintana, é vocal. Na parte galega, o alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández, ostenta a vicepresidencia; o alcalde de Trabada, José Manuel Yanes, a secretaría, e o de Ribadeo, Fernando Suárez, é vocal. Os postos repartíronse equitativamente para que ambas as comunidades estivesen representadas.

A presidencia, agora en mans de Asturias, viaxará a Galicia nun prazo de dous anos. Así o fixan os estatutos: cada dous anos farase cambio de goberno no colectivo.

A última reunión oficial da Reserva, con presenza dos gobernos asturiano e galego, foi en xaneiro na localidade lucense da Fonsagrada. Segundo o previsto, a próxima cita será no verán no municipio de Castropol, aínda que polo momento non transcendeu a orde do día deste encontro.

4 comentarios:

  1. Feliz cumpreanos José Gabriel¡¡
    Segue escribindo neste blog k comezaches con tanta entrega e paixón. Un saúdo de Isa

    ResponderEliminar
  2. Feliz cumpreanos José Gabriel¡¡
    Agardo que durante este ano sigas escribindo neste blog coa misma entrega e paixón coa que escomenzaches.Un saúdo.Isa

    ResponderEliminar
  3. Es curioso que esta noticia haya tenido tan poca visibilidad. Sólo la he visto aquí y en A Fonsagrada na Web. De todas maneras una gran noticia para Fonsagrada. Un abrazo.

    ResponderEliminar
  4. Es curioso que esta noticia haya tenido tan poca visibilidad. Sólo la he visto aquí y en A Fonsagrada na web. Una gran noticia para A Fonsagrada. Un abrazo.

    ResponderEliminar