jueves, 22 de noviembre de 2012

Tipoloxía e nomenclatura das fincas tradicionais

Os nomes cos que se denominan as fincas, responde ou respondía a unhas
determinadas características ou aproveitamento das parcelas. Estes nomes
fan referencia os aproveitamentos tradicionais ou as antigas características
da parcela, que en moitos casos teñen pouco que ver ca realidade territorial
actual. Describiremos algúns localismos que teñen especial interese,
segundo Xaquín Lorenzo “Xocas” (LORENZO, 1983):
• Eido. Dáse en xeral este nome a calquera caste de finca particular aínda
que, de preferencia, designa aquelas que se destinan ó cultivo.
• Tapada. Anaco de terreo que se rodea con muros ou sebes, polo xeral
adicado a monte e leña.
• Leira. Nalgúns sitios é unha herdade destinada a cereais e patacas que
carece de auga, mais serve tamén para sinalar un anaco de finca que
se traballa dunha vez, así, unha herdade divídese en leiras que se van
traballando sucesivamente.
• Seara. Anaco de terra de cultivo.
• Cabada. Anaco de monte ou herdade preparada para o cultivo.
• Estivada. Anaco de monte rozado, queimado e sachado para sementar
nel centeo.
• Cortello. Finca cercada de muro e que ten ao arredor vides en forma de
latas ou parras, adicándose a centeo ou calquera outra caste de cultivo.
• Ferrada. Herdade situada nunha leira e co desnivel corrixido por medio
de arribadas ou socalcos.
• Barbeito. Terra de ruín calidade e sen rega na que se alternan os cultivos,
de centeo e patacas polo xeral. Cando os barbeitos son moi pobres
déixanse un ano a ermo (sen cultivo).
• Veiga. En realidade non designa nunha caste de herdades senón un
conxunto de fincas adicadas ao millo. Aínda que tamén é unha descrición
xeográfica do relevo.
• Ribeira ou viña. Herdade destinada ao cultivo de vides. A ribeira tamén
corresponde as zonas baixas, na beira dos ríos.
• Chousa ou horta. Anaco de terra boa, polo xeral de pequenas dimensións
que se sitúa nas proximidades da vivenda. Normalmente esixe certos
coidados.
• Touza. Anaco de monte tapado e destinado a leña ou estrume.
• Bouza. Nuns lugares designa o terreo cheo de árbores e monte baixo,
mentres que outros só se refire ao monte baixo.
• Devesa. Finca destinada a leña, normalmente se atopan en zonas de
montaña. Na Serra do Candán e Montes Testeiro son habituais estas fincas.
Cortiña. Terreo cercado de paredes e no que medran árbores destinadas
a leña.
• Carballeira. Cortiña na que medran fundamentalmente carballos.
• Souto. Parcela plantada de castiñeiros.
• Piñeiral. Monte plantado de piñeiros.
Pomareira o pomar. Terreo destinado a maceiras.
Enxido. Finca de tamaño variable que se destina ao cultivo de árbores
froiteiras de distintas castes. Este nome dáse tamén nalgúns sitios ao
terreo que esta na contorna da casa.
• Nabal. Herdade de boa calidade, con rega, que se destinaba
tradicionalmente a cultivar nabos, patacas e millo. As veces se alternaba
ca plantación de liño.
• Liñeira. Finca adicada ao liño, moi similar o nabal.
Toxeira ou toxal. Terreo destinado a toxos, que unhas veces eran
empregados para estrume e outras para lle dar o gando.
• Xesteira ou xestal. Monte de xestas das que se empregan como leña
para cocer o pan.
• Coutada. En xeral, é un anaco de monte pechado con muros ou sebes.
• Pastureiro. Parcela destinada ao pasto da facenda.
Campo ou prado. Finca destinada á produción de herba.
Corgo. Prado pequeno e de pouca rega que se usa para levar alí o gando
a pastar sen lle segala herba.
Lameiro. Campo que ten moita auga.
• Braña. Dánselle varias acepcións a este nome, pero normalmente son
terreos húmidos destinados a pastos.
• Boedo. Terra de gándara na que medra espontaneamente o pasto, que
se aproveita para levar a facenda a pastar.

martes, 20 de noviembre de 2012

lunes, 19 de noviembre de 2012

'Casa Guillermo', una taberna con mucho gusto


Nombre             Casa Guillermo
Lugar                 San Andrés de Logares-A Fonsagrada,
Teléfonos          982 184028
Especialidades  Cocido, embutidos, pollo, caza y fabas con jabalí
Cierra                No. Imprescindible encargar


 
Una de las viejas tabernas de San Andrés de Logares, —la única que sigue abierta a lo largo de la carretera de A Fonsagrada a A Pontenova— constituye a su vez un santuario de la auténtica comida casera de esta zona de A Montaña. Se trata de Casa Guillermo, que actualmente regentan Argelio Fernández Queipo y Alicia Pérez Ferreiros, matrimonio que hace unos cuatro años apostó fuerte por este mesón al acometer una acertada rehabilitación del viejo edificio de piedra. Ella, Alicia, una de esas jóvenes excelentes cocineras que marcan la diferencia a la hora de presentar la cocina tradicional, es la hija de Guillermo; éste y su esposa, Sofía Ferreiro Río, reabrieron la vieja taberna en 1970. En Guillermo mandan los productos de la casa, incluido el pan, algo nada habitual en esta época. El vino también es de calidad. Lo mismo hay que decir del botelo, los chorizos y el salchichón. Sólo una muestra de los platos más demandados de esta taberna: la caza (de pelo), el pollo asado y las fabas con jabalí. ¡Ah!, y las tortillas. Las tartas (de queso y de nuez) y las filloas, exquisitas. Igual consideración para los dulces de crema. Como colofón, un apartado para el cocido gallego: lacón, cachola, botelo, chorizos, garbanzos, cimos y patatas. El precio, 18 euros, incluidos otros complementos.
TEXTO: ALONSO SÁNCHEZ/FOTOS: SANTY LÓPEZ 
 PUBLICADO EN:

jueves, 8 de noviembre de 2012

A resistencia da pataca


el país
Podían ir as cousas mal, mesmo moi mal, pero en Galicia sempre se dixo que había dous recursos que nunca fallaban. A terra e a retranca.
A terra está aí, terma de nós, coa munición infinda de ovos e patacas. A poesía protexe os seus, dicía Faulkner. Pois así a terra, que protexe os seus e a todo deus.
A terra como grande colchón da crise. A terra nai, a terra pai, a terra avoa, a terra fada e madriña, a tía terra. As incesantes leiras e hortas da terra e do mar. Ese fío de leite entre rueiros, aldeas e barrios. Esa xenerosa retagarda. O tempo das cereixas. A elevación barroca das vides. Esa teimosa resistencia toupeira da pataca. Esa vontade esférica do repolo. A verza bandeirante. O grelo co seu lombo de verde xeado e corazón de maquís. Esas columnas motorizadas que todas as fins de semana ateigan as estradas camiño do agro matricial. Van os autos lixeiros de equipaxe, mais retornan co maleteiro cheo de víveres. Por certo, tamén os autos, e os andares da cidade, adoitan ser mercados coa terra. Si, a terra é a xenerosa e eterna ONG de Galicia.
A terra está en crise. Non se pode dicir que a terra é inmune á crise. Pola contra, a terra, quen a traballa, está entre a xente máis esquecida, máis abandonada, máis desasistida. Con todas as emigracións, coa hecatombe demográfica, a estas alturas o lóxico é que o agro xa non existira, que labregos e gandeiros e mariñeiros, foran espectros nunha antiga postal. Por Soneira non se oía moito “labrador” nin “labrego”. Dicíase “vivir da vida”.. Todos os informes económicos agoiraban o adeus. Todos os expertos dábanlles o réquiem. De facer caso aos agoiros de burócratas e tecnócratas, a metade de Galicia estaríarecalificada, e a outra metade a selva. E algo diso hai, mais tamén hai moita terra que “vive da vida”. Que resiste.
E por que será? Por que esta desobediencia insurxente da terra fronte ao destino macroeconómico? Eu penso que en parte é por retranca. Ese humor de seu que a terra ten. Caen as palabras na terra e unhas murchan e outras crían como plantas. Para saír adiante, a terra necesita un humor. Un riso.
É significativo que un dos primeiros chistes galegos que se recolleu por escrito como tal pois trata xustamente diso, da retranca resistente da terra. É o que contaba Martín Sarmiento na Colección de voces y frases de la lengua gallega. E velaí: “Angazo. Esta voz es famosa en Galicia por un chiste que dicen sucedió con un gallego, que por haber andado por Castilla, había olvidado su lengua. Está en tal disposición el angazoque, si puesto en el suelo y tocando con las puntas de sus dientes en él, se pone el pie en la extremidad del mango o astil que hace cruz con el travesaño, del cual salen los dientes, al instante se levanta el mango y viene a dar con fuerza en la frente del que le tocó con el pie. Al chiste. Concurriendo el dicho gallego con su madre en una era, y viendo allí el instrumento, preguntó a su madre cómo se llamaba. Mandóle su madre que pusiese el pie en la extremidad arriba dicha. Apenas le puso, cuando el mango, vindicando su propio y nativo nombre, se elevó y le dio en la frente una feroz testerada. Al punto dijo el mozo olvidadizo, ¡ay miña nay, ô angàzo!. Ese es, hijo mío, dijo la madre, el nombre de ese instrumento”.
