lunes, 16 de febrero de 2015

Julio Fernández valora o Butelo de Ouro como o premio que lle faltaba

logo

09/02/2015 - Pilar Cheda / El Progreso (Lugo)
O fonsagradino Julio Fernández, presidente de Filmax, recolleu onte na súa localidade natal o que definiu como un dos premios máis importantes da súa carreira, o Butelo de Ouro.
Era a primeira vez que o Concello da Fonsagrada concedía esta distinción, que recaeu no empresario cinematográfico e no debuxante Forges. Este último non puido acudir ao acto de entrega e estivo representado por un primo, José Manuel Saavedra.
Entrega das distincións a Forges e Julio Fernández, onte na Fonsagrada. TANIS
Julio Fernández mostrouse especialmente orgulloso de ser o primeiro fonsagradino en ter esta honra, que pretende distinguir as persoas que traballaron dun xeito destacado en favor do municipio. Apuntou que ten recibido numerosos premios nacionais e internacionais ao longo da súa carreira, pero admitiu que botaba en falta un da Fonsagrada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario