miércoles, 3 de febrero de 2016

As pedras da miña avoa

MAYO 16, 2015 

Hoxe ides permitirnos que, sendo 17 de maio, a entrada sexa en galego. Ata agora, o noso obxectivo era chegar ao maior número de xente posible co noso blog, sacar do esquecemento pazos, conxuntos, sitios ou coleccións abandonadas. Volver ao punto no que comezaron a súa historia e devolverlles por unha semana, nunha entrada de blog, o esplendor que mereceran.
Ás veces, entre tanto edificio, tanto pazo e tanta solemnidade, esquecémonos do valor do cotío. A historia que contén o chan onde o pasado dos nosos pais, avós e bisavós pisou con firmeza e suor o seu futuro, que hoxe xa só é o noso onte. E non podemos permitirnos falar das eiras da malla noutra lingua que non sexa a nosa. Lectores de fóra, sabemos que o entenderedes.
Neste artigo recollemos parte do pequeno traballo de investigación que realicei o curso pasado sobre a seitura e a malla galega, centrada na provincia de Pontevedra. Era imprescindible mencionala neste blog, pois a situación do patrimonio etnográfico galego, máis neste aspecto, segue a ser indignante.
As eiras da malla son un deses, a miudo, esquecidos recunchos que abrigan a maioría dos recordos dos nosos maiores. Neses pequenos cadrados de terra e pedra cantaron, traballaron, namoráronse e axudáronse comunidades enteiras, marcando ao son do calendario cada tarefa do campo.
img7519234En Galicia, o número de eiras ascende a “descoñecido”, pois non existe aínda hoxe por hoxe un inventario destas. A maioría dos que as estudan coñécenas pola súa procura a pé, buscando entre maleza e testemuñas dos veciños xa maiores, se é que quedan, que aínda lembran qué muro saltar ou qué pequeno atallo coller para sacalas do olvido.
Arredor da cultura do pan naceron e consérvanse centos de historias, cantos, ditos e costumes na Galicia rural. Existen, anque anónimas, probas máis que numerosas de patrimonio inmaterial, ese irmán pequeno do patrimonio aínda por integrar por completo, que demostran o que o cultivo, a sega, a seitura ou a malla significan para o pasado de Galicia e no que o pan era un alimento fundamental e as actividades campesiñas un modo de reunión e unha maneira de vida.
Tentaremos hoxe, día de Galicia, achegarvos un pouco á fonda ferida na historia que seguimos abrindo cada vez que non voltamos a mirar, que non paramos a preguntar. Cada vez que cun avó morre un anaco do noso.
A malla era o proceso polo cal, unha vez recollido o cereal e secado, era mallado nunha eira, empedrada ou de terra, no longo proceso que remata na elaboración do pan. Era unha tarefa veciñal e comunal, que comprendía ritos, costumes e festas, cuxos ecos aínda soan nas lembranzas dos nosos maiores.
osedo 1925
A malla podíase facer ben na eira ou aira propia, ben na comunal que se usaba por quendas. Adoitan ser terreos chans que se alisan nunha zona soleada. Moitos recubertos simplemente con bosta, outros – os que podían – con lousas ou pedras máis ou menos lisas.
A expresión remonta ao 1500 e daba nome ao terreiro ao lado das casas onde eran recollidos os cereais para secar, mallar ou limpar. Tamén cumprían unha función social, xa que proporcionaban un lugar onde podían decorrer cerimonias ou eventos públicos, tales coma bailes ou misas. É frecuente atopar hórreos a rodear as eiras, pois era nestes onde os cereais eran almacenados. A importancia da eira na vida das poboacións rurais era de tal forma evidente, que a palabra deu orixe a moitos topónimos en Galicia e Portugal: Eiras, As Eiras, Eiravedra, Eirapedriña, etc.
maya8
Á malla acudían tódolos veciños, que eran convidados polo dono do centeo ó almorzo e ó xantar. A malla comezaba estendendo os mollos en ringleiras con tódalas espigas na mesma dirección agás as que quedaban na beira da eira, que se poñían coas espigas cara dentro. Isto había que facelo cediño para que o centeo fora quecendo co sol (asoleábase) e as espigas abriran co calor.
1Para esta tarefa utilizábanse os mallos, manles ou malles. Uns paus de madeira, ás veces cun segundo pau que colgaba do extremo superior deste, e que era articulado para golpear o cereal, chamado pértigo. Máis tarde chegaría a moitos recunchos de Galicia a máquina malladora, que percorría os pobos e cobraba por horas.
Os homes poñíanse en dúas ringleiras enfrontadas cos mallos e ían batendo no centeo alternativa e ritmicamente.
Unha vez ben mallado, dábaselle a volta ó centeo e repetíase a operación para logo recoller a palla ou colmo en mangadas que se levaban ó colmeiro. Neste traballo participaban os nenos e as mulleres e eran estas as que se encargaban tamén de limpa-la eira. A continuación había que aventa-lo gran: “había que ergue-lo centeo, limpalo da cascarilla, a herba e a porquería toda. Poñíamonos á tardiña nun carreiro ou unha calle da aldea onde encanillara o aire. Puñan uns sacos no chan para que caera no limpo e cunha peneira collíase centeo do saco e no aire deixábano caer. O aire iba levando os lixos e as herbas. Varias veces ata que estivese limpiño para moer e o vento levara a parva toda. E esa herba valía para meter as peras e outras frutas nos sacos, se estaba verde, para que madurase sen chegar a podrecer”. Isto contábao sempre miña avoa.
Feito isto, o gran podía gardarse nos celeiros ou nos arcóns.
EIRAS DA MALLA, ARQUIVO FOTOGRÁFICO
O pequeno listado de eiras, que a miudo estaban rodeadas de hórreos, foi froito do preguntar curioso aos maiores do lugar no que me atopaba. Soterradas entre herba, xestas e terra, esperaban en silencio as pegadas do que xa non importa, do que xa ninguén parece lembrar.
Eirado de Pedre, Cerdedo
pedre
Un dos exemplos que reflicte unha maior valoración deste tipo de patrimonio. Trátase dun conxunto de hórreos bastante importante. A eira como tal, segundo algúns veciños, non moi maiores, estaría situada na actual praza empedrada onde hai un pequeno campo de fútbol e arredor do cal se sitúan algunhas casas máis.
Outros lembran a malla nas eiras dalgún veciño, e “se era pouco facíase entre os hórreos nalguns penedos lisos que hai por aí”. Segundo rezan os xornais e a placa que a consellería colocou na porta dun dos celeiros, o presuposto gastado para levar a cabo esta reforma foi unos 81.899€. O promotor foi a asociación cultural Ecce-Homo, gracias ao FEADER europeo.
“A eira de Don Crispín” Loureiro (Cotobade)
Loureiro rehabilitandoseEste é outro dos casos no que a administración interviu para salvar do deterioro total a eira, o hórreo e a súa contorna, que inclúe incluso un enorme palomar. Segundo contan os veciños, Don Crispín, o antigo dono daquelas terras e que todos lembran como un señor solitario ao que non lle coñecían familia, repartiu en herencia os seus bens entre varios sobriños. Éstes, ao non se pór de acordo á hora de xestionalo, deron por abandoada a finca.
A casa incendiouse fai uns trinta e cinco anos e quedou toda a propiedade destrozada. A isto sumáronselle as ráfagas de roubos de pedra que sufriron a eira, o hórreo e a casa, que tiña uns sillares de gran tamaño.
Fai uns anos a Deputación fíxose cargo da situación e, segundo Fina, unha veciña, “se en dous anos non terminan a obra que empezaron, quédase a Deputación con todo e eles sen nada”. As pedras da eira non parecen ser todas xenuinas, pero conserva a traza orixinal.
A Casa de Fina, Loureiro (Cotobade)
LoureiroA veciña que antes me contaba do eirado de Don Crispín, conserva tra-la casa a súa propia eira, na que o meu propio pai lembra ter traballado de neno con súa avoa.
Conservan a pedra no centro, que segundo me comenta, servía tanto para o lavadoiro como para axudar na malla. Tamén teñen rodas de muiño e dous hórreos máis que antes pertencían ás fincas veciñas e dos que non coñecen demasiada historia. “Ainda que o amañamos un pouco, non cambiamos nada. Está tal como se usaba”, coméntame o seu xenro, José Pardo.
A eira do profesor da escola, Loureiro (Cotobade)
Loureiro profesor (3)Este é un dos casos que máis chama a atención: Esta era a antiga eira comunitaria. Arredor dela situábanse tres hórreos, repartidos entre os veciños, o lavadoiro, a fonte e unhas escaleiras que comunicaban esta eira, nunha parte máis alta, co lavadoiro na inferior.
Actualmente non existe nin o empedrado nin a escada que comunicaba o outeiro coa parte baixa. O profesor, Manuel “o do ferreiro”, o cal se fixo cos terreos de maneira que os veciños denominan de dudosa, “arrincou as pedras e con elas fixo unhas almenas coma as dun castelo enriba da súa casa”. O pintoresco personaxe tamén foi quen montou este observatorio astronómico no centro da eira e tras un dos hórreos. Actualmente parece que está en desuso e o que si funciona está noutra localidade próxima, construido polo seu fillo.
É un caso claro do feismo galego e tamén da ignorancia e descoñecemento, paradóxicamente dun profesor, hacia o patrimonio de todos.
“A casa da Cancheta”, Arufe (Cotobade)
Arufe 2Esta casa foi comprada fai pouco por un dos veciños de Loureiro. Atópase no Camiño Portugués, e unha veciña cóntame que sofre roubos continuos. “Aínda fai uns meses vin a un home coa súa muller que traían algo envolto nas mans. Deixaran o coche aquí na beira do camiño. Ao metelo no maleteiro vin que era un dos escudos que tiña a casa vella da Cancheta”.
A casa pertenceu a unha das familias máis adiñeiradas da zona, por iso o hórreo é de grandes dimensións. Alí gardaban moitos veciños o cereal despois de mallalo.
Actualmente atópase nun abandono evidente. “O dono non dá moita conta dela”. Non retirei as herbas nin a suciedade porque, anque a cancela non existe, o dono non foi quen me levou ata alí nin me permitiu fotografiala. E ademáis, así poder amosar que tamén hai máis casos privados nos que existe certo abandono.
Con esta pequena selección tan só tentamos amosar a cara do que non adoitamos mirar. O que entre as aldeas que xa ninguén visita e os montes nos que xa ninguén traballa segue a latexar, lembrándonos o noso pasado non tan alonxado e do que parece que desexamos esquecernos.
O abandono non é sempre exclusivamente político e institucional. Ás veces nós mesmos, herdeiros directos de bens de valor incalculable, voltamos a cara ao que nos legou o traballo labrego, ao esforzo polo simple alimento diario, á ledicia do traballo feito e á importancia dunhas lousas nas que as pegadas dos pés cansados dun labrego festexaron a fin do traballo e a benvida do pan na mesa, co que dar un sustento aos que máis tarde nós chamaríamos pais.
Non esquezamos, non ignoremos. Nas pedras gastadas doutro onte están as respostas do noso mañán.
Marta Suárez Cota

martes, 2 de febrero de 2016

COMUNICADO DOS ADMINISTRADORES VEIGA DE LOGARES.BLOGSPOT.COM

No ano 2009 empezamos esta andaina. Hoxe é para nós unha grande alegría, superamos por primeira vez as catro mil visitas nun mes. O que empezou como unha argallada temporal, co paso do tempo foise consolidando, e os seus administradores están a iniciar unha nova etapa. Un dos obxectivos non cumpridos foi o de por en marcha unha fototeca na que se puidera reflexar a vida da FONSAGRADA ao longo do tempo, con fotografías dos nosos lectores e seguidores. Volveremos a intentalo, despois de analizar o que fixemos mal e tratar de correxilo para que o poidamos leva-lo a cabo neste 2016

Este blog pretende ser unha fiestra ao mundo das nosas cousas, das boas e das malas. Unha fiestra sen ánimo de lucro renunciando a publicidade e tratando de mantela independencia.

Son tempos duros, nos que tivemos e temos que aprender a convivir coa angustia e o medo que produce a permanente de crise. Non teremos duda, somos un grande país que o mellor que ten son os seus cidadáns, que loitando día a día tratan de sair adiante, con humildade e solidaridade

Co obxecto de mellorar tamén queremos por en marcha unha rede de corresponsales voluntarios en tódalas parroquias que nos relaten o que sucedeu e o que se sucede para que non se perda no tempo.

Non nos queda máis que agradecer de todo corazón a todos vosoutros e vosoutras as vosas visitas, queremos que alí onde haxa un fonsagradino e ou fonsagradina esté esta ventá. Tamén vos damolos gracias por perdoar os nosos erros, que son moitos






AOS GALEGOS NON NOS GUSTA QUE NOS TOQUEN OS MARCOS


Que cales son os marcos ? Se o estás preguntando  é porque non eres galego. Os marcos non son meras pedras usadas para delinear as facendas, os marcos son a case estruturas sagradas galegos que pasan de xeración en xeración como unha marca fundamental que separa a facenda do seu veciño. Os marcos son o máis visto de pedras Galicia, coidadosamente observados e mídense a zancadas con algunha regularidade para evitar o inevitable, que se movan !!!!!!!!



Foi cando indecisión , típico do galego desaparece dando lugar ao decepción , seguido por un espírito de vinganza e desexo de recuperar eses metros, onde pouco importan  as custas xudiciais ou a onde haxa qeu chegar  para recuperalos. Isto levanta conflito lindes .

se estás en Galicia e agora que xa sabes que son os marcos, elude da túa mente a idea de moverlle un marco a un galego, porque como reza o título, aos galegos non nos gusta que nos toquen os marcos.

lunes, 1 de febrero de 2016

Na Fonsagrada esgotáronse as existencias na Feira do Butelo

La Voz de Galicia


O alcalde entregou o Butelo de Ouro ao profesor Enrique López Fernández
lugo / La Voz, 01 de febreiro de 2016. Actualizado ás 05:00 h. 0
0
0
0
Libre dos inconvenientes provocados pola neve o ano pasado, a Feira do Butelo da Fonsagrada rexistrou máis afluencia de público que na pasada edición. Nesta ocasión esgotáronse as existencias postas á venda. Como estaba previsto, nun acto celebrado na casa consistorial, o alcalde, Argelio Fernández, fixo entrega do «butelo de ouro» ao profesor Enrique López Fernández, polo seu labor investigador sobre A Fonsagrada e pola súa colaboración co museo do municipio. Esta mesma distinción téñena Forges e o produtor cinematográfico Julio Fernández.
No transcurso da feira, os empresarios fixeron entrega do premio do sorteo que promoveron.