15/10/2014 - Pilar Cheda/ El Progreso (LUGO)
Tres veciños da Fonsagrada viron o pasado luns un oso nunha pista de Vilarín. Ían ás tres da tarde nun vehículo camiño da canteira da Silvela cando o animal apareceu na estrada e correu diante deles durante un tempo, ata que se adentrou nun piñeiral.
Os protagonistas do avistamento sorprendéronse cando o animal apareceu na estrada. «Fixámonos cando o vimos porque era grande e axiña percibimos que era un oso», explica Manuel Gómez, un dos ocupantes do coche. Foi precisamente el quen tivo a habilidade de inmortalizar o momento coa cámara do seu teléfono móbil. «Se non chego a facer as fotos non me cre ninguén porque eu xa tiña oído comentar que os había, pero ata que o vin cos meus ollos non o crin», bromea.
O oso correu pola beira da estrada uns metros diante do coche no que viaxaban as tres testemuñas. O condutor fixo soar a bucina, pero o animal non pareceu asustarse. Nun momento da carreira, adentrouse nun piñeiral e desapareceu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario