lunes, 30 de julio de 2012

XATA ASADA NA VEIGA DE LOGARES (FOTOS JM BUSTELO)







A crise do sector lácteo propicia o peche de dez granxas por semana

 

 

Os prezos medios en orixe áchanse agora por baixo do 2001, cando existía a peseta

 
30 de xullo de 2012
Só durante o último ano deixaron a actividade produtora de leite en Galicia máis de medio milleiro de explotacións, unhas 529, azoutadas na súa maioría por unha grave crise de rendibilidade, na que conflúen uns baixos prezos en orixe e un encarecemento dos custos de produción pola subida do gas oil e os pensos. Unha cifra nada desdeñable e que supón que, en doce meses, a crise do sector fixo que desaparecesen unha decena de granxas por semana. Galicia contabiliza agora unhas 10.648 explotacións, tres veces menos das que había hai dez anos.




Gran parte dos peches que se produciron desde o ano 2000 obedecían á inviabilidade de pequenas granxas familiares, pouco modernizadas e pouco competitivas, algo que xa non ocorre dun tempo para acó. Quen pechan agora son gandeiros con explotacións dimensionadas, que investiron en medios e que compraron cota. E agora, sobreendeudados, non son capaces de manter a rendibilidade dunhas granxas que apenas dan para pagar salarios e soster os custos básicos. Ese é o drama diario ao que se enfrontan gran parte das pouco máis de dez mil explotacións que subsisten e que afrontan graves problemas de liquidez, o que disparou a morosidade en toda a economía rural.
Este mes, os gandeiros cobran o leite entregado en xuño a un prezo medio de 0,285 euros o litro, entre dous e tres céntimos menos que a media do Estado e a un valor inferior ao do 2001, antes da entrada do euro. A cotización en orixe tamén está agora por baixo da que se rexistraba no verán do 2009, cando se desatou unha protesta masiva do campo en toda Galicia. Só no que vai de ano rexistráronse xa catro baixadas.
O campo como refuxio
Se se analiza a evolución de explotacións da última década obsérvase que hai descensos acusados en anos de menor crise. Iso explícase polo proceso de reconversión natural de pequenas granxas familiares, sen substitución xeracional, pero tamén outro factor: a grave crise do emprego urbano. «Hai mozos parados da construción ou dos servizos que volven da cidade á explotación, granxas que se están mantendo por subsistencia familiar, sen moito percorrido, pero que aguantan; iso explica que o peche de explotacións non sexa aínda máis acelerado dadas as graves condicións actuais», precisa Javier Iglesias , portavoz de gandería de Unións Agrarias. Os gandeiros afrontan agora tamén un problema que arrastran desde hai tempo. Unhas relacións comerciais coas industrias que os teñen atenazados. É dicir, atópanse con graves problemas para cambiar de empresa. E case todas ofrecen ademais o mesmo prezo en orixe.
Expediente
Isto empuxou á Comisión Nacional da Competencia a abrir un expediente sancionador contra nove compañías -entre as que non están Celta e Río e si Capsa, Lactalis, Danone, Nestlé, Puleva e Pascual- por prácticas restritivas e posible concertación de prezos. Un proceso sobre o que non se pronunciou oficialmente a Federación Nacional de Industrias Lácteas (Fenil), aínda que si algunhas compañías, apelando á súa inocencia.
Mentres tanto, en Galicia, nunha iniciativa sen precedentes, os tres sindicatos con representación no campo (XX.?AA., UU.?AA. e o SLG) emprenderon unha campaña polas comarcas para sensibilizar á cidadanía. Unha estratexia que conta co apoio de alcaldes de todos os partidos das comarcas produtoras, como é o caso de Arzúa, Melide ou Ordes, onde se están rexistrando perdas millonarias que pon en xaque todas as economías desas zonas. As organizacións agrarias ameazan con endurecer o calendario de mobilizacións, mentres os gandeiros agardan a que, definitivamente, as organizacións de produtores poidan negociar prezos coas industrias (o que lles daría unha posición de maior forza) e a que se instaure o contrato homologado, de forma que o granxeiro saiba a que prezo cobra o mes seguinte o leite que entregou o anterior.

CARTEL INDICADOR ANTIGUO CAMPO DE FUTBOL DE ROBLEDO E VILARDIAZ (DECADA DOS 60)


flores en robledo





CALABACIN DE VILARDIAZ


domingo, 29 de julio de 2012