NUNCA DIGAS DESTA AUGA NON BEBEREI. A VIDA É UN CAMIÑO DEMASIADO LONGO E EN OCASIONS PODES TER SEDE
MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
▼
lunes, 1 de febrero de 2010
O BUTELO
RECEITA DO BUTELO
O butelo elabórase a base de costela de porco, peles, sal pemento e auga. A carne córtase en anacos miúdos e condiméntase. Realizada a mestura déixase repousar durante dous ou tres días, sendo necesario revolvela todos os días. Unha vez feito isto, a pasta embútese no estómago do porco a tripa, previamente adobada. Unha vez rechea e atada a man, e coidando de non leve aire, o butelo cólgase para poder secalo e afumalo con leña de carballo. Tras 15 días de repouso xa está listo para comer.
COMO SE COCIÑA O BUTELO?
Bótase unha pota con auga, o suficiente como para que cubra o butelo, unha vez que ferve se feita o butelo e deixámolo cocer durante dúas horas e media a pouco lume.
CANDO É A TEMPADA BUTELO?
A tempada máis forte é de decembro ata Semana Santa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario