miércoles, 9 de julio de 2014

A Fonsagrada lánzase á caza de mocidade cun macro festival de picadiscos

 
 

Será esta noite na chaira do Piñeiral, con música, baile e acampada

 
¿Quen dixo que a montaña é só para relaxarse? Na Fonsagrada romperon todos os esquemas e lanzáronse á caza de mocidade organizando esta noite un macro festival de picadiscos que nace con afán de converterse en todo un referente da movida galega. Os artífices desta iniciativa son os hostaleiros Iván, xerente do Disco Pub Cota 960, e Adrián, xerente do Pub Tándem, ademais de Santi, picadiscos residente do Cota 960.
A idea xurdiu, segundo conta Iván, para dar resposta ás demandas da xente nova do municipio, que pedía algún tipo de evento lúdico e musical alternativo durante o verán. A pesar de tratarse dun concello rural e de montaña, a movida non decaeu, segundo explica este hostaleiro: «Aquí tamén vén moita xente nova doutros lugares, da zona dos Oscos, da Pontenova, de Castroverde... hai moito ambiente, e queremos promocionar esta movida nocturna aínda máis». O festival será só o primeiro paso, pois estes mozos queren seguir enriquecendo a oferta de lecer da Fonsagrada con máis espectáculos, sobre todo durante o verán. De feito, están xa pechando novas contratacións.
 
Iván e Santi, dous dos organizadores, na chaira do restaurante O Piñeiral. foto manuel
 
 
 
Cartel de actuacións
Polo que respecta ao festival de hoxe, vai ter lugar na chaira do restaurante O Piñeiral, na estrada que comunica Lugo coa Fonsagrada, á altura do quilómetro 3,900, e comezará a partir das once e media da noite.
Alí instalarán «un gran escenario de quince metros por oito, 20.000 vatios de son, con gogós, animación, espectáculos variados e pinchadiscos de alto nivel», segundo explica Iván. Do cartel forman parte eMe Music e os picadiscos Magan, Charlie e Son1c. A entrada custa 5 euros, incluíndo unha consumición, e as copas serviranse a 3,5 euros.
Ademais, haberá área de aparcadoiro e unha zona de acampada gratuíta no piñeiral para todo aquel que o desexe.
Os hostaleiros están a programar máis actividades para o verán

No hay comentarios:

Publicar un comentario