jueves, 26 de diciembre de 2013

O instituto da Fonsagrada recibe o premio da Xunta á innovación educativa

 26/12/2013 - Sergio López / El Progreso (Lugo)
 Os alumnos de Secundaria do IES Fontem Albei da Fonsagrada comezaron as vacacións de Nadal cun prematuro e inmellorable agasallo, a Xunta recoñeceu o traballo realizado durante o curso 2012-2013 conc
Alumnos do IES Fontem Albei que participaron nas experiencias didácticas. (Foto: EP)
edéndolles o premio á innovación educativa. Este galardón, valorado en 3.000 euros e que se outorga a centros financiados total ou parcialmente con fondos públicos, avalía o esforzo realizado pola comunidade educativa para fomentar a aprendizaxe mediante experiencias didácticas fóra da aula.
Entre os traballos que lles fixeron merecedores do premio, estiveron un percorrido polas rutas fluviais do municipio para coñecer a fauna e a flora próxima aos ríos ou, máis recentemente, o lanzamento dun globo de papel á atmosfera. Este segundo, que emulou a tradicional cerimonia que cada ano se celebra en Betanzos, na Coruña, foi un acto simbólico co que os mozos mostraron o seu rexeitamento á violencia de xénero, escribindo mensaxes no globo a favor da igualdade entre homes e mulleres que logo percorreron o ceo da Fonsagrada.
Un proxecto para fomentar as competencias
O recoñecemento ao IES Fontem Albei é unha mostra da liña que seguirán as políticas educativas europeas nos próximos anos. Actualmente, este instituto traballa xunto a outros oito colexios galegos nun proxecto piloto a nivel rexional co que se pretende coñecer a efectividade da aprendizaxe práctica de competencias básicas. A técnica, segundo indican desde o centro educativo, ten gran éxito.

miércoles, 25 de diciembre de 2013

A Xunta inviste 102.000 euros na reforma da escola fogar da Fonsagrada



21/12/2013 - El Progreso (A Fonsagrada)
A Xunta de Galicia investiu 102.415 euros na remodelación da antiga escola fogar da Fonsagrada. As obras acabaron esta semana e o seu financiamento realizouse con cargo ao Fondo de Comprensación Ambiental.
Os traballos realizados neste edificio, que actualmente alberga na súa planta baixa unha gardería, afectaron á cuberta e á estrutura interior.

miércoles, 4 de diciembre de 2013

Palomero ve posible que o oso se asente en Negueira




 01/12/2013 - Sergio López / El Progreso (Lugo)
A presenza do oso na montaña lucense converteuse nun acontecemento. Nos últimos anos é máis ou menos habitual velo acudir á comarca dos Ancares ou A Fonsagrada para obter alimento. Por iso onte, Guillermo Palomero, experto neste tipo de fauna e presidente da Fundación Ouso Pardo, ofreceu unha charla para falar das poboacións que se asentan nas zonas de Asturias e León limítrofes coa provincia de Lugo. Segundo dixo, o feito de que haxa cativas que fan incursións en Negueira ofrece posibilidades de que, nos próximos anos, poida haber asentamentos na zona.
Este municipio, integrado no plan de recuperación do oso pardo, sería xa que logo un novo reduto para unha especie aínda incipiente na comarca. Segundo o experto, este plan busca «ofrecerlle novos espazos de desenvolvemento e converter o municipio nun corredor protexido para o oso».

''Aos 14 anos fun para Madrid pintar carteleiras de cine''




 03/12/2013 - Pilar Cheda / El Progreso (Lugo)

Víctor Lombardía, xefe da agrupación de Protección Civil da Fonsagrada / 63 anos

VÍCTOR LOMBARDÍA cumpre hoxe 63 anos e leva 16 ao frente da agrupación de Protección Civil da Fonsagrada. Desde 1997 desempeña esta función de xeito voluntario, actividade que compaxina coa de pintor porque «de algo hai que vivir».



Naceu en Becerreá nunha familia grande. Conta que arredor da pota do caldo que facía a súa avoa xuntábanse moitas veces 30 persoas. Aos 14 anos, un coñecido viu os debuxos que facía e recomendoulle aos pais que o mandasen para Madrid porque o rapaz tiña talento. «Aquí non había traballo e fun probar sorte. Axiña me colleron nunha empresa que pintaba as carteleiras dos cines», relata. Botou oito anos e medio debuxando aos actores máis coñecidos da época. Lembra con detalle escenas de ‘Perros de paja’ ou de ‘Dos mulas y una mujer’. «Poñíannos un avance da película, os máis expertos tomaban apuntes e facíase o debuxo», explica.