A festa de maiores da Fonsagrada celebrarase o próximo día 24. A comida terá lugar no polideportivo municipal, ao que se espera que acudan gran parte dos xubilados do municipio.
A comida será servida polo restaurante O Pedregal, como vén sendo habitual. O menú estará composto por entrantes a base de xamón cocido e empanada, callos, jarrete e, de sobremesa, queixo con marmelo.
Haberá música para amenizar a sobremesa e agasallos para os asistentes. Os participantes de maior idade recibirán unha distinción especial que o Concello preparou para eles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario