NUNCA DIGAS DESTA AUGA NON BEBEREI. A VIDA É UN CAMIÑO DEMASIADO LONGO E EN OCASIONS PODES TER SEDE
MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
▼
lunes, 8 de febrero de 2010
A provincia de Lugo ten tanto monte coma Navarra e máis que Asturias
O director xeral de Montes, Tomás Fernández Couto, destacou este venres que a provincia de Lugo representa máis masa forestal que toda a do Principado de Asturias ao é igual ao a existente na Comunidade Foral de Navarra.
Fernández Couto respondeu este venres, na comisión de Agricultura do Parlamento galego, a unha pregunta formulada polo deputado do PP de Lugo Daniel Varela Suanzes-Carpegna.
Na súa contestación, o director xeral especificou que a provincia reúne o 33 por cento da superficie arborada de toda Galicia. Durante a súa intervención, avanzou que "pronto haberá datos" da masa forestal de Galicia en virtude do cuarto inventario forestal estatal, se ben constatou que, en Lugo, crece ao ano en 4 millóns de metros cúbicos e se tira proveito a uns 3 millóns de metros cúbicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario