Os danos provocados polo xabaril deben asumilos os tecores (cotos de caza xestionados por unha sociedade), tal e como se recolle na lei estatal que regula esta actividade, e que é de 1970. Por iso é polo que a Xunta promova a creación dun grupo de traballo que intentará modificar a lexislación preconstitucional, xa que a situación dos tecores galegos nada ten que ver cos doutras comunidades onde a caza ten unha finalidade fundamentalmente comercial e son os propios responsables dos cotos, perfectamente delimitados e pechados, os que introducen as especies. Desde a Xunta sosteñen que a responsabilidade debe ser asumida por Administración do Estado, cazadores e Administración autonómica, entre outros, nun seguro conxunto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario