25/09/2012 - Pilar G. Cheda / El Progreso
(Lugo)
As obras de remodelación do Museo Etnográfico Comarcal da
Fonsagrada comezarán esta semana grazas ao apoio desinteresado dun grupo
de 26 persoas que adiantaron o diñeiro necesario para realizalas.
As obras consistirán na renovación do interior do edificio e a
reestruturación das seccións para optimizar o espazo dispoñible. O
presidente do padroado que xestiona o museo, Xoán Xosé Molina, explicou
que estes traballos «son necesarios porque as instalacións teñen moitos
anos e precisan unha limpeza e modernización».
As obras están orzadas en 50.000 euros e para realizalas o
padroado conseguiu unha subvención de 35.000 euros de Agader e outra de
15.000 da Deputación Provincial de Lugo. No entanto, estas subvencións
entréganse unha vez xustificada a obra e o museo non dispuña de liquidez
para adiantar o diñeiro á empresa encargada de realizala.
No hay comentarios:
Publicar un comentario