martes, 31 de marzo de 2009

RECEITAS MODERNAS CON CASTAÑAS

Puré de casatañas

- Castañas
- Leite
- Manteiga
- Azucre
- Sal
Pela-las castañas e poñelas a cocer en leite ata que estean blandiñas. Escorrelas e pasa-las polo pasapurés, engadir unha cullerada de manteiga, sal e unha pizca de azucre.

Costelas de porco con castañas

- 3/4 kg. de castañas
- 1/2 kg. de costelas
- 50 gr. de manteiga
- 1 taza de caldo
- Sal e aceite.
Adóbanse as costelas con aceite e sal, métense no forno e vanse regando co caldo. Cócense as castañas, escórrense e pélanse. Dáselles unha volta na tixola coa manteiga. Cando as costelas estean asadas acompáñanse coas castañas.

Rosca de castañas

- 1kg. de castañas
- 2 onzas de chocolate amargo
- 2 iemas de ovo
- 750 gr. de azucre
- 1e1/2 vasos de auga

Faise unha pasta cocendo as castañas e pasándoas por un tamiz. Nun cazo prepárase un almíbar coa auga e co azúcar. Cando estea retírase un vaso e cócense no resto as castañas ata que se vexa consistente. Con esta masa fórmase unha rosca. No centro da mesma vertemos unha salsa feita co vaso de almíbar, as iemas e o chocolate amargo. Para face-la salsa deberemos remover sempre para o mesmo lado e seguir ata que enfríe un pouco.

Tarta de castañas

-500 grs de castañas
- 400 gr. de fariña de trigo
- 6 ovos
- 300 gr. de azucre
- 2 culleradas de levadura
- raiadura de limón
Bate-los ovos co azucre e a raiadura de limón. Engadi-la fariña coa levadura. Despois agrega-las castañas moídas e mezclar todo ben. Untar un molde con margarina, bota-la mezcla e meter no forno durante 30 minutos a 150º.

Tarta de castañas con crema de chocolate

-500 grs de castañas
- masa para forrar
- 50 gr. de chocolate
- 2 ovos
- 500 gr. de azucre
Facer unha crema pastelera incorporando o chocolate e as castañas cocidas e desfeitas, reservando algunhas para o adorno. Todo isto bótase nun molde cuberto de pasta brisé ou follado. Métese no forno ata que a pasta estea cocida

RECEITAS TRADICIONAIS CON CASTAÑAS

Castañas cocidas

- Castañas secas
- Lacón cocido
- Cachola
- Chourizos
As castañas cocidas serven para acompañar calquer carne. Na nosa comarca tradicionalmente tómanse con carne de porco salada e cocida (lacón, cachola), con chourizos cocidos, etc. As castañas secas hai que escaldalas en auga fervida para quitarlle-los restos de peles. logo férvense ata que estean blandas e xa se poden comer ben acompañadas, como xa indicamos anteriormente.


Castañas asadas

Asínanse as castañas, é dicir, fáiselles un pequeno corte por un lado para que non estoupen e despois póñense a fogo lento sobre unha plancha quente, tendo coidado de revolvelas a miudo. Cando se lles quita a casca con facilidade e están blandas por dentro xa se poden comer.
Tamén poden asarse no forno. Neste caso case non necesitan revolverse. Teñen a ventaxa de que así non manchan nada as mans.
Se se fan nas brasas ou dentro dun cilindro metálico sobre o lume, estamos xa a voltas cun magosto.

Castañas con leite

- Leite frio
- Catañas frescas
Quítaselle-la pel grosa de fóra ás castañas e cócense en abundante auga cunha pizca de sal. Cando están xa cocidas, pero aínda quentes, libéranse da segunda pel e vanse botando directamente no prato onde se van comer. Cando o comensal considera que ten unha cantidade suficiente vértelle-lo leite por enriba e xa as pode comer antes de que se vaia todo o calor da castaña.
Cada un debe preocuparse de pelar castañas para sí pois, se se lle deixa a tarefa enteiramente ó cociñeiro ou cociñeira, é probable que todos teñan que comelas frías.


Caldo de castañas (I)

- Castañas secas
- Cebola ou allo porro
- Unha taza de leite
- Unha pouca fariña
- Patacas (opcional)
Bótanse as castañas secas e o allo porro ou a cebola nunha pota con auga fervendo e déixase cocer todo ata que estea pasado. Seguidamente engádese unha taza de leite e unha cullerada de fariña para que espese, sálase e espérase ata que a fariña estea cocida. Se se quere pódense botar patacas a cocer coas castañas, cando un crea oportuno, dependendo do tempo que tarden en pasarse.

Caldo de castañas (II)

- Castañas secas
- Touciño
- Chourizo
- Fabas
- Patacas
Ponse auga ó lume e bótaselle un pouco de touciño picado, un chourizo e un puñado de fabas. Cando ferva todo bótanse as castañas secas e déixase cocer todo un bo anaco ata que xa case estea. Engádense as patacas e deixamos que coza todo xunto ata que estea ó noso gosto.

A regra de Laplace e a lotaría de Nadal

Probabilidade e curiosidades sobre o sorteo de lotaría de Nadal

No sorteo extraordinario da lotaría de Nadal póñense en xogo 170 series de 85.000 billetes, dos cales 13.334 se levan premio. Así, por exemplo, se xogamos un billete de lotaría no premio de Nadal, a probabilidade de que nos toque o premio maior é de 1 entre 14 millóns e medio (170 series x 85.000 billetes), mentres que nun sorteo dos xoves, a probabilidade é de 1 entre 600.000. Polo tanto, aínda que xogamos moito máis en nadal a probabilidade de que nos toque é moito menor.

Curiosidades do Sorteo de Lotaría de Nadal

Dos 195 sorteos de Nadal celebrados, o primeiro premio coñecido popularmente como "O GORDO" ten correspondido en sesenta e unha ocasións a un número comprendido entre o 0 e o 10.000, en setenta e unha ocasións a un número entre o 10.001 e o 30.000 e en sesenta e catro a números comprendidos entre o 30.001 e o 66.000.
En 1.832, a emisión foi de 12.000 números. Nesa ocasión foron considerados números Baixos do 1 ao 4.000; medianos, do 4.001 ao 8.000; altos do 8.001 ao 12.000.
En 1837 houbo dous primeiros premios de igual contía.
En 1938 celebráronse dous sorteos o día 22 de decembro, un en Barcelona e outro en Burgos.
Repetiuse o 15.640 nos anos 1956 e 1978. Correlativos foron o 13.093 e 13.094 e o 53.452 e 53.453.
Non obtiveron aínda o primeiro premio os millares seguintes: 27, 37, 39, 41, 44, 51, 54, 62 e o 64.En catro ocasións o "Gordo" correspondeu a números rematados en tres cifras iguais: o 25.444, o 25.888, o 35.999 e o 55.666.Repetíronse en tres ocasións as cifras finais seguintes: 457 (2.457, 4.457 e 9.457) e 515 (12.515, 13.515 e 21.515); e en dous o 098, 297, 400, 452, 704, 758 e 892.
As terminacións das dúas cifras máis repetidas foron: a 85 seis veces en: 1841, 1858, 1867, 1868, 1900 y 1915; a 57 seis veces en: 1820, 1846, 1871, 1878, 1881 y 1932; a 75 cinco veces en: 1825, 1835, 1843, 1869 y 1962; a 64 cinco veces en: 1821, 1948, 1961, 1976 e 1987 e a 95 catro veces: 1886, 1994, 1995 y 2001.
Nunca rematou o número do primeiro premio en 09, 10, 13, 21, 25, 31, 34, 41, 42, 43, 51, 54, 59, 67, 78 e 82.
Como cifra final o 5 foi o número que máis veces resultou premiado: 30 veces, pero nunca rematou en 25.
Seguido do 4 e o 6 con 26 aparicións.A cifra final menos repetida foi o 1.
Ségueo o 2 e o 9.
En 1812 o prezo do billete foi de 40 reais e o gordo de 8.000 pesos fortes.

Tenso pola crise? Unha web de EE UU ofrece unha guía para evitar as depresións

Reuters - Washington - 31/03/2009 A guía "Getting Through Tough Economic Estafes" (Superar os momentos económicos difíciles), publicada en http://www.samhsa.gov/economy/, ten como obxectivo axudar a identificar problemas graves de saúde relacionadas coas dificultades económicas, desenvolver técnicas para facer fronte aos problemas e atopar axuda, dixo o martes a Administración de Servizos de Saúde Mental e Abuso de Sustancias (SAMHSA, polas súas siglas en inglés). Os estudos mostran un risco grave de depresión clínica, ansiedade e comportamentos compulsivos como o xogo, a comida en exceso e gastar máis como consecuencia da tensión, agregou a SAMHSA. "Axudando á xente a seguir sendo flexibles, podemos axudar á recuperación xeral do noso país", dixo o administrador de SAMHSA, Eric Broderick, nun comunicado. De particular importancia é axudar á xente a ver os signos de alerta de depresión, pensamentos suicidas e outras enfermidades mentais graves, sinalou SAMHSA. Isto inclúe, segundo a vez, tristeza e pranto constantes, ansiedade en exceso, falta de soño e fatiga constante, irritabilidad excesiva, uso de sustancias ilegais ou usar mal os medicamentos. O sitio dirixe á xente a expertos nestas doenzas e tamén ofrece pistas para reducir as causas da tensión, talles como atopar un novo traballo e refinanciar a hipoteca.

lunes, 30 de marzo de 2009

MAESTROS DO FERRADO

As escolas de ferrado chamábanse así porque inicialmente se pagaba un ferrado anual de centeo, millo ou trigo pola escolarización de cada neno ou nena. estas escolas, que persistirán ata os inicios da década de 1970, instalábanse en locais improvisados, dispuñan dun mobiliario e material rudimentario e limitábanse normalmente ao ensino das destrezas básicas –ler, escribir e contar–, seguindo procedementos didácticos tradicionais. Os seus encargados, os escolantes, tiñan unha formación literaria limitada, pois as máis das veces só fixeran estudios primarios, e carecían de formación pedagóxica. Compaxinaban o ensino co traballo da terra e outros oficios. Malia todas estas carencias, subliñadas pola administración escolar e a pedagoxía, as escolas de ferrado cumpriron unha importante función, pois nelas aprendeu a ler e a escribir unha boa parte da poboació rural galega. O libro remata con dous anexos, nos que se reconstrúe a traxectria dun escolante de longo percorrido, José Miranda Fernández e dun mestre republicano, Arximiro Rico Taboada. Escolantes e escolas de ferrado, obra de Narciso de Gabriel, recibiu o Premio á Investigación Pedagóxica María Barbeito convocado pola Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago (2000). O autor, Narciso de Gabriel é profesor titular de Teoría e Historia da Educación na Universidade da Coruña, onde dirixe dende 1993 o Departamento de Pedagoxía; destacado investigador sobre temas de historia da educación en Galicia, ten publicados entre outros libros, Agricultura e escola. Contra a rutina e o éxodo escolar (1989) e Leer, escribir y contar. Escolarización popular y sociedad en Galicia , 1875-1900 (1990).

PERSOEIROS DA FONSAGRADA: ANTON SANTAMARINA

Antón Luís Santamarina Fernández (San Martín de Suarna, A Fonsagrada, 18 de febreiro de 1942) é un lingüista galego, catedrático de filoloxía románica na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Real Academia Galega. É un experto en lexicografía recoñecido internacionalmente.

Traxectoria profesional
Estudou a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago, graduándose en 1967 coa memoria de licenciatura Vocabulario del Valle del Suarna e doutorándose en 1973 coa tese doutoral El habla del valle de Suarna, sobre os dialectos orientais do galego e en concreto da lingua falada en Navia de Suarna, tese dirixida polo profesor Constantino García.
Simultaneou o cargo de profesor da Universidade de Santiago co de director do Instituto da Lingua Galega entre 1971 e 2004. Foi secretario do Instituto da Lingua Galega desde a súa fundación en 1977, ata que chegou á presidencia en 1991, deixando este cargo no 2005.
Foi tamén secretario do departamento de Lingua Galega na Xunta preautonómica en 1979, cargo que lle permitiu comezar coa implantación do ensino do galego na EXB e o BUP. Desde 1979 é secretario da Comisión de Toponimia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
En 1983 gañou a cátedra de Filoloxía Románica en Cádiz pero permaneceu na Universidade de Santiago, obtendo a cátedra nesta en setembro dese mesmo ano.
O 24 de outubro de 1988 ingresou na Real Academia Galega co discurso A linguaxe e as linguas: Ramón Piñeiro revisitado ós 30 anos do seu ingreso na Real Academia Galega Foi presentado por Ramón Piñeiro López, Marino Dónega Rozas e Carlos Casares Mouriño.
Entre 1992 e 1997 foi vicepresidente do Consello da Cultura Galega.

Obra

Xa en 1971, xunto a Guillermo Rojo, Ramón Lorenzo e José Luis Couceiro, publicou os libros de texto Galego 1, 2 e 3 (1971-1974). Neste último ano comezou a dirixi-la revista Verba. Anuario galego de Filoloxía, desde o primeiro número ata o nº 13, en 1986, data na que pasou a se-lo Secretario desta publicación.
Participou en numerosas obras colectivas fundamentais na fixación do estándar e na pescuda lexicográfica e etnolingüística galega. Así, participou na elaboración da primeira edición das Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (1982); coescribiu o Cancioneiro Galego que elaborou con Dorothé Schubart; colaborou e dirixiu o Atlas Lingüístico Galego (1987-2003); coordinou xunto a Constantino García González, do Diccionario da Lingua Galega editado pola Real Academia Galega-Instituto da Lingua Galega (1990); e foi coordinador, xunto a Manuel González González, do Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGa), editado tamén pola Real Academia Galega-Instituto da Lingua Galega en 2004 [1].
Desde 1986 dirixe desde o ILG o Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILGA [2]), unha base de datos con máis de once millóns (11.409.358 en novembro de 2007) de rexistros extraídos de textos publicados desde 1612 á actualidade.
Dirixiu o Diccionario de Diccionarios (1998-2002), editado en formato electrónico polo Instituto da Lingua Galega e patrocinado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. A terceira edición contén máis de 300.000 entradas extraídas de 25 dicionarios e vocabularios editados ou inéditos, así como de textos de Frei Martín Sarmiento.

domingo, 29 de marzo de 2009

PERSOEIROS DA FONSAGRADA: ANTONIO FRAGUAS SAAVEDRA

Antonio Fraguas Saavedra (Fonsagrada, Lugo, 1905-Madrid, 1983) escritor e xornalista español. Cursou estudos de Dereito e Farmacia en Santiago de Compostela e Madrid. En 1931 ingresou na multinacional holandesa Philips na que chegou a ser Apoderado Xera para España. Pertenceu a Falanxe Española, participando na guerra civil como alférez provisional. Xornalista de Honra e escritor, Antonio Fraguas colaborou no diario Arriba, 7 Datas e O Español. Fundador da diario Unidade de San Sebastián, filmou, entre outras películas, Danzas de España, unha das primeiras compilacións sobre o folclore do noso país. Antonio Fraguas Saavedra foi Director Xeneral de Cinematografía e Teatro, e Vogal do Sindicato Nacional do Espectáculo. Foi finalista do Premio Nacional de Teatro en 1943 coa súa obra 'Cumes e simas' e, posteriormente, obtivo o Premio Abraham Lincoln, o Premio Ateneo de Valladolid, o Premio Ondas e a Cidade de Oviedo ambos de novela, e os Premios Jauja e Hucha de Ouro de contos. Xefe Superior de Administrador do Estado e Inspector Xeral de Información e Turismo, casado con María Ascensión de Pablo, era pai de nove fillos, María, Antonio, (Forges), Enrique, Berta, Isabel, María José, Rafael Fraguas, redactor do PAÍS, Pomba e do realizador de Televisión José María Fraguas, (Pirracas). Literatura
Obras: Unhas roseiras en China (1962), Premio Cidade de Oviedo.Costa arriba (1964), Premio Jauja de Contos. Memorias dun Ford T (1964). Don Xeneroso e as pantasmas, Premio 'Ondas' de Novela (1968). O home que non tiña Curriculum-vitae(1974) e Ceo santo Os tecnócratas! (1980).

viernes, 27 de marzo de 2009

A FONSAGRADA EN EL PAIS

FIN DE SEMANA
A Fonsagrada, sin distancias
Una región lucense poco conocida al norte de los Ancares y al sur de la Mariña
JULIO LLAMAZARES - 14/04/2007
¿Te ha interesado? Recomiendala 0 votos
Envía este artículo
Pallozas, hórreos y oficios de antaño. La Galicia secular pervive aquí como en los tiempos de Rosalía o los de Fernández Flórez, con su secuela de ríos y 'corredoiras' y sus bosques embrujados.
Aquí yace panza arriba / O Cazote de Fonfría, /postura que le agradó / mientras le duró la vida". Este epitafio (en gallego), en la pequeña aldea de Fonfría, en las montañas de A Fonsagrada, es un ejemplo del particular carácter de los habitantes de esta remota región gallega perdida en la frontera con Asturias. Una región olvidada y desconocida hasta por los propios gallegos. Al norte de los Ancares y al sur de la Mariña lucense, la comarca de Lugo que mira al mar, el territorio de A Fonsagrada se caracteriza por su alejamiento de todos los núcleos principales de la zona; lo cual determina su naturaleza, junto con su orografía montañosa. Quizá por ello, el Gobierno de la Xunta de Galicia planea una actuación global en él que lo rescate de su olvido secular.

Entretanto, los habitantes de la región, que, por no tener, no tiene siquiera un nombre que la identifique (el de A Fonsagrada es el de su cabecera), continúan su vida ajenos a todos, condenados, como siempre, a vivir en sus aldeas en condiciones bastante duras, lo mismo que sus antepasados. Tan sólo la capital, un pueblo de 2.000 vecinos, presenta rasgos de una población moderna, gracias a su condición de centro de servicios. Una función que cumple desde su origen, cuando surgió, al borde del Camino de Santiago que viene por el norte (el que trae a los peregrinos que llegan desde Asturias), en torno al mercado que se celebraba junto a la fuente de la que recibió su nombre. Solamente así se explica su emplazamiento en lo alto de una montaña, en uno de los lugares más elevados del territorio, sometida a todos los vientos. Justo todo lo contrario de la Pobra de Burón, la antigua capital de la comarca, que está en el fondo del valle, prácticamente a los pies de aquélla.
A Fonsagrada en sí no tiene nada de particular. Salvo el conjunto de viejas casas que sobreviven junto a la iglesia (el lugar donde surgió), el resto es un pueblo-calle con cierto aire del Oeste. Cuatro comercios y algunos bancos dan cierto cuerpo a la población junto con varios bares y restaurantes (alguno, como el Cantábrico, digno de cualquier ciudad) donde se citan los fonsagradinos. Pero su territorio ofrece un sinfín de valles, aldeas, caminos y rincones casi de ensueño. La Galicia secular pervive en esta región como en los tiempos de Rosalía o los de Fernández Flórez, con su secuela de ríos y corredoiras y sus bosques embrujados y animados. Hay también restos romanos (de minas de oro y de mineral de hierro) y alguna torre feudal, aunque, por lo general, la tierra se califica por su pobreza. Como escribió Ramón Otero Pedrayo, uno de los escasos autores que se dignaron escribir sobre ella, el factor que la define es la distancia.
Caminos de vértigo
Distancia de la ciudad y entre sus distintos valles, donde se asientan pequeños pueblos y aldeas prácticamente sin comunicación con los de otras zonas. Trayectos de largo tiempo tienen que hacer sus vecinos para ir de un lugar a otro, incluso para acceder a sus propios campos. Y todo ello por caminos tortuosos y pendientes, cuando no directamente de vértigo, como la carretera que baja desde El Acebo, el puerto que comunica A Fonsagrada con Negueira de Muñiz, el concejo colindante por el este y con el valle del río Navia, que separa a ambos de Asturias.
Pero, a cambio, los tesoros que ofrece son infinitos. Así, sus propios paisajes, con montañas imponentes y valles intercalados entre sus pliegues, que a veces no se ven hasta estar encima de ellos. Valles como el de Logares, al norte de la comarca, con sus mínimas aldeas y sus tejos milenarios (en Carballido hay tres que dan sombra a todo el pueblo), o como el del Navia, al este, ya junto a Asturias, que forma un gran cañón cuyas laderas acogen viejas fornazas (restos de fundiciones mineras) y hasta colonias de hippies en la margen que despobló el embalse. Colonias que ahora se comunican por una pista, pero que hasta hace muy poco tenían que cruzar el embalse en barca para acceder a la orilla opuesta, ya fuera para comprar o para llevar a sus hijos al colegio de Negueira.
La actividad humana ha dejado también su huella en esos paisajes. Como en otras partes de Galicia -los Ancares, sobre todo-, abundan en la comarca los famosos y estéticos cortiños, colmenares rodeados por altas tapias de piedra con el fin de protegerlos del ataque de los osos, y, por supuesto, los tradicionales hórreos, ya sea en su versión gallega -los más normales-, ya sea en la asturiana, en los pueblos más cercanos a la raya con Asturias, y hasta alguna palloza superviviente de las muchas que debió de haber en tiempos.
Aunque, posiblemente, la joya antropológica por excelencia de la región, por su significado y por estar aún en funcionamiento, sea el célebre mazo de La Porteliña, la ferrería hidráulica medieval en la que el señor Vicente continúa haciendo cuchillos al modo tradicional y que es la única, al parecer, que queda viva en toda Galicia.
Como el señor Vicente, aún queda gente en A Fonsagrada que continúa ejerciendo oficios tradicionales (uno de ellos, Oliverio, en la aldea de Queixoiro, que construye en sus ratos libres birimbaos o arpas de boca, el instrumento típico de la tierra: su música parece nacer de las montañas, según dicen), pero la mayoría ha derivado ya hacia actividades más productivas, como la ganadería o el sector servicios.
Días de mercado
La ganadería pervive en toda la zona, dándole su peculiar carácter, sobre todo en las áreas más aptas para su desarrollo, y el sector servicios se concentra casi exclusivamente en A Fonsagrada, adonde acuden las gentes de las aldeas a hacer sus compras, sobre todo los días de mercado. Esos días, que son el primero y el tercer lunes de cada mes, el pueblo se llena de lugareños que comparten sus alegrías y sus preocupaciones ante un plato de butelo o una botella de vino en cualquiera de los distintos bares del pueblo mientras olvidan por unas horas sus soledades en las aldeas en las que viven aislados durante todo el resto del tiempo. Esos días y cuando los que se fueron de ellas regresan, en sus taxis con matrículas de Madrid o Barcelona o en sus modernos turismos, los que ejercen otros oficios, para rememorar junto a sus vecinos los años en los que ellos también vivían allí, no son, empero, los mejores para viajar por el territorio. Para viajar por él son mejores los restantes, cuando el invierno lo cubre de nieve y hielo o cuando la primavera lo pinta de mil colores, como el otoño, y resuenan en él las palabras que don Ramón Otero Pedrayo escribió en el pasado siglo: "O país de Fonsagrada: altas terras de serras cámbricas, vales estreitos en plena formación, longos invernos, ausencia de formas maduras, importancia do vento...".

GUÍA PRÁCTICA
Cómo llegar- Desde Lugo (43 kilómetros), seguir la C-630 hasta A Fonsagrada.- Desde Madrid, salir de la autovía por la salida de Baleira, y una vez en Cádabo-Baleira, seguir por la C-630.Dormir- Hotel Fontesacra (982 34 03 27; www.ocahotels.com). As Rocas. Carretera 630. Fonsagrada. La habitacióndoble, entre 60 y 100 euros.- Cámping A Fonsagrada (982 34 04 49).- Apartamentos Casoa de Braña(661 35 57 12). Tres personas, 50 euros. A 18 kilómetros.Visitas- Museo Etnográfico (982 34 05 07). Rosalía de Castro, s/n.- Iglesia románica Lamas de Moreira.- Antiguos molinos de agua, pallozas, hórreos típicos, restos de antiguos hornos de fundición férrea.- Desde las instalaciones del cámping se pueden iniciar cinco rutas de senderismo, además del primitivo Camino de Santiago.Información- Oficina de turismo de A Fonsagrada (982 34 00 00).

COMO VIVIR MAIS DE 100 ANOS

Está claro que moitos occidentais cederán á tentación de aspirar, como Silvio Berlusconi e o seu médico, a "vivir 120 anos" con gran reforzo de implantes capilares, liftings, medicamentos, próteses biónicas, tecnoloxía, poder e estudios de televisión. Pero xa existe unha alternativa para envellecer ben e con modestia. Un programa internacional está a estudar a sorprendente e abultada poboación de centenarios das illas xaponesas de Okinawa, nas que non hai nin un só Berlusconi. Obxectivo: comprender o seu segredo. Un grupo de expertos e médicos presentaron onte en París as últimas conclusións do estudo que efectuou o profesor Makoto Suzuki ao longo de máis de 30 anos e cuns 2.000 centenarios, no seu Centro de Investigacións de Okinawa en Ciencias da Lonxevidade. O médico e profesor das universidades xaponesas de Ryukyus e de Tokio chega a unhas conclusións sorprendentes que rebaixan a importancia atribuída aos factores xenéticos e descartan tamén a necesidade de tratamentos gerontológicos duros e custosos. Unha importante proporción dos anciáns pasa a súa vida sen pór o pé nun hospital O chamado modelo Okinawa de envellecemento é obxecto de atención desde hai décadas, cando se descubriu que, máis aló do logrado polo chamado modelo cretense e a súa dieta mediterránea, garantía unha lonxevidade considerable, probablemente desde tempos inmemoriais. Datos demográficos do Journal of Health and Welfare Statistics demostran que ese arquipélago xaponés rexistra, con moito, a proporción máis elevada de centenarios do mundo: 61,03 por cada 100.000 habitantes, fronte aos 21,59 dun país como Francia, ou mesmo os 28,42 de media no propio Xapón. Así, a esperanza de vida media das mulleres okinawesas, por exemplo, alcanza os 86,88 anos, fronte aos 83,8 dunha muller de Francia ou os 83,4 das españolas. O interesante das conclusións do profesor Suzuki atópase nos detalles. O médico descubriu, analizando os historiais médicos dos centenarios falecidos durante máis de tres décadas, e revisando autopsias, que unha importante proporción deles pasou 100 anos sen pór o pé nun hospital, para, unha vez franqueada pouco ou moito a barreira do século, enfermar rapidamente e morrer tras poucos días. A cultura dietética, a actividade física e a asistencia mutua entre maiores son as claves Eses centenarios "falecen non dunha enfermidade fatal en particular, senón dun rápido declive causado polo encadenamiento dunha enfermidade benigna coa desnutrición, a discapacidade cognitiva e a inmobilidade", explica o doutor Suzuki. Para o profesor do Instituto da Saúde e a Investigación Médica (INSERM) francés e presidente do comité sobre lonxevidade da Unión Internacional de estudos científicos sobre poboación, Jean-Marie Robine, eses exemplos ofrecen unha lección: "Estes anciáns viven en perfecto estado de saúde toda unha longa vida e, de golpe, unha acumulación de enfermidades benignas mátalles moi rápido". O contrario de Silvio Berlusconi, pois, obrigado a ocultar os seus desfalecementos con bravatas sobre o seu suposto poderío na cama. Os anciáns de Okinawa, un grupo de 160 pequenas illas (das cales só 44 están habitadas) onde viven 1,3 millóns de persoas, son o antiberlusconi tamén noutro terreo. Segundo Suzuki, o seu modelo de vida -e non a tecnoloxía ou os tratamentos de cirurxía estética é a clave da súa longa e saudable vida. Catro medidas O experto deu catro claves dese modelo: unha auténtica cultura dietética, unha actividade física integral ao longo de toda a vida, unha potenciación da autoestima social e mental e un coidado e asistencia mutua entre os anciáns, que lles garante a autonomía no marco dos chamados Moai (palabra xaponesa que, explicou o doutor, significa á vez "mutua" e "confraría"). Da "cultura dietética" dos habitantes de Okinawa, o médico xaponés explicou que non se trata tanto dunha cuestión de ingredientes como dunha maneira de cociñar", e citou o exemplo da carne de porco. En Okinawa, férvese durante oito horas con polo menos oito operacións para retirar a graxa que se vai acumulando na superficie do caldo cos elementos nocivos dese alimento. En canto á actividade física, o doutor destacou que non se trata de exercitar tal ou cal músculo nun ximnasio, senón de traballar todo o corpo. Algúns dos anciáns cultivan os seus hortos até os 100 anos. A autoestima nace, en Okinawa, porque as persoas concíbense progresivamente a si mesmas como unha ligazón entre os antepasados, con quen falan, e a descendencia. isto garántelles un lugar na familia. A guinda son os Moai, xa que estas confrarías tradicionais de anciáns fornécense axuda mutua e mesmo dispoñen do seu propio minibanco cooperativo. "Ademais, a festa da Kajimayah celebra aos máis lonxevos, e é un auténtico incentivo para vivir o máis posible e evitar a angustia da morte", explicou Suzuki. Un elemento negativo ha ensombrecido, nos últimos anos, o panorama da vellez na illa subtropical xaponesa. O profesor observou que, aínda que a taxa de centenarios mantense, está a diminuír rapidamente a proporción deles que conseguen manter unha vida "independente, robusta e positiva". O coeficiente AVD (de Actividades da Vida Diaria) que mide a capacidade de autonomía baixou nos centenarios okinaweses, entre 1970 a 2000 ,de 45 a 32 puntos. Un descenso da proporción de anciáns autónomos que Suzuki atribuíu á "penetración progresiva dos tratamentos" de orixe occidental.

LIBRO RECOMENDADO ESTA SEMANA: BAIXO PRESION. CARL HONORE


Durante xeracións, medrar foi unha tarefa fácil: ías á escola unhas horas ao día, practicabas deporte e tiñas algunha afección, e o resto do tempo xogabas. Ou quizá soñabas esperto. Carl Honoré explica como o noso moderno enfoque da infancia é todo un fracaso: os nosos fillos están máis obesos, miopes, máis deprimidos e máis medicados que calquera xeración anterior. Usando aos nenos como forma de revivir a nosa propia vida, ou para compensar as nosas frustracións persoais, destruímos a maxia e a inocencia da nenez. Baixo presión non é un manual para pais senón unha chamada á acción: podemos facelo mellor. Para iso hai que desacelerar o ritmo, rebaixar a tensión e a angustia, prescindir da competitividade e crear espazos existenciais e relacionales onde sexa posible a vida intelixente, emotiva e propia.

A DIETA ATLANTICA

A dieta mediterránea é máis coñecida que a atlántica, pero os médicos dispoñen cada vez de máis datos epidemiolóxicos, bioquímicos e clínicos, que demostran que a dieta atlántica non só ten uns efectos nutricionais igual aos da mediterránea senón que mesmo é máis beneficiosa. Un grupo de endocrinos e nutricionistas galegos organizan en Baiona un congreso para por en valor a dieta atlántica e, de paso, rachar con algúns tópicos.
O doutor Rafael Tojo Sierra é un dos médicos galegos que levan anos analizando os compoñentes da dieta mediterránea e un dos artífices do “Centro europeo de dieta atlántica” (CEDA). Trátase dunha sociedade creada en Portugal por un grupo de médicos europeos, entre os que hai unha nutrida representación galega, co obxectivo a promoción e o mellor coñecemento dos valores positivos do consumo tradicional da dieta atlántica na saúde da poboación. Dentro desta finalidade, o mes de novembro (dos días 16 a 19) esta entidade organiza en Baiona o “II Congreso Internacional da Dieta Atlántica” e a “IV reunión internacional da alimentación e a nutrición no século XXI”. Sempre co obxectivo de promover unha dieta saudable e dos hábitos tradicionais que ten a dieta atlántica.Pero.. ¿que é a dieta atlántica?O doutor Tojo explica que a dieta atlántica “son os alimentos que se consumen tradicionalmente no arco atlántico, que vai desde os países nórdicos ata Portugal”. Esta dieta inclúe os produtos desta área xeográfica: leite (cos seus correspondentes derivados), vexetais (que tiveron na costa atlántica unha produción maior que noutros lugares), ou algúns produtos vexetais (como as plantas do xénero brassica: nabizas, grelos, nabos...), a carne de vacún e peixe, moito peixe. Sobre este alimento incide o profesor Tojo porque “ten unha importante concentración duns ácidos poliinsaturados, os Omega 3, hoxe moi difundidos grazas á televisión, que están nas membranas que protexen todas as nosas células. Isto é importante porque facilita o mellor funcionamento xeral do organismo”. Estes ácidos graxos son moi importantes, nos primeiros tempos da vida, para o desenvolvemento do sistema nervioso central, e para protexelo dos fenómenos dexenerativos propios da idade. Pero non só iso, senón que tamén teñen un papel moi destacado na protección cardiovascular e no funcionamento de moitos órganos vitais. É un elemento moi importante de protección da saúde. Non son só teorías, senón que está completamente probado ao longo da historia que as poboacións da costa do eixo atlántico teñen un alto nivel de consumo de peixe e marisco superior ao das áreas mediterráneas e ao conxunto da España interior. Isto evidencia tamén que as doenzas relacionadas coa súa alimentación tamén son diferentes. Hai estudos que asocian a dieta atlántica coa maior lonxevidade dos galegos e coas cifras de colesterol máis baixas, así como hai outros que relacionan a mediterránea con menor risco de enfermidades cardiovasculares. “Nós, asegura o doutor Tojo, seguimos defendendo a dieta mediterránea, pero cremos que a conxunción das dúas dietas conservando delas o mellor e adaptándoa desde o punto de vista gastronómico á realidade social de hoxe, sería a combinación perfecta”. Evolución da dieta atlánticaAs dietas non son fixas, senón que evolucionan do mesmo xeito que as sociedades que as producen. De feito, o doutor Tojo explica que “a dieta atlántica evolucionou nos últimos anos, paralela ao fenómeno da globalización dos mercados, que supuxeron a incorporación de elementos novos á dieta”. Este fenómeno irreversible non é exclusivo da dieta atlántica, senón tamén da mediterránea, pero para este experto en nutrición “é manifesto en todo o eixo atlántico, pero o que pasa é que a presión é menos forte e continúa máis vivo o fenómeno tradicional de consumo de certos alimentos clave do que acontece no eido mediterráneo”. ¿Por que é máis coñecida a dieta mediterránea?A dieta mediterránea (carne de ovino, aves, coello, froitas e hortalizas) é moito máis coñecida e tradicionalmente está asociada a valores positivos desde o punto de vista nutricional. O profesor Tojo asegura que “isto ten unha explicación histórica que se remonta ata os anos cincuenta. Despois da segunda guerra mundial en Europa había unha alta taxa de mortaldade por enfermidades cardiovasculares, mentres que nalgunhas áreas do mediterráneo, en especial na illa de Creta eran moi lonxevos e as enfermidades cardiovasculares eran inexistentes. Un profesor americano (Ancel Keys) e outro nutricionista de recoñecido prestixio (Grande Cobián) viron que as características e o estilo de vida da dieta, favorecían a falta de enfermidades cardiovasculares. Estudaron esa circunstancia e viron que era unha dieta que se caracterizaba por alimentos naturais, cunha abundancia de cereais, froitas, mais aceite de oliva e un consumo limitado de carnes que só incluían aves. Os alimentos que se inxerían, máis a actividade cunha estrutura de vida menos estresante, eran os elementos condicionantes”. Como foi a dieta mais estudada e máis analizada, fíxose de seguido a máis coñecida. O profesor Tojo asegura que “no atlántico non houbo un estudio similar do mesmo rigor co do propio Keys. Nós incorporámonos hai pouco tempo pero aínda hai un grande descoñecemento sobre este tema. Queda moito por facer”. Os males da sociedade galega actualRafael Tojo forma parte dos proxectos deseñados polo Ministerio de Sanidade e pola consellaría de Sanidade (Plan Pasea) para promover actividades, exercicio e alimentación saudables, por iso coñece perfectamente a sociedade galega actual. Considera que a progresión da obesidade (e os derivados, como a hipertensión ou o colesterol) están relacionadas con dous aspectos: dunha banda a inxesta de alimentos e da outra os estilos de vida.Comezamos polo primeiro, polo tipo de alimentos que consumimos. “Hoxe, explica o doutor Tojo, a tentación de comer nos invade e, por primeira vez, cómese sen fame e bébese sen sede”. De todos os produtos que se consumen cada vez é máis importante o que está a acontecer coa bebida, porque acostuma a pasar desapercibida dentro dos hábitos alimenticios e xoga un papel importante. Para este experto “por primeira vez bébense líquidos que non levan calcio pero son ricos en azúcares que perturban a calidade da dieta”. Ademais, en canto a comida, “óptase por un tipo de comida pouco elaborada, rica en azúcares e graxas engadidas cuxo consumo perturba o funcionamento do noso metabolismo e o funcionamento dos nosos órganos”. A isto úneselle un problema engadido, que é os produtos máis sans e nutritivos (froitas e verduras) son cada vez máis caros. O segundo dos aspectos fai referencia aos hábitos de vida. Cada día está todo máis motorizado, co que se perden as oportunidades de moverse e de xogar e, polo tanto, a posibilidade de queimar calorías. “Isto, explica o profesor Tojo, non só é un problema de dieta, senón tamén da nosa conducta e da nosa actividade física. Vemos máis televisión, pasamos máis horas diante do ordenador e das tecnoloxías da comunicación que nos converten en máis sedentarios”. Ademais, para este experto o deseño actúas das cidades está pensado para os automóbiles e vehículos motorizados e cada vez menos para ser paseadas. “Non é un único factor, conclúe, pero debemos mellorar os nosos hábitos para vivir máis e mellor”.

miércoles, 25 de marzo de 2009

O lobo na cultura popular galega

O lobo é abondoso nas serras de Galicia, sendo considerado a besta máis temible do país (trala extinción do oso pardo Ursus arctos); malia o medo que vulgarmente infunde xamáis víuselle atacar ao home, senón ao verse moi acosado e famento. O lobo galego soporta moi ben as fatigas e pode permanecer varios días sen tomar alimento; aproveita a noite pra adicarse á caza, retirándose antes do amencer pra gañares as dificultades do lugar onde ten a súa lobeira; ataca toda clase de gando, empregando a sagacidade necesaria pra non errar o golpe, e con moita cautela lánzase sobre a presa, arrástraa cara sí e fuxe con ela sen soltala, aínda que o persigan os cans, ou os pastores. Afirman os labradores galegos que adoita elixir unha ovella fraca pra escapar mellor, botándoa ás costas co obxecto de correr máis libremente. Cando acomete a unha egua todas as bestias forman círculo coas ancas, deixando as cativas no centro, e en esta disposición recíbeno a couces, co cal mátano ou fanno fuxir. Se logra botarse ás ancas dalgunha, as demais foxen espantadas dando relinchos mentres o lobo come á que caeu nas súas poutas. Nos invernos rigorosos non é raro velo pola aldea levándose en pleno día pitas, cordeiros e ata algún neno abandoado, como sucedeu xa, sen que o balbordo das xentes fixéranlle soltar a presa. Aseguran algúns dos nosos aldeáns que se se atopa de noite un lobo e sácanse faíscas co eslabón lógrase espantalo. Tamén hai quen afirman que deixando a faixa solta pra que arrastre, o lobo vai detrás desta unha ou máis leguas sen atreverse a embestir e dar o golpe, xa que a teme; isto mesmo acontece indo a persoa a pé ou da cabalo. Algúns lobos chegaron a tomar tanto afecto ao home coma o can máis agarimoso. Pra exterminarlo empleáronse ao longo do tempos varios medios; as trampas ou garamelos, as batidas, as estacadas, as monteirías, ou os velenos entre outros.[1]
O lobishome
O lobishome na cultura popular galega é unha figura recorrente tanto na literatura oral coma na escrita. En Galicia a tradición sinala que se un matrimonio ten sete ou nove fillos varóns sen que nacera femia ningunha polo medio, o derradeiro quedará marcado polo estigma da fada, converténdose en lobishome, fuxindo para o bosque por un período de sete anos (aínda que segundo as zonas pode variar entre seis e nove anos), nese tempo non pode ser ferido nin capturado. Con todo na tradición galega tamén existe o neno que nace xa cos síntomas do lobishome e que padece ciclicamente os síntomas.
Un dos casos máis coñecidos de lobishome foi Manuel Blanco Romasanta, o lobishome de Allariz.
Na literatura galega o tema aparece recollido en O lobo da xente, obra do escritor ourensán Vicente Risco. A obra de Risco está baseada na lenda popular galega do lobishome. Esta obra publicouse no ano 1923, trátase dunha narración breve, con certos trazos de carácter etnográfico e ambiéntase na comarca ourensá de Trives.
O lobo na toponimia galega
Esta figura mítica deixou unha fonda pegada na toponimia ao longo do territorio galego. Existen no país nomes que vencellan o animal a un lugar, coma Castiñeiro do Lobo (Ames), Fonte do Lobo (Becerreá), Forca do Lobo (Ponteceso), Covas de Lobos (Cambados); topónimos que directamente fan referencia ao corpo do animal, coma Pouta do Lobo e Rabo de Lobo, outros que se centran no seu hábitat, coma o topónimo Lobeira; e aínda existen os que fan referencia directa á súa morte ou caza: Lobomorto, Matalobos ou Foxo do Lobo. Para alén dos múltiples e máis obvios, débese pensar que tamén fan referencia a este animal, empregando o termo xermánico, os nomes de lugar rematados en ulfe: Gondulfes (Verín), Trasulfe (Rodeiro) ou Randulfe (Antas de Ulla e Paradela) lembran tamén estes espazos.
Outros nomes que quedaron na lingua galega, desta volta empregados para se referir ao animal sen o mentar directamente (para evitar chamalo) son algúns coma “o aquel”, “o outro”, “o becho”, “ o da boca rachada”, “o fillo do demo”, “o compadre” ou “o tío Pedro” entre moitos outros.[2]
Refraneiro
O lobo non come da carne que quer, senón da que houber
Avisade ó lobo e deixade o gando soilo.
Cando co fato anda o dono, nin dá o teo nin vén o lobo.
Come o lobo de toda a carne, menos da súa, que a lambe.
Toda carne come o lobo, agás a súa que a delambe.
Da conta que saca o pegureiro, o lobo / monte sábelle sabe o erro.[3]
Non soilo o lobo come carne crúa.
Toda carne come o lobo, agás a súa que a delambe.
Vaca de moitos, cómena os lobos.
En terra de lobos ouvear coma todos.
Locucións
Ter unha loba: Ter preguiza
Alá irás, lobos que te coman: ameaza ó que nesta vida non procede ben e se lle desexa que na outra vida atope o seu merecido.
Atanazar coma un lobo.
Aula-lo vento coma un lobo.
Coma a ovella na boca do lobo: plenamente derrotado, vencido de vez. Tamén significa que dura pouco.
Comer coma un lobo: devorar, tragar con ansia, comer con voracidade.
Como a cabra que paríu para o lobo: dise de aquela persoa que ampara ó que lle fai dano.
Como lobo no inverno e como cobra no verán: irritado e agresivo. Nesas épocas é cando máis irritados e agresivos están estes animais.
Entre can e lobo: entre lusco e fusco.
Cantigas
Miña nai habilidosa/ mandoume d'ir coas ovellas/ o lobo levoume catro/ eiquí lle traio as orellas.
Miña sogra morreu onte/ Diola leva ó ceo dos lobos/ deixoume unha manta vella/ toda chea de piollos.
Nesta terra de Lubeira/ andan os lobos por ela;/ vámonos de eiquí, meus ollos/ meus ollos, vámonos dela.
O que tes de bravo/ é de pretendiente/ homes non son lobos/ que coman a xente.
Traballo che ha de custar/ pra me atrapares a min:/ quíxome comer o lobo/ i-eu máis ca ile corrín.
Adiviñas
A miña comadriña largona/ ten os dentes como os dunha loba.
Campo grande,/ semente miúda,/ mociña bonita/ loba guedelluda.
É tan largo como unha soga/ e ten os dentes como unha loba.
En abril/ cátanos no cubil/ en maio/ xa son bo gallo/ en san Xoán/ xalle dou a carreira ó can/ en santa Mariña/ xa vou pola cabritiña/ en agosto/ xa vou co meu pai polo rostro/ en Santos/ xa mato os bois noscampos/ e en xaneiro/ xa podo co carneiro.
Era pinguín que pingaba/ veu funguín que fungaba/ a comer a pinguín que pingaba/ e veu rapín que rapaba/ e comeu a funguín que fungaba.
Estaba funguín que fungaba/ debaixo de pinguín que pingaba/ vén rapín que rapaba/ e levou a funguín que fungaba.
Longa, longa como a corda/ e ten dentes como a loba.
Longa, longa como unha corda/ e ten dentes coma unha loba.
Que é unha cousiña, cousa/ longa, longa como unha soga/ e ten dentes coma unha loba.
Tamaña como unha soga/ e ten dentes como unha loba.
Ten dentes como unha loba/ e pasa o río e non se molla.
Ti que estás en alto coche/ ¿viche pasar por aquí/ a pés miúdos e andaroche?/ Tarde vas; o que vés buscar/ na vila che vai entrar.
Referencias
RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo tomo II (1960)
A pegada cultural do lobo
O lobo e mailas escabrosidades do chan galego fan difícil a custodia do gando.
Véxase tamén
Bibliografía
BENAVENTE JAREÑO, Pedro, e FERRO RUIBAL, Xesús (1994): Refraneiro galego da vaca, Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, Santiago de Compostela.
Enciclopedia Galega Universal (2002), Ir Indo, Vigo.
GÁRFER, José Luis, e FERNÁNDEZ, Concha (1984): Adivinancero popular gallego. Taurus, Madrid.
LIS QUIBÉN, Víctor (1949): La Medicina Popular en Galicia. Madrid (reed. Akal, Madrid 1980).
MARIÑO FERRO, Xosé Ramón (1985): Cultura popular. Manuais do Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela.
RISCO, Vicente (1947): “Creencias gallegas: Tradiciones referentes a algunos animales” en Revista de Dialectología y Tradiciones Populares III, 1947, 163-188.
RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego

martes, 24 de marzo de 2009

ANTECEDENTE TURISMO RURAL EN FONSAGRADA: VACACIONES CASAS DE LABRANZA 1977











Elías Trabada: ''A igualdade da muller non callou tanto no medio rural''




O sociólogo Elías Trabada Crende presentou este luns, na aula cultural de Caixa Galicia, o Estudo sociolóxico sobre o territorio rural de Galicia, no que fai unha profundo análise da realidade actual do mundo agrario galego. Entre outras comarcas, no caso de Lugo centrouse, especiamente, na Terra Chá, A Fonsagrada e Terra de Lemos.
—Cales son as características do medio rural galego actual dende unha perspectiva sociolóxica?—Caracterízase por un envellecemento excesivo, por unha evidente despoboación e pola centralización en vilas das familias xoves con fillos pequenos, en busca de servizos. En canto as carencias, teñen moito que ver coa falta de aproveitamento dos recursos e a perda do valor engadido da transformación e comercialización dos produtos. Esto prexudica a creación de novo emprego.
—Continúa a emigración ás cidades?—Os mozos fan os seus estudos superiores e como nas súas comarcas non atopan un posto axeitado á súa cualificación optan polas cidades. Ademais, pasan por un proceso socializador máis urbán.
—Cal é a situación da muller?—Normalmente, no medio rural a igualdade da muller non callou tanto. As mozas o teñen máis difícil para incorporarse a unha actividad que non sexa o fogar e o cuidado da familia, especialmente dos nenos e dos vellos. A muller ten unha dobre presencia no traballo das explotacións e da casa, polo que é normal que as mozas marchen para as cidades, en busca da súa promoción laboral.
—Hai futuro nas explotacións agrarias?—Estase a producir un fenómeno económico e sociocultural, derivado da formación superior dos mozos, o que fai que tendan a súa promoción ó marxe das explotacións dos seus pais, aínda que sexán rendibles. Existe ademais un conflito interxeneracional, o que provoca unha longa espera para facerse cargo das granxas.
—Que outros problemas se plantexan?—A falta de vivenda, que impide a independencia dos mozos.

A SANTA COMPAÑA

A Santa Compaña é a visión dunha procesión de mortos ou ánimas en pena que percorren os camiños dunha parroquia. Trátase dun tema do folclore galego. O tema das procesións de mortos e/ou de ánimas é propio da literatura e das tradicións culturais da Europa occidental dende a Idade Media. A zona xeográfica "galega" na que a Santa Compaña influíu máis notoriamente considérase que é o territorio corrrespondente á antiga Gallaecia, incluíndo o norte de Portugal e Asturias[1], xa que esta zona posúe características que a identifican como unha comunidade, reflectidas nos seus contos e na súa literatura e testemuñas do fenómeno.
A crenza na Santa Compaña, analizada por Vicente Risco como unha tradición cristiá de poucos rastros anteriores, esta rexistrada por outras fontes anteriores vinculada a tradicións europeas de raiz diferente integrada máis ou menos ao cristianismo. Recollendo esto por exemplo Martiño Sarmiento despois da súa viaxe a Galicia como elemento da antiga cultura aínda vixente. Logo nos séculos seguintes atopase en dicionarios, almanaques e na literatura, con máis ou menos consideración da súa función na cultura tradicional galega. Ramón María del Valle-Inclán deulle o toque máis poético. Esta tamén estudada dende finais do século XX coma un elemento da antropoloxía cultural galega.
Na sua función de mito, a disgregación da crenza ilustra a desestruturación e a desintegración das partes constituíntes da antiga sociedade galega, é dicir, a desaparición dun estilo de vida tradicional anterior que se constrúe dende a urbanización e a industrialización modernas. Polo tanto a cultura popular de finais do século XX e comezos do XXI considéraa como unha das lendas da mitoloxía popular galega máis arraigada no medio rural[2].
[editar] Etimoloxía
Segundo o Diccionario de los seres míticos gallegos, os termos Santa Compaña e Santa Compañía son nomes erróneos por contaminción culta, aínda que poidan usuarse de xeito eufemístico nalgures, dado que a Compaña non é santa[1]. Lisón Tolosana concorda en que Santa Compaña é unha expresión que serve para denominala, en particular polos eruditos, pero que non é utilizada, ou mui escasamente polos crentes.
A expresión vén do latín "sanctam cum pania", que pode asemellarse a "santa compaña"[Cómpre referencia]. Non obstante, unha tradución máis literal sería "que comen do mesmo pan", seria refirindose ao convite funeral no cal as ánimas levan os vivos para a processión, sendo necesario finxir comer os manxares propostos e comendo un alimento propio ainda que sexa pan que se leve no bolsillo para librarse.
Orixe
O coñocemento da A vixencia diste mito de relación dos vivos e dos mortos na sociedade galega coñocese polos testemuños de fontes escritas ao longo da historia e polas hipóteses de estudos.
Podese ver que é vixente por diversos documentos da Inquisición do século XVI e comezos do XVII, mencionando xa a crenza, en Galicia, de ánimas errantes que non foron nin ao paraíso, nin ao inferno, nin ao purgatorio[3].
Martiño Sarmiento, despois da súa viaxe por Galicia, anota que a estantiga é un dos seus nomes particulares pola zona de Ourense. El fora testemuña do mito, xa antigo naqueles tempos, de que xa existía polo menos no século XVII. Deste modo, dálle o significado de ser un fenómeno vinculado á mitoloxía europea, é dicir, máis que da procesión de ánimas da tradición cristiá[3].
Tamén sabemos de Xoán Cuveiro Piñol que a crenza para el se aproxima ao "sluagh"[4] [5] e á "cazaría salvaxe" vencellándoa ao tronco indoeuropeo[1].
Por outra banda, o antropólogo Carmelo Lisón Tolosana publicou unha investigación etnográfica sobre a Santa Compaña, onde di que esta crenza, aínda viva no século XX en Galicia, está vencellada a un mito xermánico, a cazaría salvaxe, que difundiron as invasións destes pobos durante a Alta Idade Media co nome de estandiga ao longo de toda a Hispania[3]. O mito axiña sería cristianizado. Porén, hai outras fontes que apuntan a unha posible orixe celta[6][7] [8]. A lenda da cazaría salvaxe e as crenzas das culturas célticas van polo tronco dunha crenza antiga, o que supón que se trata de maxia na súa función de acceder ao coñecemento. A herdanza da Santa Compaña dos mitos xermánicos, bastante compartida polos intelectuais, non convenceu a Vicente Risco[9], o que supón que o aspecto máxico da Compaña é só unha manifestación de relixiosidade fóra das normas e regras da relixión vixente. Nos elementos da descrición atopase por unha banda o mundo da realida, os lugares da parroqui, xente do pobo viva ou morta, e por outra banda referentes do imaxinario colectivo de códigos e simbolos culturaís que vinculan a visión a conceptos.
Descrición
Non existe ningunha descrición aprobada sobre o que é a procesión. Cada testemuña da crenza, e o número é mui importante, pode case por si ter unha descrición diferente. De todos os xeitos, o fenómeno, descrito por aquel que o viu ou comunicado por outros, é sempre unha realización singular. Non obstante, convén reter as posibilidades do tipo de comitiva. A comitiva pode ser semellante á da cazaría salvaxe (Wild Hunt) dirixida por Odín (ou un dos seus substitutos) ou unha das variantes do mundo imaxinario e simbolico da idade media como a Mesnie Hellequin en Francia onde o que é destacable é a brutalidade. A comitiva pode referirse á hoste antiga das ánimas en procesión. Sen esquecer que pode tamén ser unha derivación de procesión de meigas[1].
Máis alá da multitude das descricións individuais, convén distinguir elementos sobre varios rexistros. Hai aquel que ve a Santa Compaña e hai aqueles que se poden chamar os "crentes", que cren na súa existencia ou que a dubidan vivendo no ambito da su crenza. No relato, hai elementos da vida material que cada un pode recoñecer como unha realidade da súa vida cotiá (os lugares da parroquia, a igrexa, as casas, a fonte, etc.), elementos que teñen unha realidade mental (as ánimas, os defuntos, etc.) así como elementos ficticios que só serven de decoración (o ambiente nocturno, as luces opacas, os murmurios inintelixibles, os corpos brancos e pálidos, etc.). Dentro dos elementos que teñen realidade mental pódense distinguir en aquelas ánimas da procesion que son de xente coñecida, vivos ou mortos, daqueles que son figuras sen relación cos veciños.
A procesión adoita ir encabezada pola persoa viva que porta entre as súas mans unha cruz e mais un caldeiro con auga bendita; tras el, varias ánimas con cirios acesos, non sempre visíbeis, sígueno. A súa presenza faise notoria no cheiro a cera queimada e no vento que se ergue ao seu paso.
A persoa viva que precede esta procesión pode tratarse tanto dun home como dunha muller, dependendo de se o patrón da parroquia é santo ou santa. Ademais, o portador da cruz non pode en ningún momento volve-la cabeza nin renunciar aos seus cargos precedendo á Santa Compaña. Só será ceibado cando atope a outra persoa polo camiño a quen lle entregar a cruz e mailo caldeiro, momento no que estoutro pasará a substituílo.
Para zafarse desta obriga de substitución, a persoa que vexa pasar á Santa Compaña debe trazar un circo no chan e deitarse boca abaixo sen mirarlle á cara a ningún espírito. Mentres tanto, a persoa que leva a cruz e o balde vólvese máis branco e vai aldelgazando a cada paso que dá, ata que consegue darlle o caldeiro a outro.
O que si, é que a Compaña bota medo, xa que é considerada como sinal de morte. Pode ser porque a Compaña visita todas aquelas casas nas que axiña haberá un pasamento. Pode ser porque a Compaña necesita dun vivo que leve a cruz e anda ás portas pedindo compañía. Cuveiro Piñol, no seu Diccionario Gallego (1876), escribe:
Compaña: entre o vulgo, creída hoste ou procesión de bruxas que andan de noite alumeadas con ósos de mortos, chamando ás portas para que as acompañen, aos que desexan que morran axiña... —Xoán Cuveiro Piñol
Pode ser porque as ánimas da Compaña poden maltratar a xente que atopan polos camiños e ata poden ir molestar á xente na súa casa.
Malia que na maioría das historias a Santa Compaña realiza a súas aparicións de noite, hai tamén casos citados nos que se fala de saídas diúrnas. A frecuencia pode ser de todas noitas a mesma hora como non. Cada visión é unha re-creación e en cada localidade vai evolucionar segundo as necesidades socio-culturaís do grupo onde esta vixente.
Lisón Tolosona, con datos dos anos 1960 recolle 124 casos onde o motivo da procesión é para anunciar morte, 32 casos para facer penitencia e 31 casos para castigar. Os nomes para chamar a procesión estan relacionados co motivo da sua esistencia.
Nomes da Santa Compaña
Representación alemá de finais do século XIX dunha hoste antiga, derivación da Cazaría salvaxe como é a Santa Compaña galega. Ánimas voando perseguen aos vivos, encabezadas por un xefe, posiblemente Odín.
Os diferentes nomes da crenza levan consigo un significado que permite atopar a relación establecida entre o fenómeno propio a Galicia e mais a cultura occidental. Os diferentes nomes tamén teñen un uso distinto segundo as zonas xeográficas, sendo isto unha proba do xenio creativo da xente de Galicia en canto á vixencia dun mito da humanidade (neste caso un mito europeo) na súa propia cultura[3]. Destas dúas razóns pódese comprender que o nome atribuído por cada zona corresponde a unha adaptación particular da crenza, a cal estará máis ou menos preto dun dos tres tipos enunciados.
As da noite, antaruxada, avisóns, avexón,
Enxamio, estadea, estantiga, estandiga, estadeiña son as formas que máis conectan coa lenda xermánica.
Hoste, chamada nalgures ao formar a comitiva algo semellante a unha hoste ou mesnada. Hoste e hostilla pódense entender como exército, inimigo ou peregrino[1].
Pantaruxada
Pantalla, en opinión de Vicente Risco, fusión dos termos «pantasma» e mais «espantallo». Pantalla úsase en Beariz, podendo consideralo unha referencia ao medo de pan, igual cá palabra pánico indo en certa instancia ata o deus Pan; sen esquecer as máscaras do entroido de Xinzo de Limia, tamén coñecidas como pantallas[1].
Procesión das ánimas, aplicado especialmente no sur de Galicia, sobre todo en Ourense.
Rolda, roldiña
Visión,
Visita,
Xaira, nome recollido por Martiño Sarmiento como usado na zona de Ourense no século XVIII[1].
Xáns, tamén recollido por Martiño Sarmiento na rexión de Ourense (jáns, xáns)[3], pantasmas de vivos[1].
Sociedade do Óso sociedade de xente que vive tanto neste mundo como no alén e que percorren os camiños igual cá Santa Compaña[1].
Xás, pantasmas, ánimas en pena, que andan de noite para danar aos vivos[1].
A parroquia
A parroquia adoita ser o territorio das andanzas da Santa Compaña, e polo tanto un elemento constitutivo do mito, o cal lle dá vida á crenza en Galicia[1][3].
Na cultura galega nas últimas décadas do século XX e primeira do XXI
O tema da Santa Compaña recóllese na cultura popular en forma de espectáculos[10][11][12] e incluso cómics[13].
Esta procesión anda espallada pola internet, tanto como curiosidade acerca de Galicia[14] como combinada co paranormal[15][16].
Tamén algúns músicos e bandas recollen o tema nalgunhas das súas obras, é o caso de Golpes Bajos[17], Mago de Oz e Los Suaves, por exemplo.
Fontes
Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda (2006), Diccionario de los seres míticos gallegos, Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-9782-468-7. Obra colectivada baseada nuha ampla biografía que abarca os intelectuais galegos (Murguía, Risco, Cunqueiro, Ferrín, etc.), antropólogos, etc.
Carmelo Lisón Tolosana (1998), La Santa Compaña. Fantasías reales. Realidades Fantásticas, Madrid, España: Ediciones Akal S.A.. ISBN 84-460-0943-9. Descrición etnolóxica que serve de material en antropoloxía. Lisón Tolosana é recoñecido pola comunidade científica[18][19][20], sendo tamén membro da Real Academia de Ciencas Morales y Políticas[21].
Notas
1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 Diccionario de los seres míticos gallegos, Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda, Edicións Xerais de Galicia, 2006, ISBN 84-9782-468-7.
Un anaco do libro Algunas calas en los orígenes del gallego de Andrés Suárez, dixitalidazado por Google.
3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 La Santa Compaña. Fantasías reales. Realidades Fantásticas., Carmelo Lisón Tolosana, Ediciones Akal S.A., Madrid, España, 1998. ISBN 84-460-0943-9.
Véxase na Wikipedia portuguesa pt:Sluagh.
Manuel ALBERRO Inst. of Cornish Studies University of Exeter
Santa Compaña na MSN Encarta
Galicia Máxica: A Santa Compaña patrimonio de Galicia en Nueva Acrópolis de Vigo.
Manuel ALBERRO Inst. of Cornish Studies University of Exeter
El tema de la caza salvaje en los petroglifos gallegos (Véxase a sección 3 Tránsito vertical.)
Ficha de espetáculo
Teatro
Rodaxe do filme Lume na alma sobre a Santa Compaña en LaVozdeGalicia.es, 17/12/2008. Consultado o 21/02/2009.
"Ourense acolle a presentación de “A Santa Compaña”, nova entrega das aventuras de Trasmallo" 5/10/2007. Consultado o 21/02/2009.
A Santa Compaña mito e lenda de Galicia (en castelán)
A Santa Compaña en mundoparanoraml (en castelán)

A MORTE NA CULTURA POPULAR GALEGA

As diferentes actitudes ante a morte —propia ou dun ser querido— responden, o mesmo que noutros momentos trascendentais da vida, ás diversas opcións relixiosas e filosóficas de cada quen, pero tamén ó contexto social no que se vive. A Galicia rural, ata hai ben pouco claramente diferente da Galicia urbana, baseábase nunha estrutura de cohesión do grupo social, neste caso o lugar ou a parroquia, cun sistema de colaboración e axudas mutuas firmemente establecido no seu modo de entende-la vida. E tamén no seu modo de enfrontarse á morte. As tradicións e prácticas ritualizadas ó redor do momento da morte dun veciño, tantas veces deostadas como simples supersticións, tiñan un significativo valor afectivo e humano, e estaban destinadas a asumir ese momento, a alivia-la dor dos familiares e a fortalece-los lazos que unían ós membros da parroquia ó redor da persoa que falecía e da súa familia.

Diferenzas na concepción da morte no medio rural e no medio urbano
A morte pode entenderse como o tránsito desta vida, material e corpórea, a outra vida, espiritual. Trataríase neste caso dunha fase máis da cadea vital que comezaba no momento de nacer, e quizais de aí a consideración da morte como viaxe. Pode entenderse tamén como un remate no que todo acaba definitivamente, un punto final. Os antropólogos Vicente Risco e Mariño Ferro afirman sen dúbida que na Galicia rural rexía a primeira opción:
A morte non é, dende logo, cousa boa, mais tampouco é cousa á que se tema moito. "Ó fin –di a xente- morrer hai que morrer". O que se desexa é unha boa morte, con concencia e cos sacramentos todos; o contrario é "morrer coma un can". Cando un enfermo recibíu todos, din que está "despachadiño de todo" (RISCO (1962): 352)
O campesiño galego nega que a morte sexa o fin. Cre que vivirá eternamente no Alén e cre nun tránsito ininterrompido, sen rupturas, entre esta vida e a outra (MARIÑO FERRO:439).
Entende-la morte desde un ou outro punto de vista responde, como xa se dixo, a criterios relixiosos, principalmente, ou filosóficos pero, sexa como for, vai explica-las grandes diferenzas no tratamento social que se lle vai dar a ese momento e na asimilación das súas consecuencias, tanto por parte do suxeito que morre como por parte do entorno familiar e social que o sobrevive.
Na Galicia rural, tradicional, a morte era algo sempre presente, cotiá, á que se esperaba e para a que compría prepararse. Desde sempre estivo rodeada dun complexo sistema de prácticas ritualizadas que comezaban a porse en acción desde os momentos previos ó pasamento ata máis ou menos tempo despois de producirse este. Estas prácticas, algunhas herdadas desde tempos da romanización ou anteriores, establecéronse secularmente na memoria colectiva, sendo asumidas e coñecidas por todos. En definitiva, e aínda que se saiba perfectamente que a todos nos chega (Ó fin, morrer hai que morrer), no momento último da morte o protagonista está só e ten medo. Tamén a familia vive unha sensación semellante, ante a inminencia da ausencia do ser querido e da perda da súa presenza e amparo. Por todo iso, o grupo familiar e social ó que pertencen préstase a axudar no que estea na súa man e a comparti-la dor, e acoden á casa para demostrar esa solidariedade, ese apoio, ese conforto, nunha despedida que quere pór en evidencia que os protagonistas directos non están sós.
Para unha mellor descrición dos costumes tradicionais que existiron en Galicia ó redor da morte convén diferencia-los distintos momentos ou fases cronolóxicas que se van suceder:
a morte anunciada: agoiros da morte e preparación do moribundo e da súa familia.
o pasamento: momento no que ocorre a morte e presentación do corpo.
o velorio: o grupo social vén despedi-lo seu familiar ou o seu amigo, á vez que manifesta á familia que non está soa.
o enterro: a familia e os amigos acompañan ó morto á súa última morada e danlle terra.
a lembranza: a vida segue e os que se foron se instauran na memoria dos que quedan.
A morte anunciada
Unha das características máis específicas da diferente concepción ante a morte entre o medio rural e o urbano é a preferencia no primeiro por unha morte lenta e anunciada, que permita certa preparación espirititual e poder deixar solucionadas as últimas vontades, fronte á morte rápida, súbita, á que se aspira no segundo caso. Esta distinción dá pé ós conceptos de morte morrida —a que sería por morte natural— fronte a morte matada, porque unha boa morte é a mellor sorte [1].
Ó campesiño galego resúltalle inquietante a morte imprevisible. E a morte repentina. Estiman boa morte a que dá tempo a recibi-lo sacramento e a face-lo testamento que asegure a paz na familia. Pola contra, temen a morte violenta ou por accidente que non lles permita prepararase (MARIÑO FERRO:441).
Agoiros da morte
En calquera caso, crese firmemente en que a morte sempre avisa, o que permite prepararse para ese momento, e iso axuda a minora-la angustia da ameaza constante da morte. O conto é saber capta-los anuncios que nos envía. Estes avisos chegan por distintas vías: ánimas [2] ou espíritus que se achegan a quen vai morrer ou a alguén do seu entorno (o caso máis coñecido sería o da Santa Compaña); a propia morte que vén advertir ó futuro defunto, antes de vir buscalo definitivamente; ou mediante outros sinais emitidos, normalmente, por distintos animais. Tamén se interpretan así outros feitos inexplicables, como o toque dunha campá sen que ninguén a tanxa, a coincidencia do son das campás de dúas parroquias, que se apague un cirio no funeral ou o cheiro a cera ou a aceite nunha encrucillada ou dentro da casa. Verte-lo sal na mesa pode considerarse só agoiro de mala sorte ou mesmo unha maior desgracia [3], así como escoitar golpes na porta ou na ventá (que se explican como ánimas que veñen petar na porta para entrar na casa). Crese, finalmente, que as ánimas dos familiares emigrados ou que viven lonxe poden vir facernos unha última visita de despedida xusto no instante no que morren.
Porque a miña vida cóntase por días ou cicais por horas. Non tardarei en comer terra. Avisoume a Morte, ¿sabendes? Ela mesma. Cando chegamos cabo da eirexa, ollei un corvo e mais unha pomba, e aquelo non me gostou. Entón o pantasma mirou para min e a lúa bateulle na cara. ¡Éravos a Morte! E faloume desta maneira: "Eu son o que che vai poñe-lo sangue frío como unha pedra; esa pomba é a túa vida e ese corvo é o teu namoramento serodio. Prepárate porque un día destes irei a buscarche" (CASTELAO: Os vellos non deben de namorarse, 535).
A capacidade de percibir este tipo de avisos non é común e crese que algunhas persoas son máis propensas que outras. Son os vedoiros, que poden chegar a ver o enterro tal como se vai producir, recoñecendo tanto ó morto como ós que o acompañan.
Entre os animais que agoiran unha desgraza, os anuncios de morte máis recoñecidos son [4]:
Ver un corvo no camiño ou nas proximidades da casa, por ser negro, por comer carniza e polo seu berro agudo e característico. Por iso, cando se vexa hai que dicirlle: "Corvo agoireiro, vaite lixeiro, que nesta porta non hai carne morta" [5].
O canto do moucho, da curuxa ou doutras aves rapaces nocturnas. O canto lúgubre destas aves remeda os xemidos e o pranto. O moucho agoira unha morte próxima cando vén cantar enriba da casa dalguén ou nas árbores próximas[6].
A galiña que canta coma o galo. Crese que as galiñas vellas cantan como o faría un galo, polo que tal feito, propio da vellez, agoira a morte. Para espanta-lo agoiro hai que dicir: Pasa, mala cousa, pasa,/ San Xuan bendiga nuestra casa/ cunha palanca/ por riba da casa [7]. Outras informacións van máis lonxe e aconsellan que cando tal aconteza hai que mata-la galiña de contado e, deste xeito, a desgraza que agoiraba recaerá sobre ela. Rivas Quintas engade que, á vez que se lle retorce o pescozo, hai que dicirlle: Morte por morte, en ti cai a sorte [8].
O ouveo dos cans ou do raposo, porque lembran os prolongados choros da familia durante o velorio e no enterro. Se se escoita ouvear un raposo de noite sábese que está próxima a morte dalgún veciño. Outras informacións matizan máis: ver un raposo en xexún é sinal de bo agoiro, pero se é unha raposa é sinal dunha desgraza próxima.
Cando aínda estaba quente a derradeira badalada das doce horas no campanario da eirexa, ouvearon os cans ventando a morte (CASTELAO: Un ollo de vidro, 55).
A presenza de bolboretas nocturnas, brancas (algunhas fontes din que as negras), voando ó redor dunha persoa ou da luz da casa. Moitos cren que as tales bolboretas son as propias ánimas.
En Arcos de Furcos (Cuntis, Pontevedra), crese que cando morre un cura nacido na parroquia, doce veciños máis morrerán antes de cumprir un ano [9].
Ofrecidos
Cando alguén sofría unha longa enfermidade que os médicos non daban curado, de modo que se lle vía irse consumindo pouco a pouco e sen remedio, os seus familiares ofrecíano a un santo, ó Nazareno ou á Virxe. Este ofrecemento consistía en comprometerse a realizar algún tipo de sacrificio, ritual ou peregrinación a modo de expresión pública de agradecemento á intervención divina se se conseguía a curación. Son coñecidas, neste sentido, as procesións das mortaxas que se celebran na Pobra do Caramiñal (A Coruña) o terceiro domingo de setembro con ocasión do Nazareno, ou en Ribarteme (As Neves, Pontevedra) [10], con ocasión de Santa Marta (o 30 de xullo). Nestas procesións, os ofrecidos, quen fixo o ofrecemento ou ámbolos dous vestían hábitos relixiosos ou acompañaban un féretro trala imaxe do santo, que simbolizaba o que tiñan preparado para el.
Agora atopámonos a carón de Pedriño, que salvou da morte por verdadeiro miragre. Máis de dous meses estivo no leito, sen dar azo de si, a pique de que se lle desvencellase a ialma. A tía Ádega ofereceuno a Santa Comba, i entón Pedriño abriu os ollos e dixo: "Miña tía, déame auga". [...] Desque pasou tempo de abondo para que Pedriño volvese ó seu ser, a vella determiñou cumpli-la promesa feita, con toda solenidade. O rapaz iría vestido de San Xosé, co mesmo hábito con que a tía pensaba adobialo para descer á cova. [...] Abreuse a porta da casa e saíu primeiro un ataúde branco con guirindolas de frores. Dispois asomou Pedriño co hábito verde [...], na man o varal frorecido do santo. A tía Ádega viña detrás, a chorar, levando unha vela rizada (CASTELAO: Os dous de sempre, 295-296).
Preparación da familia
Ante a inminencia do momento da morte, perdida xa toda esperanza, a familia comeza a preparar ó moribundo a afronta-lo pasamento, á vez que se prepara ela mesma ante a nova situación na que se vai ver a partir dese momento. Familiares e veciños comezan a mobilizarse para axudar e comunica-lo acontecido. Uns avisan ó abade da parroquia para que veña darlle o Viático. Outros avisan ó resto dos veciños e ós familiares que viven lonxe. Outros comezan a prepara-la casa para recibi-la visita dos veciños.
Preparación do moribundo
Para axudar a ben morrer ó moribundo colócanlle cousas santas, sobre el ou ó seu carón: crucifixos, estampas, escapularios, cirios encendidos (con especial preferencia os que foron bendecidos o Xoves Santo ou o día das Candeas [11]) [12] e roupas relixiosas. Resulta habitual recorrer a cubrilo cun hábito de San Francisco, se quen morre é home, ou un manto da Virxe, se é muller. O crego lévalle o viático (etimoloxicamente, as provisións que se lle dan a alguén para a súa viaxe) e dálle a Extrema Unción [13].
En Moraña (Pontevedra) crese que cando a agonía se prolonga moito é porque o moribundo ten unha débeda pendente con alguén. Sábese porque cando chega esta persoa ó seu carón prodúcese a morte ó pouco O pasamento
O momento exacto da morte só se podía acreditar por métodos empíricos. A presenza do médico era absolutamente inusual polo que non podía contarse cos medios técnicos necesarios para apoiar ese dictame. Ademais de observa-la falta de movementos, a ausencia de respiración, a frialdade que se ía instaurando, o máis común era confirmalo colocando un espello, un cristal ou a folla dun coitelo xunto á boca; outras veces, unha candea:
O dependente sacou da faltriqueira un espello pequeniño, púxollo diante da boca e, vendo que non embazaba co alento, declarounos que o vello gaucho xa non era do noso mundo (CASTELAO: Retrincos, 214).
Confirmada a morte, comezábase a prepara-lo corpo para a súa presentación no velorio e posterior enterro.
A mortalla
O primeiro coidado que se debe ter co defunto é pecharlle os ollos, porque se cre que se quedan abertos van chamando por outra persoa da familia para que o acompañe na viaxe ó outro mundo. Tamén hai que pecharlle a boca, atando o queixo cunha cinta ou cun pano, branco nuns sitios, negro noutros. Unha vez que o cadáver estea ríxido xa se pode quita-lo pano, operación que chaman desempanicar.
A preparación do cadáver comezaba co lavado do seu corpo (no caso dos homes, afeitábannos) como preparándoo para unha longa viaxe ou unha visita importante. Tamén lle tapaban tódolos orificios do corpo, con liño ou algodón, co que se pretendía pechar calquera camiño que poidese permitir ben que a alma retornase ó corpo, ben que lle entrase o Mal [15]. A seguir procedíase a vestilo coa mortalla. A tal fin recorríase á mellor roupa que tivese o defunto, por veces o traxe co que casou, noutros casos cun hábito de San Francisco ou da Virxe, ou ben, se se trataba dunha familia pobre, envolto nunha tea branca. Cítase o caso de ir vestido cun traxe novo, feito con antelación e gardado especialmente para esta ocasión. En Castro Caldelas, eran homes os que amortallaban ás mulleres, e estas ós homes [16].
Morrín antre cobertores como morren a cotío os bos homes, e ben afeitado e ben peiteado e co meu traxe dos días de festa fun para debaixo dos terróns (CASTELAO: Un ollo de vidro, 42).
Antonte leváronlle o viático ó vello e onte morreu. A compañeira dos seus días visteuno, afeitouno e púxolle as mans en cruz (CASTELAO: Cousas, 105).
Sobre o cadáver colocábanse unhas tesoiras, unha peza de aceiro, un prato con sal e un peite. Con estes obxectos buscábase couta-la gangrena, que o corpo non inche e protexelo contra o demo. O peite parece vir dun antigo costume de gardar algúns pelos do morto e colocalos nas regandixas das paredes, como axuda a que as ánimas se orienten mellor cando volvan. Nos Ancares, colocábanlle tamén unha fouce. En Monfero, paraban tódolos reloxos da casa [17].
Preparación da casa
Tamén había que acondiciona-la casa, especialmente a habitación na que se exporá o cadáver: normalmente o dormitorio, noutros casos a sala máis ampla da casa [18]. Cando se expoñía dentro da caixa, esta se colocaba no chan, sobre un pano negro.
O corpo colocábase sobre o leito –outras veces sobre unha mesa-, coas mans cruzadas no peito; en Loureses (Aguís, Os Blancos, Ourense) atábanlle o brazo dereito á perna esquerda e o brazo esquerdo á perna dereita, por crer que esta postura cos brazos en cruz protexía o morto do demo. Ó lado do corpo, un caldeiro con auga bendita e unha rama de loureiro. Tamén se adoitaba botar sal no chan da habitación para escorrenta-lo demo e abrir unha ventá para que a alma teña por onde saír e non darlle ocasión de introducirse no corpo dalgún dos presentes producíndolle o asombramento ou aire de morto.
Na casa na que hai un cadáver non pode estar ningún meniño a durmir no momento de move-lo corpo dunha habitación a outra porque podería colle-lo aire de morto [19].
O anuncio á comunidade
Mentres uns fan todos estes labores, outros encárganse de comunica-la morte a tódolos veciños da parroquia. Esta comunicación podía ser persoal, de porta en porta, ou mediante o toque das campás da igrexa. Nas aldeas, a noticia do pasamento apóiase tamén nas esquelas colocadas en lugares habituais (e, actualmente, na prensa e radio). Cando as campás tocan a morto, o número e ritmo das badaladas –variable en cada parroquia- informaba do sexo e idade de quen faleceu: tres toques seguidos, cunha pausa, anunciaban a morte dun home; dous, a dunha muller [20].
Aínda hai máis na paisaxe, pois tocan a morto no campanario da eirexa e o son é tan amargurado coma se batesen a campá coa mesma cabeza do morto e non adeviñamos en cal casa do lugar hai desgracia porque todas, todas, están tristes (CASTELAO: Cousas, 65).
O velorio
Pouco a pouco, nunha incesante corrente humana, familiares, amigos e veciños van reuníndose na casa para despedi-lo morto, colocado sobre a cama ou xa na caixa, e acompañar á familia durante toda a noite. Tras persignarse e descubrirse, dedicaban uns primeiros momentos de silencio e dor, con distintas mostras de loubanza e aprecio polo defunto. As mulleres quedaban rezando interminables rosarios interrompidos por choros e os homes retirábanse a outra habitación. Pronto cambiaban o tema de conversación facéndoo máis livián e variado, nun intento inconsciente de alivia-la dor e adormece-la angustia ante a morte, para rematar falando do tempo, dos traballos do campo ou de calquera cousa, mesmo xa con momentos de relaxación e algunhas risas máis ou menos disimuladas.
Non era raro que ás poucas horas de velorio comezasen a aparecer barallas e vasos de viño ou augardente, e mesmo xogos diversos, habituais ata os anos vinte do pasado século, que chegaban a incluír ó morto (xogos de prendas, nos que tiñan que ir coller algunha prenda ou calzado do morto, ou nos que as mozas que perdían tiñan que ir bicalo [21]). Os xogos de cartas eran máis habituais.
O abellón
Alfredo Brañas recolleu en 1884 unha danza fúnebre na que el mesmo participou en Vilanova de Arousa, denominada o abellón. Consistía en dar voltas ó redor do leito do defunto, todos collidos da man, mentres imitaban o zunido dun abellón. Críase que se algún dos participantes falaba ou interrompía o baile por calquera causa, sería o primeiro dos presentes en morrer.
Collidos pola man os concurrentes
e fungando baixiño e entre os dentes
foron da morta á triste habitación
e voltando ó redor da defuntiña
o vello, a vella, o mozo e a mociña
fungaban como funga un abellón.
¡Probe daquel que dese algunha fala
Ou de bulir deixase pola fala!
¡Siñal era de morte non fungar
As honras do "abellón" son tan precisas
Como son para os cregos moitas misas
E o gando e o ligón para labrar
Suxeriuse que este baile podería estar relacionado coas abellas que eliminan os cadáveres da colmea. Pode atoparse un precedente deste baile ritual nos tímpanos dalgunhas igrexas románicas, nos que se representa a "danza da morte": un esqueleto toca un instrumento mentres dúas ou máis persoas danzan ó seu redor [22].
O enterro
Chegado o día seguinte procedíase ó enterro. O cadáver era retirado da casa a ombreiros dos familiares varóns, dentro da caixa, poidendo ir esta aberta ou, normalmente, pechada. Sacábano sempre cos pés por diante e pola porta principal. Cando o morto era un neno, a caixa era branca –como símbolo de pureza- e sobre ela colocaban flores; cando era un adulto, era negra ou cuberta de panos negros.
Os mortos non iñan en caixas descubertas; iso sería arrepiante. Iñan coa cabeza pousada en almohadóns que penduraban ás beiras do nicho, e a tapadeira do nicho repousaba enriba dos almohadóns, amostrándose pola rendixa triangular as mans cruzadas dos difuntos (CASTELAO: Prosas recuperadas, 417).
A despedida
Nese momento liberábase toda a tensión e a familia e as mulleres presentes rompían a chorar despedindo ó morto e loubando a berros as súas virtudes. Chamábase a isto face-lo pranto. Habitualmente, as mulleres da casa quedaban nela, logo de despedir ó defunto desde a porta ou desde as ventás.
Estamos no intre en que se celebra o enterro do boticario, e da rúa xurden marmurios de moita xente. Ábrense as fiestras e aparecen as catro irmáns do boticario, dúas en cada fiestra, a faceren o pranto (CASTELAO: Os vellos non deben de namorarse, 489).
Entraron catro homes e sacaron a caixa longa onde vai o morto. A vella saíu á porta e, coa voz amorosa dos días de mocedade, despideuse do seu compañeiro. '¡Deica logo, Eleuterio!' (CASTELAO: Cousas, 105).
Como antes, tíñase a precaución de que non houbese ningún meniño nin muller preñada durmindo na casa no momento de saca-la caixa para o cemiterio [23], e incluso evitaban que estivesen presentes nese momento. Tamén, cando o morto era o cabeza de familia, adoitábase saca-lo gando das cortes porque se cría que o morto, dono do gando, podía levar mau del [24]. Outra crenza relacionada co gando é a de non utilizar nunca a porta principal para mete-los porcos mercados na feira, porque esa era a porta pola que sacan os defuntos [25].
O acompañamento
A orde da comitiva era a seguinte: primeiro un rapaz tocando unha campaíña, logo o sancristán coa cruz da parroquia, a seguir ía o cadaleito portado por catro homes, que se turnaban cada pouco. Detrás ía o cura ou curas rezando responsos e, finalmente, a familia, os amigos e os veciños. En Trasparga (Guitiriz), o gando que posuía o morto ía diante do enterro [26]. Durante o camiño ó cemiterio [27], as mulleres continuaban chorando e despedindo ó morto. Había mulleres que eran contratadas especificamente para facelo, as carpideiras, choradeiras ou pranxideiras. Adoitaban parar nos cruceiros que houbese no camiño e pousaban a caixa para que o crego botase un responso, segundo o solicitasen os asistentes botándolle unhas moedas no cubo da auga bendita.
Cando o morto era un neno, había música alegre. Cando se trataba dun mozo ou moza solteiros, os que carrexaban a caixa enlentecían a marcha ó aproximarse á igrexa, e daban tres pasos adiante e un ou dous atrás, nun significativo intento de prolonga-la súa estancia neste mundo[28].
A inhumación
O enterramento facíase no adro da igrexa, en sagrado. Xa desde tempos dos romanos era habitual que os cristianos enterrasen os seus mortos cerca das tumbas dos seus mártires, primeiro nas catacumbas e, logo, no interior das igrexas. Co tempo, pasaron a facelo ó redor destas ata que a finais do século XVIII prohibiuse esta práctica e creáronse os cemiterios parroquiais ou municipais. No momento de baixa-la caixa á cova repetíanse os choros e lamentos, despedindo definitivamente ó familiar ou veciño. Algúns botaban presas de terra sobre a caixa logo de bicala.
Ó mesmo tempo que eles íban chegando ó Campo Santo, iña chegando tamén o enterro, rompendo a marcha o estandarte negro e algo furado da parroquia, o crego i as mulleres que lle facían o pranto, turrando, turrando polos pelos como si fosen cousa allea, berrando hastra enroucare e agarrándose á tomba de tal maneira que non deixaban andar ós que a levaban (ROSALÍA DE CASTRO: Almanaque Gallego)[29].
Hai constancia do propósito da igrexa católica para acabar con este costume, xa desde os concilios bracarense e primeiros composteláns porque "es cosa que no place à Dios". En 1740, tras ser informado o arcebispo de Compostela de que nos enterros "concurren todos los descendientes y deudos de los difuntos á llorar su muerte, más por estilo y práctica que por dolor de ella, el cual afectan con desmesurados gritos y acciones descompuestas, haciendo demostraciones de querersepultarse con el difunto, con cuyo motivo prorrumpen en ridículas expresiones", ordenou ós párrocos que multasen a quen así se comportase con catro reais na primeira vez, con oito a segunda e, de reincidir, que se deixase sen dar terra ó defunto ata que as carpideiras se retirasen [30].
Críase que o pano mortuorio sobre o que se colocaban os cadáveres na igrexa adquiría virtudes curativas para os enfermos, ós que se lles facía o chamado aventamento: deitábase o enfermo no chan e batíase o pano sobre el, colléndoo entre catro persoas [31].
O regreso
Rematado o enterro, os participantes volven á casa do defunto, na que se adoitaba repartir un molete de pan a cada un (pan do defunto) ou só ós nenos (o carolo); noutras ocasións, o pan repartíase entre tódolos pobres do lugar[32]. Pero moitas veces organizábase un verdadeiro banquete, semellante ó que se celebraba nas festas, no que participaban tódolos asistentes ou só os familiares que, por viviren lonxe, quedarían a durmir na casa. Estas comidas fúnebres (das que tamén se cita que se celebraban mesmo antes do enterro, co corpo aínda presente) facíanse na casa do defunto ou na dalgún familiar próximo, rara vez na taberna.
¡O defundo vai na igrexa,
a muller queda apenada,
vamos bebendo e comendo,
con chorar non se fai nada.
Bernardo Barreiro recolle esta descrición das enchentes que se celebraban no século XVI para celebra-lo Día de Defuntos:
Os notables da parroquia, dentro da capela, xantaban e bebían a fartar en altares convertidos en mesas para a ocasión. Os pobres, entrementres, preparaban castañas no adro mentres agardaban a xenerosidade dos principais [33].
Xa de volta de cemiterio, compría tomar certa precaucións para evita-lo aire de morto, como purifica-las roupas que vestían facéndoas pasar por riba do lume (en Campo Lameiro), ou pasar tamén os nenos (en Isorna e Leiro, parroquias de Rianxo). Igualmente, ás doce da noite, varríase a casa doce veces para eliminar calquera posible pegada do morto.
A lembranza
Pero a vida segue e os que quedan teñen que seguir coas ocupacións e traballos de tódolos días. Quen se foi permanece na memoria dos que quedan, durante máis nou menos tempo, e quedan tamén con nós, como ánimas benditas.
A familia mantén o contacto con el a través da oración. Como nunca se pode te-la seguridade de que fose ó ceo, hai que prever que a súa alma estea no purgatorio penando por algún pecado ou falta cometida, polo que cómpren oracións e esmolas que adianten o seu perdón definitivo. Tamén se lles reza para pedirlles axuda e conforto. Neste mesmo contexto nacen os petos de ánimas, onde os crentes botan esmolas para paga-las misas polas ánimas da parroquia.
Hai certos momentos nos que esta lembranza está máis presente: os cabodanos e o día de defuntos. Tamén no Nadal hai unha lembranza especial polas almas dos que morreron.
O día de defuntos
O día de defuntos, 2 de novembro, dá nome ó propio mes: mes morto ou mes dos mortos e constitúe unha data moi significativa dentro do calendario litúrxico galego. Os camposantos énchense de familiares que van acondiciona-la lousa ou o nicho, levan flores e rezan ó seu pé. Na lareira da casa colócanse cirios ou lámpadas de aceite polas ánimas dos mortos.
En Cambados, crese que o día de defuntos non se debe ir ó mar para evitar coller mortos ou os seus restos na rede [34].
O tizón de Nadal
Na noiteboa e no día do Nadal adoitaba colocar na mesa un servizo máis para as ánimas que poidesen vir —dos familiares mortos ou calquera outra que fose de camiño—, ou deixábase a mesa sen recoller para que tivesen comida ó seu alcance. Limpábase a lareira con especial coidado de non deixar cae-la cinsa e deixábase un leño no lume para que se viñesen quentar [35]. Era o tizón de Nadal ou lume novo, que logo se conservaba como protector contra o raio; na zona de Tui, este mesmo costume seguíase o día de defuntos [36].
as ánimas que volven do Alén
O imaxinario popular non dubida de que as ánimas dos mortos ós que aínda lles quedou algo pendente por facer ou algunha pena que expiar seguen presentes entre os vivos. Entre outras actuacións xa se mencionou que viñan para advertir da morte dun conveciño, pero fan máis. Hainas que buscan axuda para restaurar algún dano que causaran en vida, ou para insistir ante os seus familiares que cumpran as mandas que deixaron ó morreren.
Tamén é sabido que quen non foi a Santo André de Teixido de vivo terá que ir de morto, e iso explica que existan ánimas peregrinando ó mosteiro do santo, como tales ánimas ou reencarnadas en animais. No primeiro caso, son os familiares -normalmente dous- os que acompañan a alma do morto: antes de comeza-la peregrinación, os parentes van onda a tumba do difunto para convidar ó espírito do morto a face-la viaxe con eles. No segundo caso, advírtese que quen se atope unha cobra ou un lagarto no camiño ó mosteiro non lle pode facer mal ningún, porque se trata dunha ánima na súa última peregrinación.
Notas
A cruz que se adoita colocar no lugar onde se produciu unha morte violenta, para pedi-las oracións dos transeuntes, obedece á crenza de que, por non recibi-los sacramentos, a ánima de quen morreu estará probablemente no purgatorio. Hoxe en día, segue facéndose isto mesmo en moitos casos de mortes en accidentes de tráfico.
Existe certo matiz que distingue as almas e as ánimas: este termo aplícase especialmente ás almas que aínda están no purgatorio.
Mariño Ferro afirma que no cadro A derradeira cea, de Leonardo da Vinci, pode observarse un saleiro emborcado na mesa, anunciando a inminente morte de Xesús.
En Portugal cren que soñar cun touro anuncia unha desgraza ou morte inminente (MAÇAS: 312).
Segundo Mariño Ferro, esta crenza xa fora recollida por Plinio.
Por veces, o propio moucho interprétase como personificación da morte: Eu ben vin estar o moucho/ encima dun gacio de uvas,/ vaite daí morte negra,/ desamparo das viudas. E chega a toma-lo nome do que se cre agoira: paxaro da morte.
RODRÍGUEZ LÓPEZ:113.
RIVAS QUINTAS: s. v. morte.
http://www.galiciaencantada.com.
"Las mortajas relegan a los féretros en la procesión de Ribarteme", en La Voz de Galicia, 30.07.2007.
As Candeas, ou a Candeloria, celébranse o 2 de febreiro.
FERRO RUIBAL:183.
En Viana do Bolo chaman "a espora" a este sacramento, lembrando a espora que calza o cabaleiro cando comeza unha viaxe.
Gran Enciclopedia Galega: s. v. agonía.
O demo, o mesmo que as enfermidades, entran no corpo polos orificios naturais.
MARIÑO FERRO:442.
MARIÑO FERRO:442.
Nos Ancares, no hórreo.
LIS QUIBÉN:269, RODRÍGUEZ GONZÁLEZ: s. v. morte.
MARIÑO FERRO:442. Localízao en Arzúa.
ALONSO ROMERO:75.
Enciclopedia Galega Universal: s.v. abellón.
LIS QUIBÉN:269, RODRÍGUEZ GONZÁLEZ: s. v. morte.
LIS QUIBÉN:316, RODRÍGUEZ GONZÁLEZ: s. v. facenda, RODRÍGUEZ LÓPEZ:194.
RODRÍGUEZ GONZÁLEZ: s. v. corda. García Barros recolle esta mesma crenza nun dos seus Contiños da terra: "Chegou á casa, meteunos pola porta da eira pois pola do quinteiro non é ben, que é por onde saien os defuntos" (GARCÍA BARROS: 21).
RODRÍGUEZ GONZÁLEZ: s. v. facenda, RODRÍGUEZ LÓPEZ:194.
Que, en Valdeorras, seguía exactamente o mesmo camiño polo que o morto acodía normalmente a misa.
Costume recollido en diferentes lugares de Ourense: A Grova, Galez, Seixo, San Facundo e Seoane ("A festa dos mortos, en La Voz de Galicia, 2.11.1988).
O relato é Conto Gallego, do que se pode ler o texto íntegro.
GARCÍA RAMOS: 24.
RODRÍGUEZ GONZÁLEZ: s. v. aventamento
O Sínodo de Mondoñedo xa recomendaba facelo no 1541.
"Crónicas da parroquia dos mortos", en La Voz de Galicia, 2.11.2002. Bernardo Barreiro recolle a testemuña do bispo de Mondoñedo Antonio de Guevara, en 1551.
LEIRO LOIS:32.
FRAGUAS:102
RODRÍGUEZ GONZÁLEZ: s. v. día.