martes, 2 de febrero de 2016

COMUNICADO DOS ADMINISTRADORES VEIGA DE LOGARES.BLOGSPOT.COM

No ano 2009 empezamos esta andaina. Hoxe é para nós unha grande alegría, superamos por primeira vez as catro mil visitas nun mes. O que empezou como unha argallada temporal, co paso do tempo foise consolidando, e os seus administradores están a iniciar unha nova etapa. Un dos obxectivos non cumpridos foi o de por en marcha unha fototeca na que se puidera reflexar a vida da FONSAGRADA ao longo do tempo, con fotografías dos nosos lectores e seguidores. Volveremos a intentalo, despois de analizar o que fixemos mal e tratar de correxilo para que o poidamos leva-lo a cabo neste 2016

Este blog pretende ser unha fiestra ao mundo das nosas cousas, das boas e das malas. Unha fiestra sen ánimo de lucro renunciando a publicidade e tratando de mantela independencia.

Son tempos duros, nos que tivemos e temos que aprender a convivir coa angustia e o medo que produce a permanente de crise. Non teremos duda, somos un grande país que o mellor que ten son os seus cidadáns, que loitando día a día tratan de sair adiante, con humildade e solidaridade

Co obxecto de mellorar tamén queremos por en marcha unha rede de corresponsales voluntarios en tódalas parroquias que nos relaten o que sucedeu e o que se sucede para que non se perda no tempo.

Non nos queda máis que agradecer de todo corazón a todos vosoutros e vosoutras as vosas visitas, queremos que alí onde haxa un fonsagradino e ou fonsagradina esté esta ventá. Tamén vos damolos gracias por perdoar os nosos erros, que son moitos






No hay comentarios:

Publicar un comentario