viernes, 21 de junio de 2013

O PP pide o arranxo da vía A Fonsagrada-Navia


13/06/2013 - El Progreso (Lugo)
O portavoz do PP da Fonsagrada, Tobías Martínez, critica as obras de reparacion de fochancas que a Deputación comezou na estrada que une o seu municipio con Navia de Suarna. Considera que esta vía necesita unha ampliación e reparación máis completa e pide á institución provincial que a realice canto antes.
Tobías Martínez recorda que, en 2009, o Boletín Oficial da Provincia informou o proxecto de expropiación forzosa dos bens necesarios para comezar as obras de ampliación da estrada, proxectadas polo executivo presidido por Francisco Cacharro. Desde entón aínda non comezaron. Tobías considera que os responsables da Deputación deberían explicar os motivos do atraso.
Considera que o mal estado do firme supón un perigo para os condutores que ven obrigados a transitar por esa estrada.



No hay comentarios:

Publicar un comentario