28/02/2013 - El Progreso (Lugo)
O colexio da Fonsagrada leva sen calefacción desde o pasado luns. Unha avaría grave na caldeira ha inutilizado o sistema de climatización das aulas e profesores e alumnos víronse obrigados a impartir clases en condicións de frío extremo.
Esta avaría coincide coa onda de frío que estes días afecta á provincia de Lugo, que deixou temperaturas baixo cero nas zonas de montaña.
Onte, as clases suspendéronse porque moitos alumnos non puideron chegar ao colexio pola neve e o xeo e os que o lograron volveron ás súas casas ante a imposibilidade de quentar as aulas. Non é posible conectar radiadores porque non hai suficiente potencia eléctrica.
A Xunta dispuxo a solución. é necesario cambiar a caldeira e para iso hai que tirar unha parede, polo que a obra tardará un tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario