NUNCA DIGAS DESTA AUGA NON BEBEREI. A VIDA É UN CAMIÑO DEMASIADO LONGO E EN OCASIONS PODES TER SEDE
MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
▼
domingo, 7 de febrero de 2010
Animadas vendas na primeira xornada da Feira do butelo
Numeroso público se achegou onte ata A Fonsagrada para participar na primeira xornada da Feira do butelo. Nas horas centrais do día a gran carpa instalada na explanada do museo estivo practicamente chea de xente, moita da cal non se foi para a súa casa sen mercar o produto estrela, que ofertaban ata sete industrias cárnicas do municipio. Nos seus postos non faltaban tampouco o resto de derivados do porco, como lacóns, chourizos e cachuchas.
Entre os expositores, ata superar os sesenta, había ademais panadería e repostería, viños, mel, artesanía e ata un chegado de Pontevedra no que se elaboraban filloas á pedra.
A grande afluencia de xente axudou a animar as vendas, co cal é previsible que se superen os dez mil quilos de butelo vendidos o pasado ano. Igualmente, tamén foron moitos os asistentes que aproveitaron a súa estancia na Fonsagrada para degustar nos restaurantes da vila o típico
No hay comentarios:
Publicar un comentario