martes, 9 de marzo de 2010

VOCABULARIO DAS PESAS E MEDIDAS (5)







5) MEDIDAS DE SUPERFICIE

ALQUEIRO, s.m. Medida de superficie de cinco áreas. Equivale ó ferrado

Variante: ALQUEIRE

ARRATEL,s.f. Meidida de superficie de 125 metros cadrado. E a cuarta parte do ferrado

Vid. CARTA e CARTEIRA

CARTA, s.f. Medida de superficie de 125 metos cadrados. E a cuarta parte do ferrado Variante: CUARTAVid. CARTEIRA e CUARTILLA

CARTEIRA, s.f. Medida de superficie de 125 metros cadrados. E a cuarta parte do ferrado

Vid. CARTA e CUARTILLA

CAVADURA, s.f. Medida de superfice de 5 áreas.

COPELO, s.m. Medida de superficie de 20 metros cadrados.

CUARTAL, s.m. Medida de superficie de 500 metros cadrados

CUARTILLO, s.m. Medida de superficie de 20,83 metros cadrados. Equivale a 1/24 ferrados

CUNCA, s.f. Meida de superficie de 41,66 metros cadrados. Equivale a dous cuartillos, e 1/12 ferrado

ESCÁ, s.f. Medida de superficie de 25o metros cadrados. Equivale a 1/2 ferrado

ESTADAL, s.m. Medida de superfice de 5 metros cadrados. Equivale a centésima parte do ferrado

FANEGA, Sf. Medida de superficie de 2.000 metros cadrados. Equivale a 4 ferrados, e é a quinta parte dunha hectárea

FERRADO, s.m. Medida de superficie de cincocentos cadrados

OTARIA, s.f. Medida de superfice de 8.000 metros cadrados. Equivale a 4 fanegas

TEGA, s.f. Medida de superficie de 250 metros cadrados. Equivales a medio ferrado

XORNAL, s.m. Medida de superficie de 250 metros cadrados. Equivale a media tega


COMENTARIO ESPECIAL SOBRE O FERRADO.
Equivalencia entre o ferrado e o m2 en diferentes concellos:

Abadín 504
Abegondo 436
Agolada 536
Alfoz 714
Ames 639
Antas de Ulla 604
Aranga 436
Arbo 437
Ares 548
Arteixo 444
Arzúa 536
Baiona 539
Baleira 714
Baña (A) 528
Barreiros 714
Becerreá 578
Begonte 525
Bergondo 436
Betanzos 436
Boimorto 536
Boiro 484
Boqueixón 639
Bóveda 489
Brión 500
Bueu 472
Cabana de Bergantiños 524
Cabanas 548
Caldas de Reis 629
Camariñas 424
Cambados 629
Cambre 444
Campo Lameiro 629
Cangas 472
Cañiza (A) 437
Capela 548
Carballedo 629
Carballo 524
Cariño 444
Carnota 400
Carral 444
Castro de Rei 629
Castroverde 496
Catoira 629
Cedeira 509
Cee 436
Cerceda 639
Cerdido 509
Cervantes 553
Cervo 725
Cesuras 436
Chantada 629
Coirós 436
Corcubión 424
Corgo (O) 436
Coristanco 524
Coruña (A) 444
Cospeito 525
Covelo 264
Crecente 437
Culleredo 444
Cuntis 629
Dodro 420
Dozón 536
Dumbría 424
Enfesta 639
Estrada (A) 629
Fene 548
Ferrol 509
Fisterra 424
Folgoso do Courel 436
Fonsagrada (A) 507
Forcarei 500
Fornelos de Montes 74
Foz 714
Frades 636
Friol 436
Gondomar 541
Grove (O) 629
Guntín 436
Incio (O) 559
Irixoa 436
Lalín 536
Lama (A) 217
Láncara 629
Laracha (A) 524
Laxe 524
Lourenzá 638
Lousame 420
Lugo 436
Malpica de Bergantiños 524
Mañón 548
Marín 472/504
Mazaricos 424
Meaño 629
Meira 514
Meis 629
Melide 536
Mesía 603
Miño 548
Moaña 472
Moeche 509
Mondariz 432
Mondoñedo 612
Monfero 548
Monforte de Lemos 489
Monterroso 604
Mos 497
Moraña 648
Mugardos 548
Muras 548
Muros 335
Muxía 424
Narón 509
Navia de Suarna 650
Neda 509
Negreira 528
Negueira de Muñiz 507
Neves (As) 629
Nigrán 541
Nogais (As) 621
Noia 420
Oia 402
Oleiros 444
Ordes 639
Oroso 639
Ortigueira 444
Ourol 548
Outeiro 436
Outes 396
Oza dos Ríos 436
Paderne 436
Padrón 420
Palas de Rei 604
Pantón 489
Paradela 559
Páramo (O) 559
Pastoriza (A) 504
Pazos de Borbén 74
Pedrafita do Cebreiro 578
Pino (O) 536
Pobra do Brollón (A) 465
Pobra do Caramiñal (A) 484
Poio 629
Pol 496
Ponteareas 437
Ponte Caldelas 629
Ponteceso 524
Pontedeume 548
Pontenova (A) 504
Pontes de García Rodríguez (As) 548
Pontevedra 629
Porriño (O) 497
Portas 629
Porto do Son 480
Portomarín 671
Quiroga 465
Rábade 436
Redondela 69
Rianxo 484
Ribadeo 612
Ribas de Sil 465
Ribeira 484
Ribeira de Piquín 514
Riotorto 504
Ribadumia 629
Rodeiro 536
Rois 424
Sada 436
Salvaterra de Miño 437
Samos 559
San Sadurniño 509
Santa Comba 528
Santiago de Compostela 639
Santiso 536
Sanxenxo 629
Sarria 629
Saviñao (O) 559
Silleda 536
Sober 484
Sobrado 536
Somozas (As) 509
Soutomaior 64
Taboada 604
Teixeiro 536
Teo 639
Tomiño 629
Toques 536
Tordoia 639
Touro 536
Trabada 638
Trazo 640
Triacastela 430
Tui 497
Valadouro (O) 714
Valdoviño 509
Valga 629
Vedra 639
Vicedo (O) 548
Vigo 541
Vilaboa 629
Vilagarcia de Arousa 545
Vilalba 546
Vilamaior 548
Vilanova de Arousa 629
Vilasantar 536
Vimianzo 424
Viveiro 548
Xermade 525
Xove 725
Zas 424

Indícanos Emilio de Vigo unha precisión de non pouca importancia. Como a unidade territorial na Galicia tradicional non era o concello, fóra das vilas con término municipal, senón a parroquia, hai que ter en conta que a precisión da táboa é moi relativa. Nos concellos rurais, os máis, seguramente había variacións parroquiais non reflectidas na táboa. A lóxica municipal que parece seguir a táboa é moi irreal e débese unicamente a que a administración, unha vez dividido o territorio en concellos, impuxo esta maneira de ver as cousas a partir das postrimerías do século XIX.

(Fonte: Edugaliza )



COMENTARIO ESPECIAL SOBRE O CELEMÍN (Medida utilizada no Monte de Vilardíaz-Veiga de Logares)



O celemín é unha medida agraria que se utilizaba nalgunhas partes de España antes de que fose obrigatorio o Sistema Métrico Decimal.

Podía facer referencia a unha medida de capacidade ou a unha medida de superficie:

Capacidade: Usada sobre todo para cereais e sementes. En Castela, equivalía a pouco máis de 4,6 dm³ (litros). Podían dividirse en catro cuartillos. 12 celemines facían unha fanega; 6 celemines facían media fanega ou un cuarto; 5 celemíns facían unha hemina; 3 celemins facían unha cuartilla (cuarto de fanega)
Superficie: Usábase para medir a superficie dos terreos agrarios. Correspondía a uns 537 m², sendo o terreo correspondente á sementeira dun celemín de trigo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario