NOME CASTELAN: Lirón
NOME GALEGO: Leirón / Lirón
NOME CIENTIFICO: Glis Glis
FAMILIA: Gliridae
E unha especie de roedor da familia GLIRIDAE
CARACTERISTICAS
É un pequeno roedor, pero de tamaño considerable en comparación con ratiños e topillos que o home acostuma a observar, chegando a alcanzar unha lonxitude de
13 a 20 cm, máis a cola duns 11 a 17 cm. As orellas miden ao redor de 25
e 32 mm, mentres que os ollos están entre 15'7 e 21 mm. O peso oscila
entre os 75 e 220 g.2
Posúe unha suave pelaxe de cor gris
prateada para o dorso e cola, tornando a un gris escuro, case negro, tan
só unha fina franxa en torno aos ollos. Sendo de cor branca por debaixo
(ao longo de toda a parte inferior). Na súa cara resaltan os seus ollos
(negros, redondos, grandes e saltons), o seu nariz (dun ton rosado) en
medio dun pequeno fociño poboado de longos bigotes, e unhas grandes
orellas que destacan a simple vista. A cola é case tan longa como o
resto do corpo, mesta, toda ela poboada de abundante pelo, formando unha
capa uniforme. As femias teñen doce mamas, ou o que é o mesmo, seis
pares de mamas, presentando dous pectorais, dous abdominais e dous
inguinais
COMPORTAMENTO
Niño de Liron |
Vive en bosques caducifolios ou mixtos nos que predominan árbores adultos. E frecuente tamén nas proximidades de granxas e menormente en parques
Especie de hábitos
crepusculares e nocturnos, é basicamente herbívora. Come follas, xemas,
codias, baias, noces, castañas, sámaras de pradairos, etc. Coa chegada
do inverno provese abundantemente de noces e abelás. En certas ocasións
aliméntase mesmo de bolboretas, e ata ovos e pitos de paxaros.
Escala
con facilidade ás árbores, así como por muros e paredes rugosas. Antes
da hibernación, dende outubro a maio, pode chegar a aumentar o seu peso
considerablemente, chegando mesmo aos 300 gr. Come
de modo incansable, acumulando gran cantidade de reservas. O inverno
pásao no seu tobo, aletargado, sen ningunha actividade e consumindo as
súas propias reservas. Por iso, ao comezar a súa nova actividade en
primavera, sufriu unha considerable diminución de peso. Isto é debido a
que a temperatura corporal normal (35ºC) se rebaixa ata 1ºC, co que o ritmo cardíaco diminúe sensiblemente. Entre respiro e respiro poden transcorrer ata 50 minutos.
Constrúe
o seu niño con podallas, mofos e follas, aínda que tamén pode chegar a
hibernar recubríndose de terra simplemente en calquera terreo.
REPRODUCCION
A cópula lévase a cabo en
verán. O período de xestación é duns 30 días aproximadamente, tras o cal
nacen de 7 a 8 crías que se alimentan da nai durante 4 ou 5 semanas. Ao
cabo delas, os pequenos leiróns grises abren xa os ollos e comezan a
tomar alimentación sólida. Ao cabo de dous meses son capaces de vivir
por si sós.
RASTROS
A) PEGADA.
O pouco peso do lirón fai difícil que marque as súas pegadas, se ben é posible encontrar
estas en substratos idóneos como lama, arxila ou barro, destacando a
forma lonxitudinal do lóbulo posterior do talón. Aínda que pode
prestarse a confusión coa pegada dalgunhas aves (paxaros), na que a
garra posterior pode confundirse co lóbulo alongado do talón das patas
posteriores do leirón Se ben unha e
outra diferencianse en que as aves deixan marcado os 3 dedos na parte
anterior da pegada cunha abertura duns 45º, mentres que no lirón
marcan os 4 dedos agrupados e en ocasións tamén a cola ou rabo, cando
se trata de substrato moi brando como lama ou barro brando.
B) EXCREMENTOS
De cor marrón ou moura, cunha lonxitude duns 0,8 a 1,5 cms.,
no que un dos extremos adoita rematar en punta, con pequenos
retorcementos e característica presenza de quitina, (A quitina é un carbohidrato) a cal non é
apreciable cando só comeu froitos secos.
C) OUTROS RASTROS
Os froitos secos, noces e abelairas e os restos dos frutos o xenero do carballo indican o seu rastro se o analizamos atentamente as súas cascas, xa que adoita comelos polos lados
No hay comentarios:
Publicar un comentario