jueves, 26 de junio de 2014

Mulleres de ferro e lume

 
 
16/06/2014 - Pilar Cheda / El Progreso (A Fonsagrada)
Justa Señor ten 88 anos e Ana Álvarez ten dez. Oito décadas de diferenza e a mesma determinación cando agarran un ferro quente e un martelo. Son ferreiras da Fonsagrada, forxadas aló no alto, cun tempero singular marcado con lume e frío.
 
 



 
 
 
Justa aprendeu a traballar co seu pai cando vivía en Carballido. Era unha mociña e axudáballe a estirar o ferro co que facía ferramentas para traballar no campo. Un martelo de tres quilos non era suficiente para frear a aquela rapaza, a única muller de cinco irmáns e a máis disposta para bater no ferro. «Levantábame así que se vía o día», lembra, porque antes de ir traballar co pai facía as cousas da casa.

1 comentario:

  1. Grazas. Existen poucos testemuños de mulleres dedicadas a esta profesión.

    ResponderEliminar