26/12/2013 - Sergio López / El Progreso (Lugo)
Os alumnos de Secundaria do IES Fontem Albei da Fonsagrada comezaron
as vacacións de Nadal cun prematuro e inmellorable agasallo, a Xunta
recoñeceu o traballo realizado durante o curso 2012-2013 conc
edéndolles o
premio á innovación educativa. Este galardón, valorado en 3.000 euros e
que se outorga a centros financiados total ou parcialmente con fondos
públicos, avalía o esforzo realizado pola comunidade educativa para
fomentar a aprendizaxe mediante experiencias didácticas fóra da aula.
Alumnos do IES Fontem Albei que participaron nas experiencias didácticas. (Foto: EP) |
Entre os traballos que lles fixeron merecedores do
premio, estiveron un percorrido polas rutas fluviais do municipio para
coñecer a fauna e a flora próxima aos ríos ou, máis recentemente, o
lanzamento dun globo de papel á atmosfera. Este segundo, que emulou a
tradicional cerimonia que cada ano se celebra en Betanzos, na Coruña,
foi un acto simbólico co que os mozos mostraron o seu rexeitamento á
violencia de xénero, escribindo mensaxes no globo a favor da igualdade
entre homes e mulleres que logo percorreron o ceo da Fonsagrada.
Un proxecto para fomentar as competencias
O recoñecemento ao IES Fontem Albei é unha mostra da liña que
seguirán as políticas educativas europeas nos próximos anos.
Actualmente, este instituto traballa xunto a outros oito colexios
galegos nun proxecto piloto a nivel rexional co que se pretende coñecer a
efectividade da aprendizaxe práctica de competencias básicas. A
técnica, segundo indican desde o centro educativo, ten gran éxito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario