Un grupo de rapaces da nosa parroquia: Daniel do Soldado, Mirin do Xastre e Luis Daquelcabo decidiron organizar a festa da parroquia despois de vinte anos os días 7 e 8 de agosto. Quixera plasmar aquí a miña felicitación persoal a estes tres emprededores sociais.
O éxito obtido foi grande, non só pola grande cantidade de xente que acudiu de todos os lugares a cita, senón pola recuperación dunha cita histórica que é importante que se volva a repetir.
Meus queridos amigos, xa sabedes ánimo e a repetir
E as miñas veciñas e veciños que se sumen a obra e non poñan chotas
Unha apreta
No hay comentarios:
Publicar un comentario