martes, 25 de octubre de 2011

¿Por qué arde el monte gallego?



María Cedrón. LA VOZ DE GALICIA
Los incendios generan una economía paralela en un rural despoblado

Los incendios en Galicia son un indicador. Son la evidencia de la grave enfermedad que sufre desde hace años el monte gallego. La fiebre está ahí, latente, y cada ejercicio se manifiesta con mayor o menor virulencia en un territorio con 2,4 millones de hectáreas de espacio forestal. La despoblación del medio rural, la escasa rentabilidad económica derivada de la infrautilización de esa superficie, la incapacidad para ejecutar un modelo de gestión adecuado, el presunto auge de la actividad incendiaria y la economía que gira en torno a los incendios son algunos de los virus que provocan esa enfermedad. Son quizá las razones de por qué se quema el bosque en Galicia.
¿Cuánta superficie forestal está infrautilizada en Galicia?
La superficie forestal equivalente a una quinta parte de la comunidad gallega está infrautilizada, como mínimo. El profesor del departamento de ingeniería agroforestal de la Universidade de Santiago, Manuel Marey, apunta que ésta coincide precisamente con aquellas zonas menos pobladas. En el interior de la provincia de Ourense, la gran damnificada por los incendios de las últimas semanas, es fácil ver amplias superficies de monte cubiertas con carqueixas o toxo. La escena es muy diferente a la que puede observarse en áreas del norte de la provincia de A Coruña, donde el clima más húmedo también favorece la prevención. Ahí hay incluso algunos propietarios que han contratado vigilancia privada para proteger unas plantaciones que les reportan unos suculentos ingresos.
¿Cuáles son las razones de ese abandono?
La despoblación del medio rural es la principal y más evidente. En buena parte de los concellos ourensanos asolados por los incendios no hay una actividad que rentabilice el fuerte desembolso que supone mantener el monte limpio. Desbrozar una hectárea cuesta entre 1.000 y 1.250 euros. En el norte, las plantaciones arbóreas son una industria y en Os Ancares, el pastizal de montaña empieza a ser un recurso importante para la ganadería.
La labor de prevención ha de adaptarse a cada zona. Además, señala Marey, rentabilizar el monte no solo es plantar árboles, pueden hacerse pastos, tener miel, hacer un uso cinegético o cultivar cereal. Un hándicap es el escaso mercado de ese tipo de productos.
¿Qué consecuencias arrastra el desaprovechamiento?
La falta de una salida laboral para los pocos habitantes que quedan en las áreas más despobladas ha convertido los incendios en una de las principales fuentes de generación de empleo. «Hai xente que é contratada no verán e ten un ingreso extra. Tampouco é que planten o lume, pero benefícianse indirectamente», explican fuentes del sector. Y en este sentido el profesor Marey añade que «hai zonas en Galicia nas que o feito de que arda o monte xera maior riqueza que plantar árbores o sementar cereal». Eso es lo que hay que invertir.
Lo que hay que intentar es que ocurra como en Francia, un estado con características climatológicas semejantes a las de Galicia, pero donde «os lumes» no alcanzan la virulencia de aquí. «Ahí a explotación do monte ten moita rentabilidade, é moito maior da que poden ter as queimas», apunta.
¿Cuánto cuesta la extinción?
Para este año, la comunidad tiene presupuestados unos 93,2 millones de euros para labores de prevención y extinción, una cantidad destinada en su mayoría al segundo capítulo. Y es que en ambas labores trabajan durante todo el año más de 2.000 personas, una cantidad que llega a las cerca de 7.000 durante la época de riesgo elevado. Con lo invertido desde 1990, un estudio de la USC apunta a que en Galicia podrían haberse repoblado 270.000 hectáreas, hecho 190.000 de concentración parcelaria y en otras 250.000 podrían tenerse aplicado tratamientos selvícolas.
¿Qué se va a hacer?
Tras la oleada de incendios de este mes de octubre, el titular de la Xunta, Alberto Núñez Feijoo, acaba de sugerir una rebaja en el Impuesto de Bienes Inmuebles (IBI) para los dueños de fincas que se preocupen de mantenerlas limpias. Además, están las Sofor, unas sociedades de fomento forestal dirigidas a estimular actividades que quiten al monte del abandono en el que está. El problema es que están dando sus primeros pasos.
MAIS INFORMACION:
TERCEIRO INVENTARIO FORESTAL DE GALICIA (CLICKA)
INCENDIOS FORESTALES EN GALICIA (CLIKA)
VISION GLOBAL SECTOR FORESTAL EN GALICIA (CLIKA)
MANUAL DE XESTION FORESTAL SOSTENIBLE UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

A primeira nevada do outono pinta de branco a montaña de Lugo



Aínda que hai apenas uns días a provincia de Lugo rexistrou temperaturas próximas aos trinta graos, a chegada repentina do mal tempo deixou a primeira nevada do outono na montaña lucense, que pintou de branco a paisaxe de municipios como Pedrafita do Cebreiro.
En declaracións a EFE, o alcalde deste municipio lucense, o socialista José Luis Raposo Magdalena, explicou que a neve empezou a caer "con ganas" unhas horas logo de caer o sol e as precipitacións se fixeron máis intensas cara ás once de noite, ata que deixaron totalmente branca a paisaxe.
"Parece incrible, logo dos vintitantos graos da semana pasada, pero nevou con todas ganas e, aínda que non será unha nevada na que haxa que quitar neve das estradas, está todo branco", explicou o alcalde.
"As árbores están con cierzo e a neve pégase a eles, porque aínda teñen as follas", relatou Raposo Magdalena.
Ante a repentina chegada do outono, o Concello de Pedrafita do Cebreiro comezará de inmediato a montar as cuñas quitaneves que ten no seu parque móbil, por se "lle dese por nevar máis e, nun momento determinado, tivésemos que atender algunha urxencia nas aldeas", explicou o rexedor local.

Pegerto Saavedra: ''A seguridade do 'Códice Calixtino' revela unha certa inxenuidade'

20/10/2011 - Jaureguizar (texto) + Jessica Barcala / El Progreso (Lugo)

A Real Academia Galega vén de nomear como novo membro a este catedrático de Historia Moderna que se soña vivindo nos anos 50 da súa aldea na Fonsagrada. Recoñece que acadou a condición de maior experto da vida privada galega mentres trataba de recuperar a súa nenez.

antes de empezar a entrevista, Pegerto Saavedra, todo un catedrático universitario, descúlpase por «falar o galego da Fonsagrada» e pide que se lle «corrixa» a galego normativo.

Máis ben debería ser eu quen se desculpase por falarlle nun galego que non é tan natural coma o seu.

É que eu aprendín a falar na miña aldea, na parroquia fonsagradina de Freixo e ás veces se me veñen palabras de cousas da agricultura que desaparaceron e, canda elas, as palabras coas que se denominaban.

Pero o labor do historiador é tratar de recuperar o que se perde.

Sí, pero cando cambia o contexto é difícil recuperar certas cousas.

O contexto de Galicia cambiou moito nos últimos 50 anos.

Totalmente, na miña aldea, Ferreira de Arriba, desagrarizouse. Eramos noventa veciños e agora quedan dous solteiros e un viúvo. Con ese panorama...

Os historiadores son xente con morriña, sempre están botando cousas en falta.

Non, non o creo. Dedicámonos a cambiar o pasado, vaise revisando. Hai asuntos que non interesaban e interesan agora. Por exemplo, a demografía. Empezou a traballarse na vellez, pola situación de perda de poboación que padecemos, ou na historia da muller. Hai cousas do pasado que nos gusta máis ou menos investigar porque ás veces temos unha visión positiva de certas épocas, como a medieval, pero non sabemos se os que viviron tiñan esa mesma visión.

O medievo foi a nosa idade dourada?

Foi unha época de esplendor da nobreza e tamén da arte e o patrimonio, liderado polos mosteiros, igrexas e pazos. Fundamental é a presenza da lingua nos documentos particulares porque vai desaparecendo a partires de fins do século XV. Pero non sabemos o que pensaban os labregos, que formaban a maioría da poboación.

Temos idealizada esa época?

Valoramos unha época polo patrimonio que deixou, pero un labrego de 1800 vive mellor ca un de 1300.

Non serei eu quen llo discuta porque vostede estudou a vida privada dos galegos entre os séculos XVI e XVIII. De onde lle vén o interese por ese asunto?

Pois era case unha forma de revivir a miña en Ferreira de Arriba, onde todo funcionaba con axudas mutuas xunto con Ferreira de Abaixo. Materialmente viviamos peor, pero de relacións humanas moito mellor; non había soidade.

A súa infancia dos anos 50 ten que ver coas infancias dos séculos XVI a XVIII?

Hai moitas cousas que non resultan estrañas. Hai unha conciencia constante de cambio, temos documentadas as queixas de pais que din que os seus fillos son diferentes a eles, que non se recoñecen no seu xeito de vida.

Pero ese cambio acelerouse.

Si, pode que un rapaz de agora, mesmo da aldea, pode que non vise un carro funcionando. Nos anos 60, o 60% da poboación era agraria; agora dubido que chegue ao 8%. No noso imaxinario, mesmo en programas de televisión, segue véndose Galicia como país rural, e ese país non existe. As relacións cambiaron totalmente.

Pero os que proceden do rural non as manteñen no ámbito urbano?

En certo modo si, porque a xente ten propiedades no rural, pero ata unha festa nunha parroquia ten pouco que ver. A festa da malla non é festa no traballo, é algo de museo vivinte.

O que importa agora nas parroquias é se logran contratar á París de Noia ou a Panorama?

En parroquias do litoral, as festas serven como factor de cohesión. En canto á música, antes era para bailar; a xente vai agora escoitar os grupo de gaitas nas festas coma se fosen a un concerto.

Galicia representaba en 1750 o 13% da poboación do Estado, agora anda polo 6%. En que momento se botou a perder?

Daquela a poboación que se tiña era a que se podía alimentar directamente do agro. Galicia tiña un sistema de pequena explotación, pero intensiva. Acabou perdendo peso porque non fixo a revolución industrial. Dos catro sectores importantes daquela -textil, coiros, ferraduras e pesca-, soamente este último se desenvolveu.

Grazas aos fomentadores cataláns. Faltaba talento propio?

Cada sector ten a súa explicación. No textil foi un problema político,... para un historiador é fácil explicar o que pasou, pero non por que non pasou o que debería ter pasado. Talento propio había, temos grandes empresarios en Cuba ou en Arxentina no século XIX.

Por que non desenvolveron aquí o talento?

Porque a sociedade era maioritariamente de pequenos cultivadores, que eran moitos e tiñan moita forza, e de rentistas poderosos. Estes últimos teñen capitais, pero fan pazos e igrexas, pero non invisten en empresas porque o que buscan non é o futuro, senón a pervivencia do pasado.

Vostede vai desenvolver o seu talento na Real Academia. Pode comentar as iniciativas que porá en marcha?

Entendo que me elexiron para reforzar a sección de Historia. Seica hai pendentes traballos de onomástica e de procura de textos en galego da época moderna. Hai cousas interesantes neste terreo. Fernando Bouza descubriu algo que non coñeceiamos, que é unha petición de permiso para publicar obras en galego a comezos do século XVII. A censura debía avalialos. Aprobou un deses.

É logo posible que apareza o orixinal que avaliou a censura?

Podería, pero non aparece.

Sería como atopar o ‘Códice Calixtino’?

Non, máis difícil, porque non sabemos se se conserva. Ninguén está pensando en que o ‘Códice’ foi destruído.

Que opina das medidas de seguridade que tiña?

Se o roubaron foi porque non eran abondas. Houbo un exceso de confianza, certa inxenuidade. Levaba aí setecentos anos e nunca pasara nada.

Que vai tratar no discurso de ingreso?

Algo de historia cultural de Galicia. Pode ser o uso do galego nos pazos e por parte do clero. Nos grandes no se falaba porque os propietarios pasaban moito tempo fóra, pero nos pazos medios usábase moito porque non saían do reino. No caso dos curas, tamén o utilizan porque era o único xeito de entenderse coa xente. Hai sacerdotes que veñen de fóra e se producen anécdotas como as que conta o Padre Sarmiento. Había un cura ao que os paisanos confesaban que‘trevellaban’ moito, no sentido de fornicar. O cura entendía ‘traballar’ e animábaos a facelo sempre que tivesen gañas, aínda que unicamente dúas horas no domingo.

A terceira Festa do Porco Celta da Fonsagrada será o día 12 de novembro

O Concello da Fonsagrada e a asociación de criadores de porco celta (Asoporcel) ultiman os preparativos da terceira edición da Festa do Porco Celta, que se celebrará o día 12 de novembro.

Un dos atractivos do evento será a exposición de exemplares de porco celta cedidos polo colectivo organizador para que os asistentes poidan coñecer de primeira man as características desta raza autóctona galega.

A Praza do Museo fonsagradina acollerá tamén unha mostra de produtos cárnicos, aínda que está por determinar se se instalará en pallozas habilitadas para a ocasión -como na edición anterior- ou baixo unha carpa.

Os restaurantes da localidade terán tamén un papel destacado no festexo, xa que ofrecerán menús a base de derivados de porco celta. Estes animais se crían en semilibertad e aliméntanse só con produtos naturais.

viernes, 21 de octubre de 2011

miércoles, 19 de octubre de 2011

O Festival de Cine de Ourense premia ao IES da Fonsagrada


Alumnos e profesores do instituto da Fonsagrada premiados onte en Ourense (Foto: EP)

Un grupo de alumnos e docentes do IES Fontem Albei, da Fonsagrada, resultou onte premiado no Festival Internacional de Cine de Ourense, dentro da sección OUFF Escola -na categoría dirixida a estudantes de secundaria-, por unha curtametraxe sobre a figura do desaparecido escritor Lois Pereiro, ao que este ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas.

En concreto, esta obra audiovisual, unha das tres presentadas a concurso polo instituto fonsagradino, levou o galardón ao mellor guion nunha convocatoria de gran prestixio, na que participaron 60 proxectos elaborados por 20 centros educativos de toda a comunidade galega.

Os promotores do curto ‘Lois Pereiro' foron os profesores Evaristo Pardeiro, Sabela Figueira e Rubén Pol, quen ao longo do curso traballaron cun grupo de alumnos de secundaria e bacharelato na elaboración da curtametraxe premiada onte no Festival de Cine de Ourense. á cerimonia de entrega do galardón asistiu unha vintena de docentes e alumnos do IES fonsagradino.

Segundo explicaron os profesores que impulsaron o proxecto, para reflectir os episodios máis destacados da vida e obra de Lois Pereiro optaron por simular un informativo televisivo coa presenza de dous presentadores e varios reporteiros, papeis todos eles interpretados por alumnos, que achegaron datos sobre o escritor monfortino desde distintos espazos do instituto.

Os outros dúas curtametraxes presentadas polo IES Fontem Albei ao OUFF Escola non levaron premio nesta ocasión, aínda que un deles, ‘Biblioman', que narra as aventuras e desventuras do encargado dunha biblioteca escolar, xa recibiu este mesmo ano o premio do público no Festival Audiovisual Olloboi, celebrado en Boiro.

Ante estes éxitos cultivados, os profesores que tutelaron a creación destes proxectos premiados xa traballan en novos curtos co obxectivo de achegar o mundo audiovisual á comunidade escolar.

lunes, 17 de octubre de 2011

Un congreso tratará na Fonsagrada desde entomoloxía ata astronomía


14/10/2011 - Francisco García / El Progreso (Lugo)

O case medio milleiro de profesores de Ciencias que se reunirán na Fonsagrada do 17 ao 19 de novembro abordarán un considerable número de temas relacionados coa Ciencia, desde a entomolxgía (estudos sobre os insectos) á astronomía, pasando por cuestións como as centrais nucleares. Acudirán científicos de toda Galicia, norte de Portugal e doutras comunidades españolas como Cataluña.

A Fonsagrada acollerá a vixésimo cuarta edición do Congreso Enciga, que se celebra cada ano nunha localidade española. O evento foi presentado onte no instituto da localidade, polos seus organizadores, entre os que se atopa a directora do centro, Beatriz Fernández, e autoridades, como o alcalde da localidade, Argelio Fernández.

No congreso participarán especialistas como Javier Guitián, catedrático de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC); María Martínez, profesora da Universidade de Burgos ou José Vázquez Tato, catedrático de Química. de Santiago.

Segundo explica Beatriz Fernández, o obxectivo é un intercambio de coñecementos e de programas sobre actividades científicas, que implican aos docentes e que servirán para facilitar os seus traballos nas clases que imparten aos seus alumnos.

Rutas

O congreso científico non servirá exclusivamente para isto, senón que os organizadores pretenden que os participantes visiten as zonas máis interesantes desta zona da Montaña lucense.

En concreto, están previstas rutas guiadas por distintos puntos da comarca.

Visitarán o museo etnográfico da Fonsagrada, empresas cárnicas da zona, varias zonas do Camiño Primitivo a Santiago que atravesa A Fonsagrada, Santa Eulalia de Oscos, Grandas de Salime, onde hai un museo etnográfico e a central hidroeléctrica; a fervenza de Vilagocende e Negueira de Muñiz.

No programa, tamén se contempla facer unha excursión de Cereixido a Lamas de Moreira, onde se atopa unha das igrexas románicas máis interesantes da zona. Tamén está previsto visitar a medoña de Portelilla.

Beatriz Fernández destaca que «o noso obxectivo con este congreso é compaxinar a ciencia coa natureza. As paisaxes máxicas, a xente acolledora e unha excelente gastronomía tradicional, que serán o complemento perfecto á moitísima ciencia da que poderemos gozar nas relatorios, exposicións, conferencias, debates e talleres».

O 'Catálogo de árbores senlleiras' ten 11 novos exemplares de Lugo


14/10/2011 - F.G. / El Progreso (Lugo)

A Consellería de Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, acaba de aprobar a introdución doutros once exemplares da provincia de Lugo no ‘Catálogo de árbores senlleiras'.

Trátase de árbores que pertencen aos municipios do Saviñao, Foz, Xermade, Castro de Rei, Cervantes, Quiroga, A Fonsagrada, Baleira e Carballedo.

No Saviñao, inclúese un exemplar de nogueira, situado en Licín; en Cangas de Foz, unha moreira negra; en Xermade, un carballo en Freán; en Castro de Rei, o carballo de Luxís, en Pacios, e un teixo, en Balmonte; en Cervantes, dous carballos, en Cabanavella; en Quiroga, un teixo, en Cereixido; na Fonsagrada, outro, en Carballido, e en Baleira, outro máis, en Fontaneira. Ademais, o novo catálogo da Consellería de Medio Rural cualifica como árbores singulares unha devesa, situada no lugar de Cartelos, no municipio de Carballedo.

En total, en toda Galicia, son catalogados máis de medio centenar de árbores senlleiras.

Lexislación

A lexislación galega contempla desde o ano 2007 esta catalogación de árbores que, pola súa singularidade ou antigüidade, poden ser consideradas especies especiais e establece unha serie de medidas de protección para poder protexelos de calquera tipo de actuación que lles resulte prexudicial.

Para introducir unha árbore nesta catalogación pode ser a propia Consellería de Medio Rural a que tome a iniciativa, aínda que a lexislación tamén contempla a posibilidade de que os trámites se inicien por proposta dun particular.

é a Dirección Xeral de Conservación dá Natureza a que decide se os exemplares en cuestión reúnen as condicións para ser rexistrados no catálogo.

Parlamento e Congreso bloquearon a creación de máis encoros no Navia


16/10/2011 -

Sendas resolucións no Parlamento galego e no Congreso parecen acabar coa vella ameaza da creación dun encoro no río Navia, que afectaría a terreos dos municipios lucenses de Navia de Suarna e A Fonsagrada e do concello asturiano de Ibias.

A forte oposición veciñal logrou frear o proxecto orixinal, do ano 1951, no que se prevía incluso o anegamiento da vila de Navia de Suarna. Tras ser modificado varias veces nas décadas seguintes, a empresa concesionaria volveu presentalo en 2008, aínda que o informe de impacto ambiental foi desfavorable.

No seu último proxecto, a promotora, Saltos de Navia, expuxo a construción dunha presa á altura da Fornaza, na Fonsagrada, e a maioría dos terreos alagados -non afectaría a territorios habitados pero si a espazos de gran riqueza natural- pertencerían a ese municipio.

Cando a comezos do ano pasado a empresa presentou o estudo de impacto ambiental do proxecto, os gobernos locais de Navia e A Fonsagrada expresaron o seu rexeitamento ao documento e presentaron alegacións ao mesmo.

Tras recibir o apoio de organismos como a Deputación de Lugo á súa demanda, os concellos viron tamén apoiada a súa pretensión de dar carpetazo ao proxecto tanto no Parlamento galego como no Congreso dos Deputados.

Estas institucións adoptaron resolucións similares, a autonómica en maio de 2010 e a estatal en marzo deste mesmo ano, polas que ambas as cámaras se opuxeron á construción de máis encoros no río Navia, ao considerar que novos proxectos implicarían unha sobreexplotación da canle fluvial.

viernes, 14 de octubre de 2011

INSULTOS EN GALEGO

En Galicia temos moitas verbas para o insulto. Se che soa algún na Fonsagrada faimo saber a través do correo electrónico. Clickea aqui

''Púidenlle deixar unha fermosa familia'


ORIXE. Os fillos de Urbano na Fonsagrada: Os fillos de Urbano López Fernández -Rodolfo López Luppo e Mariana López Luppo- diante da casa consistorial da Fonsagrada, nunha visita que efectuaron en 2001. Na aldea das Cancelas carecen de familiares de primeira e segunda xeración.
RAÍCES PATERNAS. Os familiares do fonsagradino represaliado, en Santa Eulalia de Oscos: Os fillos do fonsagradino represaliado Urbano López Fernández -xunto á nai á esquerda da imaxe- nunha visita aos seus primos de Santa Eulalia de Oscos, donde naceu o pai adoptivo do desaparecido baixo a dictadura. A nai do cativo orfo casou en segundas nupcias cun irmán do seu marido. A vida desta familia emigrante estivo chea de penalidades en Argentina



10/10/2011 - Froilán Varela / El Progreso (Lugo)

A ditadura de Videla en Arxentina segou a vida do fonsagradino Urbano López en 1976. O seu cadáver acaba de ser identificado e é a segunda vítima española da represión arxentina recoñecida. Morreu sen saber que a súa esposa esperaba o seu segundo fillo. ela e a súa filla evocan a un home «comprometido cos seus ideais».

O bebé lisa chorou para anunciar que o sangue do fonsagradino Urbano López Fernández perpetuábase. é a súa neta, filla da primoxénita do represaliado pola ditadura militar de Videla en Arxentina. A pequena naceu hai semanas, xusto cando a nai coñeceu que o cadáver do seu pai fora identificado ao fin, 35 anos logo da súa desaparición.

Lisa é a nena de Mariana López Luppo, a filla do fonsagradino Urbano López, cuxo pai foi detido cando ela tiña 11 meses. O círculo complétase: o neno orfo das Cancelas, na Fonsagrada, levado á emigración pola súa nai Rosario, ten a súa merecida sepultura de ser humano e o seu ADN segue vivo.

A súa viúva María del Carmen Luppo, de 63 anos, que participou con el na loita social, recorda cunha voz serena a súa historia de perda, silencio e tristeza durante 35 anos: «A miña gran satisfacción é que lle puiden deixar unha fermosa familia. Logrei sacala adiante e conseguir que os seus fillos lle queiran coma se el estivese presente».

«Estou orgullosa de poder criar a Rodolfo -o neno que levaba no seu ventre cando detiveron ao seu marido- e de que, xunto á súa irmá, sexan persoas de ben», di Carmen Lupo, unha nai que sacou adiante á súa familia a pesar de ser perseguida pola ditadura militar. ela transmitiu aos seus fillos, Mariana e Rodolfo, os valores do seu pai, «os seus principios, honestidade e laboriosidad».

Cando o Equipo de Antropoloxía de Arxentina identificou, grazas ao ADN, o cadáver do seu marido nunha fosa individual, a súa esposa respirou ao fin tranquila: «Sentín un gran aliviou, porque me pasou 35 anos pensando como fora a súa morte».

Un sentimento similar albergou a súa filla Mariana López Luppo: «Os milagres existen. Teño un peso menos e péchase un ciclo».

«Foi algo moi forte, impactante, soubemos algo de como morreu, de que fora enterrado nunha fosa única, é dicir, o seu corpo estaba coidado sen que se mesturasen os restos co doutros represaliados», apunta a filla.

O fonsagradino das Cancelas emigrou a Arxentina con dous anos. Na Fonsagrada só ten familiares de terceira xeración e a súa casa natal está derruida. As súas outros vínculos de liñaxe están en Santa Eulalia de Oscos (Asturias), de onde foi o seu pai adoptivo, e onde conserva primos.

A nai de Urbano sacouno adiante traballando na limpeza dunha fábrica química. O emigrante da Montaña afiliouse de mozo ás Mocidades Peronistas e traballou para dotar de auga a barrios pobres, na alfabetización e na catequese de desfavorecidos. No grupo parroquial de acción católica, vinculado con ideas de esquerdas, coñeceu á súa futura muller.

A súa viúva defíneo como unha persoa moi comprometida: «Non podía desenvolverse e sentirse feliz se había pobreza e diferenzas sociais á súa ao redor».

«Quería facer algo -continúa María del Carmen Luppo- e non dicilo. Ansiaba axudar aos seus semellantes no que podía».

O fonsagradino Urbano López Fernández estudou Ciencias Económicas e deixouno para formarse en asistencia social.

A viúva Carmen Luppo considérao un home valente e fiel aos seus valores: «Él fixo todo o que puido convencido de que estaba ben. Nunca pensou en exiliarse. Asumiu o que cría ata as últimas consecuencias».

Secuestro

Os militares de Videla asasinárono cando tiña 28 anos, logo de secuestralo na casa onde se ocultaba e onde, por sorte, non se atopaban entón a súa muller e a súa nena.

A filla de Urbano López Fernández, Mariana, vive en Barcelona, onde está casada. A súa nai María del Carmen e o seu fillo Rodolfo residen en Arxentina. María del Carmen está agora na cidade condal axudando á súa filla no coidado de Lisa, a neta do represaliado que saíu á luz só cando o seu avó achou a paz.

A última visita da familia do represaliado á Fonsagrada foi no ano 2001. O alcalde ten vínculos afastados con eles.

NO RECORDO
Homenaxe prevista en Arxentina

A familia de Urbano López faralle unha homenaxe en Arxentina no barrio onde viviu e no que desenvolveu o seu labor social, Vila Bosch.

Cadáver custodiado

O cadáver de Urbano López, sen recoñecer, foi exhumado do cemiterio onde estaba en 1984, ao finalizar a ditadura de Videla, polo Equipo de Antropoloxía Forense de Arxentina. Estivo custodiado 25 anos polo xulgado antes de que lle puidesen practicar as probas de ADN, por falta de medios.A embaixada española en Buenos Aires celebrou un acto recentemente para dar a coñecer a súa identificación.

Medio milleiro de docentes de Ciencias reúnense na Fonsagrada


Ao redor de medio milleiro de profesores de ciencias participarán entre os días 17 e 19 de novembro nun congreso na Fonsagrada no que os docentes presentarán investigacións sobre a materia e intercambiarán información co fin último de mellorar a calidade do ensino nese campo. Ademais, outro dos obxectivos do encontro será achegar o mundo da ciencia á cidadanía.

O simposio, que terá por escenario o IES Fontem Albei, está promovido por Enciga, un colectivo que agrupa a docentes de Matemáticas, Bioloxía, Xeoloxía, Física, Química e Tecnoloxía dos centros educativos galegos non universitarios.

Entre os asistentes ao foro fonsagradino figurarán tamén profesores chegados doutras comunidades autónomas e do norte de Portugal.

Desde a entidade organizadora resaltaron a idoneidade do escenario elixido como sede para o congreso ao recordar que este ano se celebra O Ano Internacional da Química e o Ano Internacional dos Bosques, polo que desde Enciga considérase que levar o foro a un espazo natural como o que constitúe A Fonsagrada, cuxo territorio forma parte da reserva da biosfera Eo-Oscos-Terras de Burón, é unha boa forma de conmemorar ambas as efemérides.

Propostas varias

Segundo explicaron os organizadores, que están a ultimar a programación dun congreso que este ano alcanzará o seu vixésimo cuarta edición, durante os tres días de celebración do evento desenvolveranse desde conferencias e debates ata talleres e exposicións, actividades todas elas que sempre terán como eixo central o mundo da ciencia.

Ademais, esta proposta combinarase no programa do simposio cunha vertente máis lúdica, na que se incluirán desde actos sociais, como unha recepción aos participantes ou unha cea de confraternidade, ata visitas guiadas para coñecer lugares de interese.

jueves, 13 de octubre de 2011

FIGARO O CABALO DA MIÑA FILLA







martes, 4 de octubre de 2011

Finalizado na Fonsagrada a ponte de Freixo



A Deputación de Lugo finalizará a principios da próxima semana as obras de construción da nova ponte de Freixo, na Fonsagrada.
O organismo provincial iniciou está actuación despois de que as intensas choivas de marzo provocasen o derrubamento parcial da antiga infraestrutura de pedra que comunicaba 28 accesos rurais das parroquias de San Pedro de Río e San Xulián de Freixo, con máis de 250 veciños afectados.
As obras contan cun orzamento de 135.000 euros e xa foron adxudicadas hai algúns meses. Atrasáronse na data de inicio pola necesidade de esperar a que o caudal de río estivese baixo para poder comezar cos traballos.
Durante a realización das obras o organismo provincial habilitou un paso provisional consistente nunha plataforma de formigón armado situada xunto á estrutura danada. Unha vez que se avaliou a situación e os danos causados polas choivas, a Deputación acordou construír unha nova ponte sobre tres vigas de formigón, cunha lonxitude de 12,5 metros por seis metros de ancho, características moi superiores ás que presentaba o anterior acueducto.
Obras do canon de guntín
A Deputación tamén finalizou recentemente todas as actuacións a cargo do canon no concello de Guntín. Con esta iniciativa, que contou cun orzamento de 243.000 euros, executáronse diversas obras na localidade.
Mellorouse o abastecemento municipal de auga, substituíndo os antigos tubos e acondicionáronse varios accesos a núcleos rurais. Ademais, actuouse unha parcela de titularidade municipal situada na parte posterior da casa da cultura do municipio. Este espazo que se atopaba en desuso, foi convertido nunha praza de utilidade pública mediante a colocación de pavimento, unha zona de céspede e unha rampla acondicionada para mellorar o acceso ao novo espazo municipal.

Un fonsagradino, segundo español identificado en Arxentina como vítima da ditadura xxx, O emigrante traballaba como contable mentres estudaba









Urbano López Fernández, fonsagradino natural da parroquia de San Andrés de Logares, é o segundo español desaparecido durante a ditadura arxentina (1976-1983) cuxos restos foron identificados grazas a análises xenéticas realizados polo Equipo Arxentino de Antropoloxía Forense (EAAF)
Nacido en 1948, Urbano chegou a Arxentina con só dous anos xunto á súa nai viúva, que casou de novo e instalouse en Buenos Aires. A súa nai Rosario Fernández foi oriúnda das Cancelas, en San Andrés de Logares, e casouse inicialmente con José López, de Santa Eulalia de Oscos (Asturias), e, ao morrer o seu esposo, contraeu matrimonio en segundas nupcias cun irmán do seu defunto, o seu cuñado Balbino.
En Santa Eulalia de Oscos a noticia de que os restos de Urbanos, achados nunha fosa, foran identificados, foi recibida cunha alegría serena. O seu primo Antonio López Ferreiro indicou respecto diso: «Atópome reconfortado de que ao fin o seu corpo poida descansar en paz. Sabía que faltou e que nunca se achou nin vivo nin morto». Na Fonsagrada o desaparecido Urbano López Fernández ten familiares afastados. Entre eles o propio alcalde fonsagradino, Argelio Fernández Queijo, posúe vínculos con el, pois o seu avó e o do asasinado polos militares eran irmáns.
O desaparecido fonsagradino comezou a súa actividade política nos anos 70 e foi secuestrado o 16 de decembro de 1976, deixando á súa esposa embarazada e un bebé de poucos meses. Él faleceu aos 28 anos, pero a súa muller María del Carmen Luppo e os seus dous fillos, Mariana e Rodolfo López Luppo, xunto aos seus netos aínda viven. A súa viúva e a filla residen en Barcelona.
Urbano foi asasinado o 31 de decembro de 1976, apenas dúas semanas logo do seu secuestro, xunto a outros catro detidos no cuartel da Tablada das aforas de Buenos Aires.
Os corpos dos cinco foron arroxados á rúa e posteriormente enterrados nunha fosa común no cemiterio da localidade bonaerense de Xeneral Villegas.
Os exames xenéticos realizados polo Equipo Arxentino de Antropoloxía Forense permitiron identificar o corpo 35 anos despois e confirmar que a súa morte non se produciu durante un enfrontamento coa policía -como se intentou facer crer no seu momento-, senón que os cinco foron asasinados, explicou onte Mercedes Salgado, membro do EAAF.
Ademais, grazas á identificación de Urbano López púidose confirmar a identidade doutro dos desaparecidos, José Reinaldo Riso, e trabállase nun terceiro.
«Os desaparecidos seguen axudando a atopar ao resto. Cada identificación abre o paraugas para os que están ao redor», afirmou Salgado.
Organizacións de Dereitos Humanos estiman que case un centenar de cidadáns nacidos en España e máis de douscentos de orixe española desapareceron durante a ditadura militar arxentina. Manuel Coley Carballos, nacido en Barcelona o 29 de xuño de 1934, foi o primeiro desaparecido español identificado
A identificación de Urbano, anunciada durante unha homenaxe aos desaparecidos españois baixo a ditadura militar arxentina, foi posible grazas ao cotejo de mostras de sangue dos fillos da vítima.


O emigrante traballaba como contable mentres estudaba

En 1976, Urbano López Fernández traballaba en Arxentina como auditor contable, mentres completaba os seus estudos de asistencia social. O 16 de decembro, antes de saír ao seu centro de traballo, foi secuestrado por un numeroso grupo armado que, en dous vehículos medianos, cargaron mobles e obxectos de valor. Esa mañá de decembro foi a última en que a súa muller María del Carmen e a súa filla Mariana vírono. Seis meses despois nacería o seu segundo fillo, Rodolfo.
A Fonsagrada
Na Fonsagrada coñece a súa historia Ronsel Lucía Fernández Álvarez, unha arxentina fincada na Montaña lucense desde fai 30 anos, e que tamén perdeu en Arxentina, vítima da ditadura militar, ao seu irmán, José Nicasio Fernández Álvarez, dunha idade similar á de Urbano. Os pais de Ronsel son galegos.
«A identificación paréceme un avance moi importante, porque todos estamos a desexar saber deles. é unha traxedia, conmociónache, pero ansías ter a resposta definitiva», di a fonsagradina de adopción.
A tráxica historia de Urbano López Fernández e doutros compatriotas figura no libro ‘Desaparecidos españois en Arxentina', do que é autor Lois Pérez Neira. A identificación do fonsagradino achega actualidade ao ensaio.

Una ganadería sarriana vendió la vaca más grande de Galicia



Fue comprada por una empresa monfortina, que pagó 8.000 euros


La vaca de raza rubia más grande de Galicia, fue vendida por una ganadería Sarriana a una empresa monfortina especializada en carnes de alta calidad. La res, que alcanzó los 1.400 kilos de peso, fue criada en la explotación Hermanos Montero López, de la parroquia de Albán.
Pastora, nacida hace siete años, tiene una altura de 1,60 metros, uno de ancho y tres de envergadura. Es de raza rubia gallega pura y lleva dos años sin gestar. Fue comprada por la empresa monfortina Gutrei Galicia, que pagó 8.000 euros para destinarla a carne. Durante estos últimos años participó en numerosas exposiciones y concursos, consiguiendo más de cinco premios en los certámenes de Paradela, Adai, Sarria, O Páramo y A Fonsagrada.
Con respecto a la empresa compradora, Gutrei Galicia, fue fundada hace cuatro años por los hermanos José Manuel y Miguel Ángel Gutiérrez, que ya tenían una experiencia de 15 años como trabajadores de otra cárnica. Está especializada en carnes de calidad muy alta, que buscan por mataderos de las cuatro provincias y la comercializan envasada.
Hace meses Gutrei compró el considerado último par de bueyes de Galicia, por los que pagó 18.000 euros. Los chuletones de estos animales fueron destinados a restaurantes de lujo del País Vasco, que figuran entre sus clientes.
Tanto en el caso de los bueyes como de esta vaca, el alto precio se debe a su escasez y a que son animales que requieren un largo proceso, con una alimentación natural y crianza en libertad. El resultado es una carne oscura, veteada y con un sabor muy distinto.