jueves, 21 de julio de 2016

Campos cre que o Estadio Gomez Besteiro é un "recoñecemento" ao investimento do expresidente provincial





"Oxalá houbese un campo de fútbol Cacharro Pardo fai 20 anos", afirma Campos, que defende a actuación do exsecretario xeral do PSdeG á fronte da Deputación e do Partido


O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, defendeu este xoves a designación do campo de fútbol da Fonsagrada como Estadio Gómez Besteiro, unha decisión que viu un "recoñecemento" ao traballo do expresidente provincial, que "investiu moito diñeiro" en mellorar as infraestruturas en Lugo. 

Antes de participar no acto de toma de posesión do novo subdelegado de Defensa en Lugo, Campos rexeitou as críticas de PP e BNG e indicou que "oxalá houbese un campo de fútbol Cacharro Pardo hai vinte anos". 

Campos sinalou que A Fonsagrada e, en xeral, a montaña lucense "foi unha comarca discriminada por todos os gobernos anteriores", polo que este é "un recoñecemento a unha persoa que investiu moito diñeiro en mellorar as infraestruturas da montaña". 

O campo bautizado como Gómez Besteiro provocou as reaccións criticas de populares e nacionalistas, con estes últimos, por boca do seu portavoz provincial, Xosé Ferreiro, recordando as distintas imputacións que pesan sobre o exsecretario xeral dos socialistas galegos.

INFRAESTRUTURAS. En canto aos "investimentos" de Besteiro na montaña, Campos asegurou que "grazas a el fíxose "o campo de fútbol, a residencia" ou "a casa consistorial". "O campo de fútbol non deixa de ser máis que o recoñecemento a unha persoa que apostou por ter unhas infraestruturas na montaña que carecían delas", resaltou. 

De todos os xeitos, a xuízo de Campos "o importante non é o nome", senón a inauguración dun novo "campo de fútbol" co que "os mozos da Fonsagrada poden ter unha instalación digna para practicar ese deporte, como outras moitas zonas de Lugo". 

SITUACIÓN DO PSDEG. Ante a situación actual dos socialistas galegos, o presidente provincial de Lugo recordou que Besteiro era unha persoa que "aglutinaba o partido". "Pódeselle botar de menos, a el e a calquera", dixo. 

"Agora hai unha xestora, non haberá secretario xeral ata que haxa Congreso. Non é que non estean a facer un bo traballo, aínda que a dirección non é a mesma que cun secretario xeral, e, respecto da xente que non quere repetir, é unha decisión propia de cada un", resumiu Campos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario