jueves, 7 de marzo de 2013

Os nenos da Fonsagrada bautizan á osa Pancha



03 de marzo de 2013 05:00

1Os nenos da Fonsagrada xa teñen mascota. Mediante un taller didáctico organizado no centro escolar sobre a vida do oso, os escolares falaron cos maiores do pobo para saber os costumes do oso hai décadas, cando aínda eran frecuentes polas montañas fonsagradinas. Os nenos aprenderon dos seus maiores por que as colmeas aínda están hoxe valadas con cercados de pedra, para protexelas da glotonería dos osos. E como esa, outras anécdotas sobre os plantígrados que antes abundaban pola montaña e agora xa quedan poucos. Nos últimos tempos viuse con frecuencia pola fronteira co municipio asturiano de Ibias unha osa con dous osiños, que a Fundación Ouso Pardo ten controlados e fotografados. Así que os nenos fonsagradinos, como colofón do traballo, bautizaron á nai e aos dous osiños. Así que de agora en diante, a nai chamarase Pancha, e as crías Peluxa e Nica. E falando de osos e frío, esta semana no colexio da Fonsagrada teñen que utilizar estufas eléctricas porque avariouse a caldeira central, que tiña máis de 30 anos e houbo que adquirir outra, que xa está de camiño. Debido ao seu tamaño os trámites foron complexos e espérase que esta semana chegue e poida ser instalada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario