29/07/2012 - Pilar G. Cheda / El Progreso (Lugo)
Fonsagradinos e foráneos abarrotaron os establecementos da localidade durante toda a semana para participar no concurso de tapas. A maioría dos locais esgotou existencias cada día e todos víronse desbordados pola demanda.
Os hostaleiros da Fonsagrada apuntáronse un tanto con este certame. Unha vez máis deixaron claro que teñen boa man para a cociña e que xogan con vantaxe cando se serven de produtos propios como materia prima para a elaboración dos seus pratos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario