28/09/2012 - Pilar G. Cheda / El Progreso (Lugo)
A Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo descarta actuar
este ano na casa de Pasarín, que adquiriu na Fonsagrada en 2008 para
crear un albergue de peregrinos que dea servizo ao Camiño Primitivo.
Fontes da Xunta aseguran que «a obra podería entrar no orzamento do plan
de albergues do ano 2013», pero que dependerá da disposición
orzamentaria e das necesidades do resto das rutas xacobeas.
O edificio que acollerá o albergue, coñecido como casa de Pasarín ou de Peñamaría, está situado no centro da Fonsagrada e catalogado como ben de protección integral. A súa deterioración foi en progresión nos últimos anos, pois non se rexistraron actuacións significativas para a conservación da súa estrutura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario