domingo, 5 de febrero de 2017

DAVID ALVAREZ CARBALLIDO NON TE ESQUENCEMOS. NON NOS MOVERAN






Fallece David Álvarez Carballido, el militante del PCE más antiguo de Lugo



El fonsagradino luchó activamente contra la dictadura franquista, desde el exilio y en Galicia



David Álvarez Carballido. AEP

David Álvarez Carballido. AEP
David Álvarez Carballido, el militante del Partido Comunista de España más antiguo de la provincia de Lugo, falleció este martes a los 94 años.

"Os seus sesenta e catro anos de militancia comunista son un exemplo de inagotable compromiso coa igualdade, a solidariedade e a xustiza social", afirmó Carlos Portomeñe, miembro del Comité Federal del PCE y exsecretario general del Partido Comunista de Galicia.

 Álvarez Carballido (San Martín de Suarna, A Fonsagrada, 1922) emigró a Argentina en 1948, donde comenzó a asistir a las reuniones de la Federación de Sociedades Galegas y a participar en las actividades de los republicanos contra la dictadura franquista. Por su implicación en estos actos fue detenido hasta en tres ocasiones. Fue durante su estancia en prisión cuando ingresa en el Partido Comunista de España. Era 1952.

Diez años después, en 1962, Álvarez Carballido r
egresa clandestinamente a Galicia. Su labor consiste en ayudar a constituir células comunistas por el territorio gallego, y establecer contactos con los enlaces sindicales de fábricas y astilleros.

Se establece en Vigo y participa activamente en la campaña para tratar de impedir el fusilamiento de Julián Grimau, dirigente do PCE. En la ciudad olívica fue detenido y torturado hasta su traslado a la prisión de Carabanchel. Finalmente, en 1964 fue condenado a 18 años de prisión.

Al salir de prisión regresa a A Fonsagrada y trabaja como relojero, su auténtica profesión. Posteriormente, vivió en Lugo y en A Coruña, ciudades en las que siguió desarrollando actividades vinculadas con el PCE y el PCG.

OBITUARIO

David Álvarez Carballido, in memoriam

 
Onte, 1 de febreiro, faleceu, aos 94 anos, na Fonsagrada, este nobre cidadán: exemplar certamente. Nacera en San Martín de Suarna, a sete quilómetros da vila, o 3 de setembro de 1922. Labrador e reloxeiro, emigrou á Arxentina no ano 1948, e pouco despois, espírito radicalmente antifranquista, ingresou no PC, organización que se beneficiou non só do seu abnegado espírito militante senón da súa bondade, da súa sinxeleza e das súas inquedanzas humanistas.
Regresou a Galicia en 1962 e non tardou en caer nas gadoupas da policía franquista de Vigo cando repartía unhas follas clandestinas escritas para que o Réxime non condenase a morte a Julián Grimau. Era o ano 1963, ano pródigo en protestas masivas en Europa e América a favor de Grimau, que Franco, frío e torpe, executou despois de torturalo asañadamente. Tamén Álvarez Carballido foi torturado antes de ingresar na prisión.
Desde hai anos, vivía na súa aldea de San Martín dedicado á lectura dos clásicos marxistas e doutros clásicos, falando das cousas da vida cos veciños e axudándoos, co consello ou co sacho, en canta tarefa era do seu solidario entender. Ninguén dicía, deste honorable cidadán, un mal adxectivo.
Dedicaba horas e horas a escribir cartas a amigos de ideoloxías diversas, cartas nas que falaba da vida cotiá, da Guerra Civil, da URSS, de Bos Aires, do prezo do millo… Eu posúo máis de cen, escritas nos seu magnífico dialecto fonsagradino, ás veces, mesturado co castelán dos libros escolares.
Estiven en maio en Bos Aires e varias persoas, non todas comunistas, interesáronse pola saúde de David, daquela xa algo preocupante. Todas pronunciaban o seu nome con agarimo e admiración: é o ronsel de bondade e autenticidade que deixara na Arxentina había medio século.
Sei que non tardará en saír unha biografía deste nobre compatriota escrita a partir das entrevistas magnetofónicas que lle fixo, hai algún tempo, o profesor Antón Santamarina, amigo e coterráneo seu. Ese libro demostrará, a calquera lector sen prexuízos, que cidadáns como David Álvarez Carballido son os que constitúen a trabe de ouro mercé a cal o mundo, moralmente, aínda non se afundiu.



La coherencia de David Alvarez Carballido


Ese es el tema de las entrevistas a David Álvarez Carballido en las que estamos trabajando con Antón Santamarina y Mariela Sánchez. Siendo un niño vivió la guerra civil en una aldea española. Después le llegó la hora de la migración a Argentina. Cayó preso en Buenos Aires por hacer campaña contra la pena de muerte en España. Al salir marchó a Galicia porque había mucho por hacer, Franco no había sido vencido todavía en 1962. No tuvo esposa. No tuvo hijos. Nada de eso le estaba permitido según los planes comprometidos con el tiempo histórico que le había tocado vivir. Compartió tareas con muchos que fueron héroes conocidos y desconocidos. Cayó preso en Vigo, lo trasladaron a Madrid y pasó una temporada en Carabanchel, ese estandarte de la represión franquista. Logró salir gracias a las habilidades de su hermano abogado, fortuna que pocos tenían, la de recuperar la libertad y la de tener un hermano que arriesgara tanto por defender a un opositor al régimen.
Hace dos meses lo visité en su aldea gallega y le regalé una boina. “¿Para qué la has traído?”, me sermoneó con su voz de 94 años. “Yo ya tenía una”, agregó.






Falece David Álvarez Carballido, o militante comunista máis antigo da provincia





Hoxe faleceu aos 94 anos de idade David Álvarez Carballido, o membro da provincia de Lugo con máis tempo de militancia no Partido Comunista de España, ao que se afiliara en 1952. “Os seus sesenta e catro anos de militancia comunista son un exemplo de inesgotable compromiso coa igualdade, a solidariedade e a xustiza social”, afirma Carlos Portomeñe, membro do Comité Federal do PCE e ex secretario xeral do Partido Comunista de Galicia.
David Álvarez Carballido naceu en San Martiño de Suarna, municipio de A Fonsagrada, o 3 de setembro de 1922, un ano antes de instaurarse a ditadura de Primo de Rivera. Xa antes da proclamación da II República en 1931, San Martín vive unha efervescencia republicana que marca a súa socialización política. Despois do golpe militar de 1936 é testemuña da represión na súa comarca.
O 21 de xuño de 1948 emigrou á Arxentina, e desde o primeiro momento asistiu ás xuntanzas da Federación de Sociedades Galegas. Na Federación participou nas actividades dos republicanos no exilio a prol da democracia e contra a ditadura franquista. Por estas actividades foi detido tres veces en Bos Aires, en 1952, 1953 e 1958. Trala primeira detención e durante a estancia en prisión, o 2 de maio de 1952, ingresa no Partido Comunista de España. Pola súa actividade, coñeceu a Luis Seoane, Rafael Alberti, Lorenzo Varela, Eduardo Blanco Amor e outros moitos intelectuais e políticos comprometidos coa causa republicana e antifascista.
Regresa clandestinamente a Galicia en 1962. O seu labor centrase en axudar a constituír células comunistas polo territorio galego, e contactos cos enlaces sindicais de fábricas e estaleiros. Establecido en Vigo, en1963 participa activamente na campaña para tratar de impedir o fusilamento de Julián Grimau, dirixente do PCE. Na cidade olívica foi detido e torturado, pasando un ano no cárcere da rúa Príncipe, actualmente o museo MARCO. De Vigo foi trasladado ao cárcere de Carabanchel, sendo xulgado en setembro de 1964 polo Tribunal de Orde Público que o condenou a dezaoito meses de prisión.
Ao saír do cárcere regresa á Fonsagrada e traballa como reloxeiro, a súa auténtica profesión. Despois vive en Lugo e na Coruña, sempre desenvolvendo actividade política no PCE e no PCG. Nestes anos recibiu varias homenaxes, destacando dúas: a tributada polos seus veciños e veciñas da Fonsagrada, e a colectiva de veteranos/as do PCG o 7 de novembro de 2008 no Auditorio de Galicia, en Compostela.
                                         Ensenada de riazor
Ensenada de Riazor es un espacio que tiene como fin denunciar el poder multinacional que lleva cientos de años despedazando personas, sojuzgando pueblos, quebrando y saqueando países.

Flores, versos e cancións para David

*Xesús Alonso Montero.- O cidadán David Álvarez Carballido cumpriu o 3 de setembro noventa anos. Vive na aldea ande naceu, San Martín de Suarna, a sete quilómetros da vila da Fonsagrada. David le moito, escribe cartas á man aos amigos e camaradas, ve pouco a televisión, pasea acotío polos sendeiros da parroquia, érguese moi cedo e aínda laborica nos eidos dos veciños por esparexer e axudar. David veu o mundo para axudar. Xa o sabía de mozote cando aínda non lera a Marx e traballaba, de labrador, na aldea e de reloxeiro, na vila. Con vinte e seis anos, en 1948, emigra a Bos Aires, e alí, nun territorio menos amordazado, oe voces e le páxinas prohibidas na España estreita e triste da posguerra. Ademais de ler e oir, coñece algún tempo despois a Luis Seoane, Rafael Alberti, Lorenza Varela, Eduardo Blanco-Amor, Francisco Galán, Alberto Portas, Ramón de Valenzuela...: a esquerda plural. No xantar que lle ofrecemos o outro día contounos que o 7 de xaneiro de 1950, nun café porteño, un dos camareiros, galego, comunicoulle: «¡Morreu Castelao!». Tamén nos confesou que nunca oira falar del. Non tardou David en asistir ás xuntanzas da Federación de Sociedades Gallegas, a institución máis belixerante e eficaz no mundo contra o franquismo. A partir de aquí, David, que traballa no que pode (para comer) dedica boa parte do día á militancia, e, ás noites, estuda os clásicos do socialismo científico, dorme pouco e soña, durmido ou esperto, coas utopías. Retornou a Galicia en 1962, porque «a loita tiña que ser aquí». Cando, no verán de 1969, fun a Buenos Aires convidado pola Federación como conferenciante, tratei a unha chea de persoas, moitas non comunistas, que gababan, en termos superlativos, as virtudes cívicas de David. Hoxe non coñezo a ninguén que, tratandoo, non o queira, e, tendo noticia da súa abnegada biografía, non o admire. David foi detido en Vigo no mes de abril de 1963 por repartir unhas minúsculas octavillas en favor de Julián Grimau que, como é sabido, totalmente indefenso ante un tribunal militar, foi condenado a morte. Sei por compañeiros da cadea -nunca por él- que a bondade de David removeu mesmo a conciencia profesional dalgúns funcionarios da prisión. No xantar do nonaxésimo aniversario, quen máis, quen menos, gabou e chufou as virtudes máis notorias do noso homenaxeado: botámoslle «flores» como se di en galego coloquial. Houbo, tamén cancións, desde o Venceremos nós ao himno internacionalista que inventou Eugène Pottier. Antes dos cánticos, Roque Santamarina Fernández leu uns versos seus moi axeitados A honra de Davod, formulados coa pericia dun excelente fistor dos de antes. Por exemplo: «Polo que levo observado /eu teño outra teoría / a razón de durar tanto / ta na vosa rebeldía».

*Xesús Alonso Montero: (Vigo 1938) Catedrático de Literatura na Universidade de Santiago de Compostela e membro da Real Academia Galega, é filólogo, tradutor, conferenciante e autor de numerosos libros, estudos e traballos. Tamén é director do Centro de Estudios Rosalinianos e da Revista de Estudios Rosalinianos.






FARODEVIGO

Suscriptor
MEMORIAS

"En Argentina me detuvieron tres veces por luchar contra Franco"

David Álvarez Carballido : "En Buenos Aires conocí a Rafael Alberti, Luis Seoane y Eduardo Blanco Amor. Allí entré en el PCE y desde entonces le dediqué todo mi tiempo libre; ni me casé siquiera"

18.12.2016 | 04:32
David Álvarez Carballido, a sus 94 años en 2016, en su casa de San Martín de Suarnia, en A Fonsagrada. // A. V.
















No hay comentarios:

Publicar un comentario