lunes, 24 de junio de 2013

Unha rebelión que fixo tremer a montaña



23/06/2013 - Pilar Cheda / El Progreso (A Fonsagrada)

En 1991, os fonsagradinos levantáronse contra a Xunta para defender os seus servizos comarcais. Un longo peche, enfrontamentos e determinación tiveron como compensación a paralización do proxecto e demostraron que a unión fai a forza.

Momento da liberación dos tres detenidos e paseo a
 hombreiros dos seus veciños polo pobo (Foto: Pepe Tejero)

Máis de dúas décadas choveron sobre A Fonsagrada desde as mobilizacións que levantaron ao pobo e conseguiron frear a supresión da oficina de extensión agraria e a base de extinción de incendios.
O que a primeira ollada parece unha vitoria dos fonsagradinos sobre o Goberno autonómico ten un transfondo moito máis complicado, con logros e frustracións e tanta unión como división, termos contraditorios, pero posibles nun conflito que require unha análise profunda.
En novembro de 1991, chegou a oídos dos fonsagradinos a intención da Xunta de centralizar os servizos de extensión agraria en Becerreá, así como a existencia dun novo plan de comarcalización que situaba a capital en Meira. Naquel momento, os gandeiros estaban a facer un importante esforzo para modernizar as súas explotacións, incorporouse xente nova aos labores agrarios e tiñan ansias de mellorar para garantir a viabilidade económica do sector. Entenderon este recorte de servizos como unha falta de respecto ao seu esforzo e reaccionaron como a súa dignidade lles indicou: uníndose para defender os seus dereitos.

DETENCIÓNS
Un ano de prisión para tres veciños
Tres veciños da Fonsagrada foron encarcerados tras un polémico pleno no que o alcalde foi atacado con pedras. Pasaron nove días no cárcere e foron condenados a un ano.
José Campos, un dos detidos, recorda con emoción o seu regreso. «Vin un pobo envorcado connosco. Non estou orgulloso da detención, pero nunca me quitou o sono. Volvería actuar igual porque non fixen mal a ninguén, non tirei ningunha pedra, pero colléronme a min como puideron coller a calquera outro».



No hay comentarios:

Publicar un comentario