jueves, 12 de septiembre de 2013

Establecido o nivel de alerta 1 nun incendio na Fonsagrada



 11/09/2013 - Galiciaé LV/ Axencias
A Consellería de Medio Rural estableceu o nivel 1 de alerta nun incendio forestal na parroquia de Vilar de Cuiña, do municipio lucense da Fonsagrada.
O lume iniciouse ás 14:55 horas, segundo as estimacións provisionais supera as 100 hectáreas e atópase próximo aos núcleos de poboación de Vilar de Cuiña e Fornaza.
Traballan contra este incendio 2 técnicos, 3 axentes forestais, 15 brigadas, 8 motobombas, 2 pas, 2 avións e 2 helicópteros, coordinados polo mando único da Xunta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario