domingo, 31 de enero de 2016

ORGULLOSO DOS ALUMNOS E ALUMNOS DO IES FONTEM ALBEI-A FONSAGRADA

Na feira do butelo do meu concello puiden comprobar como unhas rapazas e rapaciños que cursan os seus estudios no IES FONTEM ALBEI da FONSAGRADA, amosaban o seu espíritu emprendedor, con valentía, unha incipiente formación e unha importantísima determinacion por materializar as súas ideas en empresas que transcendan. Coa marca FONSARICO, representan un saber facer lexendario que sempre acompañou as xentes do noso concello, esos sabores a montaña, a artesanía, a tranquilidade, a lume, a olor de fume, a saudable natureza, están presentes no seu corazón, na súa memoria e na súa historia, que os leva a materializalo nestas iniciativas que, sen ningunha duda, prenderan na nosa memoria e non se esquencerán porque perdurarán ao longo do tempo.

Espero que sigan a depositar a súa esperanza, a súa ilusión e o seu talento no simple acto de construir un proxecto







empresarial cun propósito fundamental: xerar prosperidade e riqueza.

O meu agradecemento a dirección e ao profesorado por empuxar e tutorizar esta grande idea

SINTOME ORGULLOSO

No hay comentarios:

Publicar un comentario