En xaneiro, mellor carballo que castiñeiro, refrán popular galego.O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de xaneiro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, diccionarios, refraneiros,cantigueiros etc.
Divisións
As sortes son os primeiros doce días do mes de xaneiro e prognostican o que vai acontecer durante cada mes do ano. Así, o tempo que fai o día 1 será o tempo que fará en xaneiro, o do día 2 corresponderá a febreiro, etc. As resortes son os doce días seguintes, do 13 ó 24, e serven para ratificar ou contradicir ó prognóstico que anunciaron as sortes. Hai quen di que hai que fiarse máis do que din as resortes.
Ramón Piñeiro recolleu en Láncara o costume de colocar, o primeiro día de xaneiro, doce areas de sal sobre unha pedra e prognosticar, segundo a humidade que desprenda cada unha delas, a chuvia que
caerá durante o mes correspondente.
Os pechos son os días 25 a 28 de xaneiro, e anuncian do mesmo xeito o tempo das estacións (primavera, verán, outono e inverno, respectivamente)
A lúa de xaneiro, chamada lúa morta, é a mellor para mata-lo porco. A lúa crecente seguinte será a adecuada para salgalo se se quere que medre a carne na artesa. Nunca debe matarse con lúa chea porque o touciño se aluaría.
Do mesmo xeito, durante a lúa morta de xaneiro non se deben poda-las viñas.Santo Amaro, o 15 de xaneiro, é avogoso contra a reuma. En Castro Caldelas é en tal ocasión cando se proban os chourizos novos.
Refraneiro- A auga de xaneiro mata ó usureiro.
- A ferreña de xaneiro non vai ao palleiro.
- A ferreña de xaneiro non vai ao poleiro.
- A galiña nada no xaneiro pon o ovo no colmeiro.
- A galiña no xaneiro pon no colmeiro.
- A madeira da túa casa, en xaneiro has de cortala.
- A perdiz no xaneiro caga pró escopeteiro.
- A raia en xaneiro sabe a carneiro.
- As patacas de xaneiro van na cesta e veñen no sombreiro.
- As verzas de Fontán cóllense por san Sebaschán
- As verzas por xaneiro saben a carneiro.
- Cando as ras cantan no xaneiro, sinal de fame en todo o eido.
- Coa lúa de xaneiro, vese a formiga no carreiro.
- Dazasete de xaneiro, Santo Antón lacoeiro.
- De xaneiro a xaneiro, come carneiro.
- Día de Santa Inés chuvia unha soa vez.
- Xaneiro na cultura popular galega
- En abril, augas mil, e en xaneiro come carneiro.
- En abril, cátanos no cubil; en maio, xa son bo galo; en san Xoán; en maio, xa son bo galo; en san Xoán xa lle dou a carreira ó can; en santa Mariña xa vou pola cabritiña; en agosto xa vou co meu pai polo rostro; en Santos xa mato os bois nos campos e en xaneiro xa podo co carneiro.
- En xaneiro bota ó obreiro, antes na sebe ca na parede, non polo día senón pola pedra que está fría.
- En xaneiro, a faneca sabe a carneiro.
- En xaneiro, a lebre co cu no lameiro.
- En xaneiro, a vella saca as madeixas ó turreiro.
- En xaneiro, a verza é carneiro.
- En xaneiro, abrígate con dúas capas e un sombreiro.
- En xaneiro busca a lebre co cu no bulleiro.
- En xaneiro, camiseiro.
- En xaneiro, mellor carballo que castiñeiro.
- En xaneiro, mete obreiro, antes na sebe que na parede.
- En xaneiro, mete obreiro.
- En xaneiro, namoreime, en febreiro, caseime ... e amoleime.
- En xaneiro, nin galgo leboreiro nin falcón perdigueiro.
- En xaneiro pon o alleiro.
- En xaneiro, sete lobos no carreiro.
- En xaneiro, sete lobos polo carreiro.
- En xaneiro, trompos ó fumeiro.
- En xaneiro, vaite ó outeiro: se ves verdegar, ponte a chorar; se ves terrexar, ponte a cantar.
- En xaneiro verza vella val carneiro.
- En xaneiro visita o outeiro: si ves verdegar ponte a chorar, si ves terrexar, ponte a cantar.
- En xaneiro xa a abella pon os pés no salgueiro.
- En xaneiro, xéase a auga no caldeiro.
- Entre xaneiro e febreiro, inverno verdadeiro.
- Eu son o pito do Cairo, que nacin no mes de xaneiro, se o raposo non me come, he de cantar no poleiro.
- Gato do mes de xaneiro vale un carneiro.
- Inda non veu xaneiro pra poñe-lo pé diante do compañeiro.
- Lúa, a de xaneiro, amor, o primeiro.
- Moita chuvia en xaneiro, mala anada no cabaceiro.
- No menguante de xaneiro corta o teu madeiro.
- No mes de xaneiro sube ó outeiro. Se ves verdear ponte a chorar, se ves estercar ponte a cantar.
- No mes de xaneiro, súbete ó outeiro. Se ve-los teus campos verdexar, ponte a chorar, se terrexar, ponte a cantar.
- No xaneiro busca a lebre co cu no bulleiro.
- No xaneiro pon o sombreiro.
- Non hai amor coma o primeiro nin lúa coma a de xaneiro.
- Non hai amor firme coma o primeiro nin lúa coma a de xaneiro.
- Non hai lúa coma a de xaneiro nin amor coma o primeiro, senón a de agosto, que lle dá no rostro.
- Non hai lúa coma a de xaneiro nin amor coma o primeiro.
- O año de xaneiro é o millor carneiro.
- O besugo en xaneiro viste coma un cabaleiro.
- O boi e o leitón, en xaneiro crían rin.
- O día de san Sebastián ceiba as moscas Satanás.
- O madeiro pra túa casa, córtao no xaneiro.Xaneiro na cultura popular galega 3
- O mes de xaneiro é o xeadeiro; febreiro, muliñeiro; marzo, esqueiroso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoán,
- claro; en seitura, sol; e en agosto, mellor.
- O polo de xaneiro polo san Xoán está comedeiro.
- O polo de xaneiro vale carneiro.
- O polo de xaneiro, polo San Xoán está comedeiro.
- O que en xaneiro non cava os terróns, en agosto queima os collóns.
- O que queira comer morriña, coma carneiro en xaneiro e en maio galiña.
- O que queira comer morriña, coma en xaneiro carneiro i en maio galiña.
- O que sexa meu amigo verdadeiro, véñame ver o vinte de xaneiro.
- O santo Antón verdadeiro, o dazasete de xaneiro.
- O sol de xaneiro non ten compañeiro.
- O vinte e un de xaneiro, unha hora por enteiro.
- Obreiro en xaneiro, pan che comerá e obra non fará.
- Ollomol de xaneiro vale un carneiro.
- Os amores de xaneiro son os que enfrían primeiro.
- Para a túa casa o madeiro córtao no xaneiro.
- Picoreiro súbete ó picouto, e se no mes de xaneiro veres verdegar, bótate a chorar, e se os ves queimados, ponte a bailar.
- Pito de xaneiro non vai coa sua nai ó poleiro.
- Pito de xaneiro, vai coa súa nai ó poleiro.
- Poda en xaneiro, vendima no sombreiro.
- Polo río abaixo vai un pexegueiro que bota pexegos no mes de xaneiro.
- Polo santo Amaro andan os trompos polo tellado.
- Polo santo Antón xa a galiña pon. Pola Candelaria, a boa e a mala.
- Polo san Martiño, trompos ó camiño, e polo santo Amaro, trompos ó tellado.
- Polo san Sebastián coida o teu fabal. Polo san Sebastián coñez o día o pailán.
- Polo san Sebastián laranxiñas na man.
- Polo san Sebastián medra o día o paso dun can. Polo san Vicente ten o día unha hora máis, metá pola mañán, metá polo serán.
- Polo San Vicente perde o inverno un dente.
- Polo San Vicente toda a auga é semente.
- Por santo Amaro, trompos ó faiado.
- Por santo Amaro, trompos ó tellado.
- Por santo Antón, a galiña pon.
- Por Santo Antón, trompos ó caixón.
- Por san Sebaschán, a laranxa na man.
- Por san Sebastián algueira o pailán.
- Por san Vicente da Roda medra o día unha hora.
- Por san Vicente pon os nabos da semente.
- Por san Vicente, unha hora de creciente.
- Por san Xulián medra o día un pasiño de can.
- Por san Xullán adianta o día o paso dun can.
- Prá túa casa, o madeiro cortado sempre no xaneiro.
- Pra túa casa, o madeiro córtao no xaneiro.
- Queimemo-lo loureiro no mes de xaneiro.
- Quen colle a aceitona antes de xaneiro, deixa o aceite no oliveiro.
- Quen labra no xaneiro labra para o ano enteiro.
- Quen ora en xaneiro, ora para o ano enteiro.
- Raia pescada en xaneiro sabe a carneiro.
- San Sebastián, vinte de xaneiro, cando ceiba a mosca do demo.
- San Vicente do inverno bota unha brasa ós regueiros.
- San Vicente pequeniño é un santo chirifeiro, que nos dá a nosa festa o vinte e dous de xaneiro.San Xulián garda o viño e garda o pan.
- San Xullán, garda viño e pan.
- Se chove día de Santo Antón de xaneiro, pipas ó fumeiro, i si está claro, pipas ó canteiro.
- Se chove en Santo Antón de xaneiro, pipas ó fumeiro, se non, pipas ó canteiro.
- Se chove no día de santo Antón de xaneiro, pipas ó fumeiro; e se está claro, pipas ó canteiro.
- Se en xaneiro tose o neno, non teñas medo; se tose no mes da sega, pode ir pra terra.
- Se queres ter bo alleiro, pon o allo no xaneiro.
- Se se soubera o que sabe a galiña no xaneiro, non quedaba unha no galiñeiro.
- Se trona en xaneiro, sube as cubas ó fumeiro.
- Seco xaneiro, abundancia no graneiro.
- Sol de xaneiro, porco ó bulleiro.
- Tanto dirán “Heilas, heilas”, que veñan nas quendas xaneiras.
- Tódolos días que pasan de xaneiro son allos que perde de da-lo alleiro.
- Un bo día de xaneiro é un lobo no quinteiro.
- Verzas en xaneiro saben coma carneiro.
- Xaneiro, alleiro.
- Xaneiro añeiro e febreiro cabriteiro.
- Xaneiro arde verdadeiro.
- Xaneiro é oveiro.
- Xaneiro frío ou templado, pásao arroupado.
- Xaneiro, piardeiro.
- Xaneiro quente trae o demo no ventre.
- Xaneiro verceiro, nin boa meda nin bo palleiro.
- Xaneiro, xeadeiro, febreiro, grileiro.
- Xaneiro, xeadeiro; febreiro, verceiro; marzo, airoso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoán, claro, valen máis
- estes meses cas súas mulas co seu carro.
- Xaneiro, xiadeiro.
- Xaneiro xiado e abril mollado enchen o faiado.
- Chamáchesme pita choca / porque nacín en xaneiro; / inda tú no-élo galo / que canta no meu poleiro.
- Chamáchesme pito louco / alá no mes de xaneiro; / se me a raposa non come / hei cantar no teu poleiro.
- Chamáchesme pitocairo / porque nacín en xaneiro; / tú non has de selo galo / que cante no meu poleiro.
- • Chamásteme pito cairo / porque nascín en Xaneiro; / se no me come o raposo / inda che hei d’ir ó poleiro.
- Meu divino san Vicente, / olliños de lagarteiro, / moito me alegras, meu santo, / o vintedous de xaneiro.
- Naquela banda do río, / ten meu pai un castiñeiro, / bota castañas no outono / uvas no mes de xaneiro.
- San Vicente de Marantes / é un santo moi galanteiro / quere que lle fagan a festa / o vintedous de xaneiro.
- ¡Vállame dios! o arado / cal si labra dianteiro, / tanto ten no mes de maio, / como no mes de xaneiro.Xaneiro na cultura popular galega 5
Locucións
- Andar á xaneira: esta-la gata en celo. (Por extensión, dise dos mozos que andan pola noite buscando aventuras amorosas, como os gatos en celo)
- Andar ás celeiras coma as gatas xaneiras.
- Andar como os gatos en xaneiro.
- Andar de xaneira/ xaneiro.
Francisco Javier Rodríguez (1854c): Diccionario gallego-castellano, transcrito do ms da RAG por AS para este diccionario | ||
---|---|---|
El mes de enero. En p. se pr. id. |
Francisco Porto Rey (1900c): Diccionario gallego-castellano, ed. de María Xesús Bugarín e Begoña González Rei;, A Coruña, Real Academia Galega, 2000 | ||
---|---|---|
m. | Enero, ĵaneiro. |
X. Filgueira Valverde, L. Tobío Fernandes, A. Magariños Negreira e X. Cordal Carús (1926): Vocabulario popular castelán-galego (publicado por entregas en El Pueblo Gallego) | ||
---|---|---|
sm. | Enero. |
Leandro Carré Alvarellos (1928-1931): Diccionario galego-castelán, 1ª ed., Lar, A Cruña, 1926-1931 | ||
---|---|---|
s. m. | Enero. Primer mes del año. |
Leandro Carré Alvarellos (1933): Diccionario galego-castelán, Segunda Edizón, A Coruña, Roel | ||
---|---|---|
s. m. | Enero. Primer mes del año. |
José Ibáñez Fernández (1950): Diccionario galego da rima e galego-castelán, Madrid | ||
---|---|---|
s. m. | Enero. |
Leandro Carré Alvarellos (1951): Diccionario galego-castelán, Terceira Edizón, A Coruña, Roel | ||
---|---|---|
s. m. | Enero. Primer mes del año. |
Leandro Carré Alvarellos (1979): Diccionario galego-castelán e Vocabulario castelán -galego, A Coruña, Moret | ||
---|---|---|
s. m. | Enero. Primer mes del año. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario