jueves, 5 de septiembre de 2013

Os populares da Fonsagrada esixen o arranxo de dúas estradas á Deputación

03/09/2013 - El Progreso (A Fonsagrada)
O PP da Fonsagrada presentará unha moción na próxima sesión plenaria na que pedirá ao presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro, que arranxe dúas estradas que se atopan «en condicións lamentables», segundo o portavoz dos populares fonsagradinos Tobías Martínez.
As vías deterioradas son a LU-P-1901, que enlaza A Fonsagrada con Navia de Suarna (á altura do quilómetro 8) e a LU-P-1910, que conecta o municipio lucense con Asturias (no punto quilométrico 13.250).

1 comentario:

  1. E a estrada que sube pola Burela ¿non necesita unha reparación?

    ResponderEliminar