Gandeiros galegos dos
concellos fronteirizos con Asturias vense penalizados nas axudas
vinculadas ao novo PDR. Ata 5.000 euros ao ano por explotación perderán
ao negarlles Xunta e Principado as axudas polos terreos que teñen en
Asturias. A situación afecta a polo menos 20 explotacións da Fonsagrada,
pero podería haber máis casos noutros concellos.
Aldea da Trapa, na Fonsagrada, dividida polo límite administrativo entre Galicia e o Principado
Os gandeiros galegos de concellos limítrofes con Asturias e con
Castela e León e con fincas nesas comunidades estanse a ver penalizados
nas axudas da Política Agraria Común (PAC) ao negárselles todas as
subvencións vinculadas aos Programas de Desenvolvemento Rural (PDR)
polas fincas que teñen nesas Comunidades, algo que ata este ano non
ocorría.
Esta situación discriminatoria tratouse nunha mesa redonda celebrada o pasado 16 de xuño na Fonsagrada, organizada pola Asociación de Gandeiros da Fonsagrada (Asgafon). Dende esta entidade informan de que este problema afecta, só na Fonsagrada, a polos menos unhas 20 explotacións, a maioría de vacún de carne, pero advirten de que tamén é probable que haxa casos similares noutros concellos fronteirizos da comarca como Negueira de Muñiz, Navia de Suarna ou A Pontenova.
E é que ocupación do territorio non entende de fronteiras, máxime nunha zona na que a ambos lados da división administrativa comparten língua, tradicións e vínculos sociais.
En concreto, as axudas que lles denegaron os gobernos da Xunta de Galicia e do Principado de Asturias son as vinculadas ao novo Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) e para as superficies localizadas en Asturias. Así, non perciben os pagos compensatorios para áreas de montaña; as axudas agroambientais e de clima vinculadas á xestión sustentable dos pastos e as axudas de agricultura e gandaría ecolóxica.
Perdas de ata 5.000 euros ao ano por explotación
O impacto económico desta falta de colaboración administrativa é moi elevado para as rendas dos gandeiros. Segundo os cálculos de Asgafon, “o perdido polas 10 explotacións de Asgafon afectadas supón nun ano un total duns 50.000 euros; e entendendo que os programas dos PDR son de 5 anos, estaríamos falando duns 250.000 euros, e só nestas 10 explotacións”.
Piden que a Xunta e o Principado se poñan de acordo
Ata o ano pasado, estas explotacións gandeiras si cobraron estas axudas a través do Contrato de Explotación Sustentable (CES), asumindo a Consellería do Medio Rural, previo acordo co Principado de Asturias, o pago das axudas por esas superficies. Sen embargo, coa entrada en vigor do novo PDR de Galicia 2014-2020 e a supresión do CES deixaron de percibilas. Segundo os gandeiros afectados, a opción que lles ofrece o goberno asturiano é que teñan un Códido de Explotación Agraria (CEA) en Asturias, algo que na práctica supón trasladar a explotación á comunidade veciña.
Dende Asgafon tamén mantiveron reunións coa Consellería do Medio Rural, pero sen chegar a unha solución. Ante esta situación, os gandeiros convocaron a unha reunión aos responsables dos Programas de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia e de Asturias para intentar achegar posturas e conxuntamente buscar unha solución ao que consideran unha “situación inxusta”.
“As explotacions estamos onde estamos, e parece que estamos en terra de ninguén. Temos as mesmas obrigas e deberes ante a administración (…) e só queremos igualdade, e os únicos que poden amañalo son as administracións públicas de Galicia e de Asturias, que se teñen que poñer de acordo”, esixen dende Asgafon.

“Hai ganderías con ata o 49% da súa superficie en Asturias”Así, é frecuente que haxa explotacións gandeiras con terreos a ambos lados da fronteira administrativa entre Galicia e Asturias. “Temos explotacións que teñen un 5% da súa base territorial en Asturias, pero outras que chegan ao 49%, e este ano non poden cobrar gran parte das axudas por eses terreos situados en Asturias”, explican dende Asgafon.
En concreto, as axudas que lles denegaron os gobernos da Xunta de Galicia e do Principado de Asturias son as vinculadas ao novo Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) e para as superficies localizadas en Asturias. Así, non perciben os pagos compensatorios para áreas de montaña; as axudas agroambientais e de clima vinculadas á xestión sustentable dos pastos e as axudas de agricultura e gandaría ecolóxica.
Perdas de ata 5.000 euros ao ano por explotación
O impacto económico desta falta de colaboración administrativa é moi elevado para as rendas dos gandeiros. Segundo os cálculos de Asgafon, “o perdido polas 10 explotacións de Asgafon afectadas supón nun ano un total duns 50.000 euros; e entendendo que os programas dos PDR son de 5 anos, estaríamos falando duns 250.000 euros, e só nestas 10 explotacións”.
Piden que a Xunta e o Principado se poñan de acordo
Ata o ano pasado, estas explotacións gandeiras si cobraron estas axudas a través do Contrato de Explotación Sustentable (CES), asumindo a Consellería do Medio Rural, previo acordo co Principado de Asturias, o pago das axudas por esas superficies. Sen embargo, coa entrada en vigor do novo PDR de Galicia 2014-2020 e a supresión do CES deixaron de percibilas. Segundo os gandeiros afectados, a opción que lles ofrece o goberno asturiano é que teñan un Códido de Explotación Agraria (CEA) en Asturias, algo que na práctica supón trasladar a explotación á comunidade veciña.
Dende Asgafon tamén mantiveron reunións coa Consellería do Medio Rural, pero sen chegar a unha solución. Ante esta situación, os gandeiros convocaron a unha reunión aos responsables dos Programas de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia e de Asturias para intentar achegar posturas e conxuntamente buscar unha solución ao que consideran unha “situación inxusta”.
“As explotacions estamos onde estamos, e parece que estamos en terra de ninguén. Temos as mesmas obrigas e deberes ante a administración (…) e só queremos igualdade, e os únicos que poden amañalo son as administracións públicas de Galicia e de Asturias, que se teñen que poñer de acordo”, esixen dende Asgafon.
Un exemplo: a aldea da Trapa
A aldea da Trapa, no concello da Fonsagrada, é un claro exemplo desta situación inxusta. Case a metade da aldea e das fincas están dividas pola fronteira administrativa entre Galicia e Asturias. A falta de entendemento entre as dúas comunidades, levou a que a gran maioría das explotacións gandeiras desta aldea non percibisen este ano as axudas vinculadas ao PDR polas fincas que teñen no Principado de Asturias.
Mercedes, unha gandeira de A Trapa, é un exemplo. Posúe un rabaño de 44 vacas de carne e a súa gandería ten unha base territorial dunhas 40 hectáreas, das que 13 están en Asturias. “E por esa superficie -denuncia- só cobramos o pago base, pero ningunha das axudas vinculadas ao PDR , xa que se entende que son axudas rexionais, e ao non haber coordinación entre a Xunta e o Principado este ano non as podemos cobrar”.
“Que culpa temos de vivir onde vivimos e de que haxa fincas nosas que estean divididas entre as dúas comunidades?”, pregúntase Mercedes

“Que culpa temos de que haxa fincas divididas entre as dúas Comunidadades?”Asegura que co anterior PDR de Galicia “si as cobrábamos a través do CES, facéndose a Xunta cargo das axudas pola superficie que tiñamos en Asturias, pero agora co novo PDR dinnos que non podemos acceder a elas, e no PDR de Asturias un dos requisitos é ter un CEA en Asturias”.
“Que culpa temos de vivir onde vivimos e de que haxa fincas nosas que estean divididas entre as dúas comunidades?”, pregúntase Mercedes
No hay comentarios:
Publicar un comentario