miércoles, 4 de mayo de 2011

Lucía Pérez Álvarez preside a asociación de amigos da Fonsagrada

A Asociación de Fonsagradinos e Amigos da Fonsagrada, constituída recentemente, elixiu directiva, que está presidida por Lucía Pérez Álvarez, fonsagradina residente na Coruña.
O posto de vicepresidente ocúpao José Saavedra Arango; o secretario será Xosé María Pedreira Martínez, e o tesoureiro, Benedito Martínez López.
Os vogais da directiva serán Manuel Castelao Queipo, Manuel Regueiro Díaz, Antonio Álvarez Pérez, Raquel Devesa Regueiro, María Veiga Pérez, Paloma Díaz Castroverde, Pedro Viade Méndez, Carlos Lagarón Gómez, Antonio Martínez López, Emilio Lagarón Gómez e Manuel Curiel Fernández.
Os promotores desta asociación indicaron que o seu obxectivo é organizar reunións de confraternidade entre fonsagradinos residentes fóra do municipio, programar actividades culturais e de lecer, divulgar o patrimonio natural e artístico da Fonsagrada e contribuír á dinamización da vida do municipio.
Ao acto de constitución da asociación asistiron 152 persoas que se converteron en socios fundadores, e 98 deles reuníronse posteriormente nunha comida que aproveitaron para rememorar vellos tempos, pois algúns deles facía 30 anos que non visitaban o municipio. O colectivo está aberto a persoas nacidas na Fonsagrada ou que vivan no concello.

No hay comentarios:

Publicar un comentario