A xente vai perdendo a retranca. Como quen di, vai perdendo o nome do instrumento. Vese nos discursos. Nas declaracións. Nos debates. Na rúa. Hai unha crise da retranca, do humor dialéctico. E iso aínda nos fai máis desvalidos. Porque a retranca é un xeito de por en cuestión as grandes convencións, as afirmacións doutrinarias, a linguaxe apodíctica, propagandística, esa que non admite dúbidas.
A retranca é un dos asuntos centrais no último libro de John Rutherford,The power of the smile (O poder do sorriso). Esta obra marabillosa inclúe traballos sobre risos e sorrisos inesquecíbeis. O do profeta Daniel no Pórtico da Gloria (O primeiro sorriso medieval), o do Poema do Mio Cid, o da Celestina, o do Libro de buen amor, e o D. Quixote, ese trunfo do humor. Para ilustrar a súa pescuda na retranca, Rutherford conta algunhas experiencias propias en Galicia. No paso por unha aldea, nunha peregrinación, comentoulle a unha veciña: “Que bonita é esta paisaxe, verdade señora?”. E ela respondeu: “Pra quen lle guste”. Unha resposta que o mestre define como “sabia tautoloxía”. Unha resposta que contén información e segredo a un tempo. Unha resposta que dá que pensar.
Vivimos un deses intres da historia en que o que semellaba sólido vaise licuando e logo o líquido esfúmase e esvaece.
As malas noticias vanse sucedendo coa reverberación bíblica das pragas de Exipto. En Galicia danse algunhas circunstancias agravantes. É dicir, temos unhas cantas pragas que cheiran que alcatrean. Porque a crise que vivimos é, en grande medida, un produto de grandes cifras mesturadas con grandes trolas. Unha burbulla inmobiliario-mentireira.
A crise financeira concrétase nunha situación de calella sen (aparente) saída da entidade fusionada e intervida e que noutrora foron dúas caixas potentes, os mellores hórreos dos aforros galegos. Hoxe estaríamos nunha situación ben diferente se se empregasen eses recursos nos propios sectores produtivos e en investigación en lugar do inexplicado desbalde en exóticas aventuras inmobiliarias. Un dato significativo: o primeiro que se vendeu foi R, a empresa punteira e rendíbel nas telecomunicacións.
A parálise na construción naval ameaza meter nun estado de shock as bisbarras de Ferrol e Vigo, onde tamén se sofre a baixa de expectativas no sector de automoción. De multiplicarse de xeito exponencial a perda de empregos estaremos a falar en meses dun grave problema social e humanitario.
A poda e demouca en servizos públicos imprescindíbeis, en especial a Educación e a Sanidade, non soamente se reflicten nun estado de malestar, nunha perda de atencións e calidades. Unha dimensión non subliñada dabondo desa política gobernamental é que eses recortes son perigosas armas de dobre fío: ao primeiro, reducen o déficit, mais logo agravan a recesión. É unha política de terra queimada. Alí onde se peche unha escola e se expulsen mestres xa non volverá a medrar a herba. A supresión dun servizo exemplar como era até hoxe mesmo Preescolar na Casa, despois de décadas de laborioso tecido, merecería unha denuncia ante Dereitos Humanos da ONU.
Hai un dito mariñeiro para facer fronte á tempestade: “Se hai que rezar, rézase, mais sen soltar nunca o temón”. Aquí os responsábeis ou soltaron o temón ou non saben o rumbo. Eu xa non pido que se conte toda a verdade. Pero tiña que haber un chisco de retranca.
—Cara onde imos?
—Paciencia, Galicia, que estamos dando un xiro histórico de 360 grados.
Confío na retranca da terra. Que os que gobernan pisen o instrumento e atopen a luz: “Ai, miña nai, o angazo!”.

Os Santos soben ata A Fonsagrada






04/11/2012 - Pilar Cheda / El Progreso (Lugo)
O I Mercado de Santos da Fonsagrada supera o seu ecuador cun gran éxito de participación, tanto de vendedores como de público. A feira propiamente dita abriu onte e continúa hoxe, pero xa desde o venres pola noite os hostaleiros da localidade ofrecen pratos elaborados con produtos autóctonos de tempada.
Na carpa instalada na Praza dá Igrexa concentrouse un gran número de vendedores cunha ampla variedade de produtos propios da época otoñal. Moitos deles tiveron que repor existencias para poder continuar hoxe, pois o nivel de vendas do primeiro día foi moi elevado.

Comezan as obras da residencia da Fonsagrada, que deben estar en 18 meses

 
06/11/2012 - Pilar Cheda / El Progreso (Lugo)
Os traballos de construción da residencia de maiores da Fonsagrada que promove a Deputación Provincial de Lugo e o Concello xa comezaron e, segundo o proxecto, teñen un prazo de execución de 18 meses.
Nun ano e medio, a empresa adxudicataria da obra, Aldasa, deberá entregar o edificio totalmente rematado e serán a Deputación e o Concello da Fonsagrada os que deban decidir sobre a súa apertura e xestión.