martes, 31 de mayo de 2011

PARROQUIAS DA FONSAGRADA (3): A BASTIDA







INFORMACION PROPIEDADE DE FONSAWEB.


Para saber máis clickea:


Parroquia de San Miguel de Bastida
Pobos: 6
Poboación: 56 Veciños (2007)
Extensión: 21,39 Km2
Densidade: 2,6 hab/Km2
Coordenadas:
Latitude: 43º07'
Lonxitude: 7º06'
Límites:
Norte: Lamas de Campos, Neiro, Proba de Burón e Pacios
Sur: Padrón, Vieiro, Fonsagrada e S. Martín de Suarna
Este: Fonfría, Allonca e Lamas de Campos
Oeste: Pacios e Vieiro
No ano 1.991, contaba con 92 veciños, cúnha densidade media de poboación de 4´3 hab/km2. Segúndo o censo de 2.001, a Parroquia contaba con 62 veciños. no 2007 eran 56, 33 homes e 23 mulleres.


POBOS


A Bastida
Brañela
Invernal
Lidín
Pereira
Queixoiro
Xestoso de Riba





Un pescador avista un oso no límite entre Ribeira de Piquín e A Fonsagrada



Un veciño de Ribeira de Piquín asegura ver un oso pardo nas margenes do río Rodil, no límite do concello coa Fonsagrada. Este avistamento prodúcese só uns días despois de que Medio Rural suspenda a procura doutro plantígrado detectado no Alto da Vacariza.
Aínda co susto no corpo, o pescador revivía onte a súa experiencia sen esquecer ningún detalle. «Era primeira hora da tarde e estaba a pescar no río Rodil cando vin como, pola outra marxe, un animal baixaba cara o río», explicou. Nun principio pensou que se trataba dun can, pero enseguida comprobou que non era así. «Era un oso, sen dúbida algunha. Tíveno a menos de 20 metros. El nunha marxe do río e eu na outra, fronte a fronte», asegurou.
O home, de 67 anos, recoñeceu que se asustou «moitísimo» porque «nunca na miña vida me atopei con algo así». Recordou, nervioso, como o animal quedou inmóbil no lugar durante uns segundos. «Estivo alí ata que peguei un berro e se asustou. Logo xa o perdín de vista porque marchou monte arriba, oculto entre a maleza», di.
O sobresalto foi tal que este pescador decidiu interromper a súa rutina.«ía moi a miúdo pescar nesa zona pero agora teño medo. Sobre todo porque é un lugar apartado, onde non hai xente nin sequera cobertura de móbil para poder pedir axuda», explica.
Fontes de Medio Rural aseguraron onte a este diario que non recibiron aviso algún deste avistamento dun oso entre Ribeira de Piquín e A Fonsagrada polo que, polo momento, non está previsto mobilizar a axentes forestais para buscar indicios na zona.

Segundo aviso

O avistamento deste oso recorda ao producido, a mediados deste mes, a menos de 20 quilómetros do lugar, no Alto da Vacariza, entre os municipios de Baleira e Castroverde.
Nese caso, axentes forestais do Servizo de Conservación da Natureza de Medio Rural buscaron durante días algunha mostra que probase a presenza do plantígrado. O único que acharon foron algúns pelos dos que, como aseguraron onte fontes da Consellería de Medio Rural, aínda non se puido confirmar a orixe.
Desde a Fundación Oso Pardo -que tamén colaborou nos traballos de procura- recordan que os exemplares macho realizan «grandes desprazamentos na procura de alimento ou de femias». E ese comportamento, din, é aínda máis frecuente en épocas de celo, como a actual. A presenza dun oso nas proximidades da Fonsagrada é, polo tanto, pouco habitual pero non imposible.

OUTRO INDICIO. Danos sospeitosos en colmeas de Negueira de Muñiz

Aos dous avistamentos de osos coñecidos este mes na provincia, súmase outro aviso dun veciño de Negueira de Muñiz. O home contactou con Medio Rural para informar de danos nas súas colmeas que podían deberse á acción dun plantígrado. Axentes forestais e membros da Fundación Oso Pardo traballaron o fin de semana na zona, pero non acharon proba algunha da presenza do animal.

Indicios

As pegadas son a mostra máis clara á hora de determinar a presenza dun oso. Pero son moitos os restos que poden dar pistas. É o caso da aparición de pelos, excrementos ou danos en árbores e colmeas.


Información oso na Vaqueriza, clickea

http://elprogreso.galiciae.com/nova/89022.html

PARROQUIAS DA FONSAGRADA (II): ARROXO



Pobos: 12
Poboación: 130 Veciños (2007)
Extensión: 12,5 Km2
Densidade: 10,40 hab/Km2
Coordenadas:
Latitude: 43º03'
Lonxitude: 7º02'
Límites:
Norte: Cereixido
Sur: Navia de Suarna
Este: Vilabol de Suarna
Oeste: Lamas de Moreira

En 1991 contaba con 185 habitantes cunha densidade media de 14´8 hab/km2. Segúndo o censo de 2.001, a Parroquia contaba con 154 veciños. No ano 2007 eran 130 veciños, dos cales 66 eran homes e 64 mulleres.



POBOS

San Martín
Abade
Brancio
O Caleiro
Candelos
Castro de Martul
Ervellais
Novío
Río de Bangos
Río de Toxos
Veiga de Donas
Vilamaior


¿QUE VER?


San Martiño

Pazo de S. Martiño.- Tratase dun pazo que foi construido en mampostería de esquisto, con partes realizadas en granito, e un tellado realizado con lousas de pizarra. Ademáis a sua esquerda ten un pombal de forma circular, e foi realizado con mampostería de esquisto, cun tellado a un auga formado por lousas de pizarra. Edificio de planta rectangular de baixo e piso. Xisto e lousa. Destaca a sua portada; arco de medio punto de sillería e hermoso escudo sobre o mesmo. Hórreo de planta cuadrada, estructura de cerramento de madeira e cuberta de palla (ó beo)
Palloza do Chao.- ??
Iglesia Parroquial.-
Tres prismas engadidos:activo, nave,zona de altar. Muros de xisto, revocados e cubertas de lousa. Espadaña de sillería.
Casa Rectoral
Casa da Torre
Pombal
Medorras de Ferreira


Brancio


Capela de Brancio
Celeiro
Castro
Antiga escola


O Caleiro


Caleiros


Castro de Martul

Palloza do Chao.- Palloza con cuberta de palla. Planta casi circular de 7m. de diámetro, con paredes de xisto e cuberta de palla “ó Beo” sobre estructura de madeira. Un único oco a porta de entrada. O seu carón un hórreo de planta cuadrada estructura de madeira e cuberta có0nica de Palla “ó Beo”. Escasamente alterados.
O Castro de Martul

Ervellais
Ermida de Ervellais
Palloza ??
Horreos
Medorra das Peneliñas
Medorra dos Chaos



Novio

Capela de Novío
Hórreos
Fonte


Rio de Bangos

Capela de Río de Bangos
Antiga escola ?


Veiga de Arroxo

Capela de S. Francisco. Tratase duna construcción que ten a pranta cadrada, có tellado de pizarra a duas aguas. Os muros son de mampostería de esquisto. A fachada principal ten unha porta flanqueada por duas ventás. O campanario ten un corpo cadrado coun vano, donde se atopa a campá e ten outro corpo de forma triangular.


Vilamaior de Arroxo

Capela de Vilamaior ?
Palloza con teito de palla, similar as pallozas cadradas desaparecidas no Cebreiro.
Palloza de Penela.-
Palloza “Averiada” de Lousa, e cuberta de palla. Palloza con perramento de Xisto, planta cuadrada e cuberta cónica de palla a “ó Beo”. Engadironselle á primitiva palloza duas novas construccións: unha para vivenda dormitorios e outra para corte. Utilizouse como material de construcción o xisto e de cuberta empregouse planchas onduladas de fibrocemento. Pequenas actuacións en formigón; acceso á palloza e muro de corte.
Castro "Chao do Castro"
Medorra do Tombo
¿Casa do Cileiro?

O son do «birimbao», analizado para «Lucensia»



1O «birimbaísta» Emilio Pérez, máis coñecido como Emilio do Pando, realizou onte pola tarde unha demostración deste curioso instrumento en Lugo. Fíxoo durante a presentación na Fundación Caixa Galicia do número 42 da revista Lucensia, que edita a biblioteca do Seminario Diocesano. A públicación inclúe unha investigación sobre o «birimbao» ou «trompa» realizada pola profesora María Fouz Moreno. ¡E que mellor que un virtuoso deste instrumento tradicional para ilustrar o traballo! Natural da Fonsagrada e gaiteiro ilustre, Emilio, que foi carteiro, é un referente indiscutible para todo aquel que queira coñecer a música daquela comarca. Deste xeito, foi el quen introduciu a músicos e grupos tan prestixiosos como Milladoiro ou Luar na Lubre no saber e nos sons da súa terra. Agora que xa está xubilado continúa impartindo cursos e participando en recitais en España e Portugal. Nesta ocasión, a revista de cultura e investigación do Seminario sae de imprenta con 208 páxinas nas que, como sempre, ofrece un variado abano de cuestións relacionadas coas humanidades, a ciencia e a técnica relacionadas coa historia e a vida dos lucenses.

A Xunta invita a aforrar auga na primavera máis seca en 50 anos

A escaseza de choivas podería complicar a subministración en núcleos rurais



As tormentas que varreron Galicia nos últimos días apenas axudarán a refrescar a que xa é a primavera máis seca dos últimos 50 anos, segundo os datos que onte presentou a Xunta. A escaseza de choivas é tan anómala que estas precipitacións serían máis efectivas para arrefriar a ameaza de incendios forestais que para emendar o risco de problemas estivais de subministración de auga. Aínda que Medio Ambiente asegura que o servizo está garantido nas cidades e as súas contornas, admite que pode haber dificultades en núcleos que se abastecen a través de traídas veciñais. A consellería ve a botella medio baleira e pide aos cidadáns que aforren auga «para chegar ao outono coas mínimas incidencias posibles».
A chamada ao consumo responsable prodúcese nun contexto meteorolóxico extraordinario. Galicia atravesa a primavera máis cálida desde 1961, cunha temperatura media de 14,9 graos, fronte á media de 11,4 que rexistrou entre os anos 1971 e o 2000. Pero a escalada do mercurio por encima dos valores habituais, que facilita a evaporación da auga, agrávase coa ausencia de choivas. A pluviosidad caeu un 40% e sitúase tamén nos niveis máis baixos en 50 anos. Estes dous factores conflúen nunha ocupación media dos encoros do 73%, cando o ano pasado alcanzaba o 80%. Nas presas de abastecemento, o nivel actual está no 91%, fronte ao 99% do 2010. Só 11 das 38 estacións de aforamento están nos índices de hai un ano; o resto están por baixo. De feito, Medio Ambiente admite que xa se detectaron problemas en Baiona e Vilagarcía, onde «a situación é máis delicada», aínda que Baiona conta coa alternativa da presa de Zamáns, e Vilagarcía está a captar auga do río Umia.
Con estes datos, o conselleiro Agustín Hernández conciliou onte a mensaxe de tranquilidade sobre unha subministración urbana que «non debería ter problema» coa cautela en canto a posibles dificultades en núcleos máis pequenos. «Pode que haxa traídas veciñais que se vexan afectadas por esta situación anómala», advertiu. Así as cousas, Medio Ambiente activou un plan de seguimento que inclúe o axuste do caudal das presas e que manterá alerta á consellería para pór en marcha «as actuacións que sexan necesarias para a mellor aplicación e distribución de recursos posible».
Coincidindo coa comparecencia de onte, a Xunta publicou no Diario Oficial de Galicia a licitación da explotación e mantemento dos 47 puntos de control dos encoros, cun contrato por dous anos e un orzamento de 627.400 euros.

lunes, 30 de mayo de 2011

A parte alícuota do monte comunal

O xulgado ou os comuneiros da parroquia fonsagradina de Freixo terán que decidir se se respecta o tradicional sistema de propiedade proporcional

A adaptación ás prácticas actuais dos sistemas de uso tradicionais dos montes en man común xera frecuentes conflitos que nalgúns casos acaban na vía xudicial. Isto é o que ocorre na parroquia de Freixo, na Fonsagrada, onde un dos propietarios reclama que se manteña a proporcionalidade que rexeu desde sempre e que di ter acreditada notarialmente.
Un veciño, Antonio Ortiz, reclama que o monte veciñal en man común sexa declarado como monte abertal. Alega que a súa casa ten asignada a propiedade sobre algo máis dun centenar de fanegas. O próximo día 13 o colectivo celebrará unha xunta xeral na que un dos puntos da orde do día será a adopción dun acordo sobre a postura da comunidade ante a demanda presentada polo veciño no Xulgado da Fonsagrada. Tamén acordarán que profesional defenderaos e decidir «en caso de acceder á desclasificación do monte como veciñal en man común, o modo e xeito no que se vai dispor do diñeiro existente na comunidade».
Como adoita ocorrer, no transfondo do asunto hai diñeiro polo medio á marxe dos terreos, no seu maior parte improductivos actualmente. Segundo afirma Antonio Ortiz, Freixo ten actualmente unha ducia de casas habitadas permanentemente, pero hai outros tres ou catro veciños con dereitos sobre o monte que, ao parecer, queren participar agora na repartición do diñeiro da venda de madeira, do que foron excluídos no seu día.
Superficie
Ortiz afirma que a súa familia ten documentos notariais que ratifican os dereitos que lle corresponden á súa casa sobre o monte. Cada vivenda tiña asociada unha parte nos terreos comunais e no seu caso, os seus antepasados compraron outra casa máis no pobo cos correspondentes dereitos, e posteriormente aínda adquiriron parte dos dereitos dunha terceira vivenda.
O demandante pretende facer valer a súa propiedade sobre 100 dun total de 800 fanegas que ten o monte comunal. Tendo en conta que unha fanega son seis ferrados e que na Fonsagrada un ferrado equivale a 507 metros cadrados, Antonio Ortiz reclama a propiedade de dereitos equivalentes a unhas 30,4 das 243,3 hectáreas totais que ten o monte parroquial.
Sinala que antigamente era traballado de forma conxunta e cada un tiña unha parte proporcional. A mediados dos anos 80 do anterior século o consorciaron coa Administración, que plantou unha parte do terreo. Posteriormente foron realizadas tallas e a comunidade recibiu o diñeiro que lle correspondía, en parte destinado a obras comunitarias e o resto repartírono. Sospeita que eses fondos poden ser tamén agora motivo de conflito debido á reclamación dos tres ou catro veciños que se quedaron sen nada.
Nestes momentos o monte ten unha pequena parte con árbores plantadas pola Xunta con fondos procedentes do consorcio. Orixinariamente estivo consorciado e con piñeiros un anaco de 22 hectáreas no lugar de Penalba e outro de 44 na Serra dá Modorra. Antonio Ortiz asegura que intentou facer un pasteiro e aproveitar o monte, pero non foi posible e actualmente está a matogueira no seu maior parte. Di que defenderá os seus dereitos onde sexa necesario.

«A curto prazo os concellos terán que compartir servizos»



María García Ferro non é lucense de nacemento, pero ten recentes, diversos e intensos vínculos que a fan sentirse fonsagradina de afección. Un 15 de abril chegou ao pobo, cunha maleta que portaba un título de secretaria interventora aínda cheirando a tinta verde, para facerse cargo da organización administrativa do Concello; outro 15 de abril, o próximo, deixará o despacho pero o título xa terá a tinta seca e a maleta irá cargada de experiencia.
Parece incrible tendo en conta a profesión tan concreta que elixiu esta pontevedresa, pero cando finalizou a carreira de Dereito en Santiago permaneceu un ano en branco esperando a que se lle aclarasen as ideas. Conseguiuno e púxose a preparar as oposicións. «Decidinme por isto porque a parte administrativa do Dereito sempre me gustou moito».
Aprobou e colocáronlle unha relación de concellos que tiñan a secretaría vacante. A da Fonsagrada foi unha das primeiras entrevistas que fixo e ambas as partes quedaron bastante satisfeitas, polo que o seguinte paso foi mirar nun mapa onde se situaba o municipio que respondía a tan enigmático nome. «Ademais do mapa, o primeiro que fixen foi entrar na páxina web do Concello a ver como era, que había e que era o característico deste pobo». Na viaxe acompañouna a súa familia e cando ían polo Alto do Cerredo xa estaban impresionados polas curvas da estrada. Mal empezamos.
Con todo, os agoiros non se cumpriron e os mareos do coche quedaron esquecidos tras a acollida que tivo no consistorio e pola amabilidade da xente en xeral. «O pobo gustoume, pero me chamou a atención a casa do Concello porque me deu a impresión de vella, antiga e moi pequena, en comparación con outras que ves cando visitas lugares».
Recoñece que profesionalmente ao principio o pasou moi mal debido a que era o seu primeiro destino e á cantidade de asuntos que estaban acumulados. «Estiven un ano encerrada no Concello día e noite porque era o meu primeiro contacto co traballo, e unha cousa é estudar e outra traballar, pero tamén porque aquí había outra forma distinta de traballar e talvez existía algo de descoido administrativo». Ese «descoido» consistía nunha chea de facturas sen pagar e na acumulación de papeis pendentes de remitir a outros organismos, relacionados co funcionamento económico.
«Ante todo, a obrigación de políticos e empregados municipais é traballar para os veciños e solucionarlles os problemas en lugar de entorpecerllos, e nese sentido nunca tiven trabas», asegura María. Sempre se fala da proximidade dos alcaldes cos administrados, pero non é maior que a dos funcionarios, se se queren achegar. Ela optou por facelo e aínda esta semana acudiu pola tarde a facerlle un trámite a un veciño que non pode ir en horario de oficina. Compénsanllo co bo criterio que teñen da secretaria, da que algúns destacan unha eficiencia administrativa inédita en etapas precedentes.
O político e o social
María Ferro sorrí cando se lle pregunta polo poder dos secretarios municipais, que lle poden pór as cousas difíciles a un alcalde. Explica que, polo que observa, ese tipo de conflitos adóitase dar por un problema de tempos. A miúdo os políticos interésanse máis pola urxencia que polos prazos, e os pasos e procedementos administrativos son sacros para os funcionarios.
Desde o punto de vista social e ata humanitario, a parte máis triste do traballo na secretaría dun concello é ter que informar a denegación dunha licenza dunha casa xa feita ou a orde de derriba, di. «Tratas de explicarlle da mellor forma posible que antes de facer o investimento tiña que solicitar o permiso, pero tamén entendes que alguén chegue ao ao Concello chorando».
A secretaria municipal, que se ve obrigada a solicitar outro destino pero quere quedar no lugar máis próximo posible e seguir residindo na Fonsagrada, conviviu estes anos de forma moi directa co problema do despoboamento. É consciente de que algún día será necesario expor a profunda reestruturación dos municipios, pero di que de momento hai outras solucións, porque tamén defende que cada pobo teña a súa propia personalidade. «A curto prazo os municipios pequenos terán que compartir servizos para compensar a redución dos ingresos».
María García Ferro
32 anos
Secretaria interventora municipal
A praza do consistorio fonsagradino, que cruzou diariamente nestes tres anos.

¿Qué é unha polavila?

María Luisa Álvarez Gutíerrez desde A Fonsagrada, Lugo, envió el siguiente mensaje, el día 08/07/2003, a la lista de Fillos-L:
Acertache Inés. Ir "á polavila" a unha casa é ir pasa-la noite logo de cear. Por Castro de Rei dinlle "ir de rúa" pero é o mesmo.As noites de inverno son longas, e cando non había televisión nin luz eléctrica que permitira seguir traballando ata as tantas, como agora, os veciños das aldeas "despachaban " o gando, ceaban e marchaban para as casas dos veciños, ou recibían a estes na súa, e alí falaban das cousas da vida, contaban historias, xogaban á baralla, etc... acompañados sempre dun vaso de viño, o café, unhas mazás, unhas noces ou avelás...o que había.A min si que me tocou vivir aínda estes tempos e paréceme que é unha mágoa que esto se perda, porque era a mellor maneira de manter unha comunicación entre os veciños que hoxe está desaparecendo (xa logo vivimos aquí como nas cidades, cada un ó seu, do traballo para a casa e da casa para o traballo) por iso aínda algunhas noites de inverno saímos á polavila por aquí pola aldea, ou a outras onde temos familiares ou amigos.Mª Luisa ÁlvarezA Fonsagrada-Lugosocio nº 43 de Fillos de Galicia.



cLICKEA: UNHA POLAVILA EN CANDELOS

http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=1290160


despois vai a: TEXTO INTEGRO EN PDF

FOTOS RUTA DO BUTELO (3ª ENTREGA): 25,26 E 27 DE MARZO. FOTOGRAFA: VERONICA MENDEZ

















domingo, 29 de mayo de 2011

Argelio Fernández di que traballará ''para todos'' catro anos máis


O candidato socialista á alcaldía da Fonsagrada, Argelio Fernández Queipo, valorou onte os resultados dos comicios e indicou que a maioría absoluta que os seus veciños lle outorgaron ao PSOE é a resposta a catro «anos de traballo intenso cerca da xente». Comprometeuse a seguir «nesa liña outros catro anos máis porque, en contra do que algúns dixeron durante a campaña, son de fiar e non vou dimitir».

Argelio Fernández xa pensaba onte en continuar con proxectos iniciados como a residencia de maiores, a construción do consistorio ou o arranxo do polideportivo, todos eles sufragados pola Deputación.

Non perde de vista outras infraestruturas, como o polígono industrial, pendente de autorización de Patrimonio, ou a traída de auga, cuxo proxecto espera que salga pronto a exposición pública. «Estas actuacións son os eixos das principais demandas do concello e están todas en marcha», comenta.

O candidato socialista, que gobernou en minoría os últimos catro anos e agora acaba de lograr un respaldo maioritario, di que seguirá «loitando polos proxectos da Fonsagrada e traballando para todos sen discriminación».

Os socialistas resisten na Montaña e o PP reafírmase nos seus feudos


O cinto vermello da Monaña resistiu onte a arremetida do PP. Os socialistas conservaron as maiorías que xa tiñan e conseguiron unha máis, a da Fonsagrada, unha praza difícil de tourear e que foi moi valorada.

Os veciños de Negueira elixiron catro edís socialistas e un popular
Os populares loitaron con forza e lograron subidas significativas, pero só conseguiron arrebatar o bastón de mando socialista nas Nogais.

Significativa foi tamén a subida de Baralla, onde o popular Manuel González Capón xa gobernaba con maioría absoluta e agora farao cunha marxe aínda máis amplo, oito edís dun total de once. Francisco Acal, pola súa banda, defendeu sen problemas a súa maioría en Baleira e Antonio Madarro sumou dous edís en Becerreá, que lle custaron a maioría absoluta ao PSOE.

As Nogais, Baralla e Baleira serán, pois, as únicas alcaldías do PP na Montaña. Os socialistas levan o resto.

A marca

Os mellores resultados para o PSOE foron os de Pedrafita do Cebreiro, onde a lista encabezada por José Luís Raposo conseguiu o 71,44 por cento dos votos emitidos e mantén os seus sete concelleiros. O Partido Popular gañou un edil a costa do BNG, que tras presentar unha lista composta integramente por xente allea ao municipio queda sen representación para os próximos catro anos.

Un caso similar é o de Cervantes, onde os socialistas conservan os seus seis edís e o PP logra tres arrebatándolle un ao BNG, cuxa lista tamén era de recheo.

En ascenso

A maior subida socialista rexistrouse na Fonsagrada, onde Argelio Fernández Queipo logrou unha maioría absoluta que lle dará catro anos de tranquilidade tras os últimos catro de goberno en minoría.

Ésta era a primeira vez que Fernández Queipo sometíase ao exame dos seus veciños, pois nas anteriores eleccións municipais non encabezou a lista socialista. No entanto, accedeu á alcaldía tras a renuncia do candidato, Ricardo Parada, a asumir o cargo.

Fernández Queipo mostrábase onte especialmente satisfeito tras gañar por primeira vez unhas eleccións e incluso mellorar os resultados do seu partido na Fonsagrada.

Navia de Suarna tamén aguantou o envite do Partido Popular e o socialista José Fernández mantén a maioría con cinco edís. Os populares, encabezados por Manuel Vázquez Crespo, melloran resultados e sitúanse en catro. Tamén aquí son os nacionalistas os que ceden terreo ao PP.

Mancar nacionalista

O Bloque foi o gran perdedor nos municipios da Montaña. Cedeu concelleiros en todos os municipios: A Fonsagrada, Cervantes, Pedrafita do Cebreiro, Navia de Suarna, As Nogais, Negueira de Muñiz, Baleira, Baralla e Becerreá.

Neste último concello, a pesar dos malos resultados, o edil nacionalista Ovidio Montaña será determinante para o goberno municipal.

A lista socialista foi a máis votada, pero empatou a cinco concelleiros coa do PP. Con estes resultados, o socialista Manuel Martínez perde a maioría absoluta e só ten dúas opcións: ou intentar gobernar en minoría durante os próximos catro anos ou buscar o apoio do BNG para formar un goberno estable.

O retroceso do PSOE en Becerreá sitúa ao nacionalista Ovidio Montaña nun lugar privilexiado e sen dúbida o seu apoio será o máis cobizado por socialistas e populares nos plenos que se celebren ata o ano 2015.

Participación

A participación dos votantes nas eleccións de onte nos municipios da Montaña foi espectacular. A media superou con fartura o 80 por cento. Só A Fonsagrada baixou lixeiramente desa cifra e situouse no 78,97 por cento. A marca bateuno Negueira de Muñiz, onde o 90,55 por cento dos censados con dereito a voto acudiron ás urnas.

Todos os partidos afanáronse na última campaña electoral para mobilizar aos veciños. A subida que todos auguraban ao PP serviu para que os socialistas puxésense as pilas e poucos quedaron onte en casa. Resulta significativo que no partido xudicial da Fonsagrada -Baleira, Ribeira de Piquín, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e A Fonsagrada- rexistrásese unha participación do 82,46 por cento, fronte ao 57 por cento dos comicios de 2007. En total, o 47,75 por cento dos votos levoullos o PSOE, fronte ao 39,24 de hai catro anos.

A loita foi especialmente dura nestes concellos, onde os socialistas e os populares non só se disputaban as alcaldías, senón o deputado provincial que lle corresponde a esta zona e que, finalmente, por unha diferenza de 118 votos queda nas filas do PSOE.

As eleccións de onte determinaron que o PP terá doce deputados provinciais, o PSOE once e o BNG dous. Socialistas e nacionalistas, actuais socios de goberno, deberán renovar o seu pacto se queren seguir á fronte da institución.

Estes resultados tan rifados eran esperados por todos os partidos, de aí a súa preocupación por buscar votos debaixo das pedras e por atraer cara á súa causa a calquera indeciso ou decepcionado coa súa primeira opción.

O panorama tras o 22-M non cambiou moito na Montaña. Só As Nogais cambia de signo. No resto dos municipios, os socialistas afiánzanse nas súas posicións, con excepción de Becerreá, onde ceden terreo, e os populares defenden con ampla marxe as súas. Nin os uns nin os outros son capaces de penetrarse nos feudos onde os adversarios gobernan con hexemonía.

Adxudicadas obras na Montaña por valor de 480.000 euros


A Deputación de Lugo adxudicou na súa xunta de goberno dos venres obras valoradas nuns 480.000 euros nos concellos de Becerreá e A Fonsagrada.

Segundo informou o portavoz provincial nacionalista, Antonio Veiga, a institución destinará uns 235.000 euros á construción dun campo de céspede artificial en Becerreá, uns traballos adxudicados á firma Calfensa Proxectos.

As dúas obras restantes acometeranse na Fonsagrada, segundo indicou o portavoz socialista, Antonio Gato, quen informou de que a adxudicación da reforma do pavillón, por un importe duns 150.000 euros, e da mellora dos accesos de Porteliña-Cereixido e o ramal a Taboeiro, por 95.000. En ambos os casos, fará os traballos a empresa Comfica Solucións Integrais.

Outro dos acordos destacados por Gato foi a aprobación do expediente de contratación para levar a cabo a exposición Paisaxes de Auga na aula de interpretación da natureza creada pola Deputación en Guitiriz. Esta actuación enmárcase nun convenio entre o Goberno central e o organismo provincial, dotado con 1,1 millóns de euros, para desenvolver os recursos das reservas da biosfera.

Ademais, aprobouse outro convenio coa comunidade de propietarios do campo da feira de Parga (Guitiriz), polo que a Deputación destina 30.000 euros a reformar os alpendres.

Outros acordos

Antonio Veiga tamén deu conta, entre outros asuntos, dun acordo co Concello da Pobra do Brollón para financiar con 30.000 euros o programa Conciénciate, que fomenta a interacción entre asociacións e cidadanía.

A xunta de goberno aprobou, ademais, conceder unha subvención de case 29.000 euros ao Concello de Sarria para sufragar gastos de normalización da toponimia nas parrroquias,

Ademais, o Concello de Monforte recibirá 35.000 euros para actividades culturais, 29.000 para un curso de iniciación á música na infancia e 45.000 para o desenvolvemento de actividades xuvenís, entre elas unha para achegar aos máis novos a figura do escritor Lois Pereiro, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Adxudicadas obras na Montaña por valor de 480.000 euros

A Deputación de Lugo adxudicou na súa xunta de goberno dos venres obras valoradas nuns 480.000 euros nos concellos de Becerreá e A Fonsagrada.

Segundo informou o portavoz provincial nacionalista, Antonio Veiga, a institución destinará uns 235.000 euros á construción dun campo de céspede artificial en Becerreá, uns traballos adxudicados á firma Calfensa Proxectos.

As dúas obras restantes acometeranse na Fonsagrada, segundo indicou o portavoz socialista, Antonio Gato, quen informou de que a adxudicación da reforma do pavillón, por un importe duns 150.000 euros, e da mellora dos accesos de Porteliña-Cereixido e o ramal a Taboeiro, por 95.000. En ambos os casos, fará os traballos a empresa Comfica Solucións Integrais.

Outro dos acordos destacados por Gato foi a aprobación do expediente de contratación para levar a cabo a exposición Paisaxes de Auga na aula de interpretación da natureza creada pola Deputación en Guitiriz. Esta actuación enmárcase nun convenio entre o Goberno central e o organismo provincial, dotado con 1,1 millóns de euros, para desenvolver os recursos das reservas da biosfera.

Ademais, aprobouse outro convenio coa comunidade de propietarios do campo da feira de Parga (Guitiriz), polo que a Deputación destina 30.000 euros a reformar os alpendres.

Outros acordos

Antonio Veiga tamén deu conta, entre outros asuntos, dun acordo co Concello da Pobra do Brollón para financiar con 30.000 euros o programa Conciénciate, que fomenta a interacción entre asociacións e cidadanía.

A xunta de goberno aprobou, ademais, conceder unha subvención de case 29.000 euros ao Concello de Sarria para sufragar gastos de normalización da toponimia nas parrroquias,

Ademais, o Concello de Monforte recibirá 35.000 euros para actividades culturais, 29.000 para un curso de iniciación á música na infancia e 45.000 para o desenvolvemento de actividades xuvenís, entre elas unha para achegar aos máis novos a figura do escritor Lois Pereiro, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

viernes, 27 de mayo de 2011

ELECCIONS 2011 A FONSAGRADA

ABSTENCION



  • No ano 1987 a abstención na Fonsagrada foi dun 43,93% , cun censo electoral de 7367. O Número de votantes foi nesta cita electoral de 4131.


  • Ano de 2011 a abstención foi dun 21,03%, cun censo electoral de 3893. O Número de votantes nesta cita electoral de 3080.


  • Redúxose case 22 puntos


    • VOTOS EN BLANCO




      • No ano 1987 os votos en blanco foron 18 o que supoñía o 0,44%


      • No ano 2011 os votos en blanco foron 29 o 0,96%


      • Aumentou máis dun cen por cen
      VOTOS NULOS


      • Ano 1987 22 o 0,44%

      • Ano 2011 55 o 1,79%

      • Aumentou un 130%

      FOTOS RUTA DO BUTELO (2ª ENTREGA): 25,26 E 27 DE MARZO. FOTOGRAFA: VERONICA MENDEZ





































      jueves, 26 de mayo de 2011

      PARROQUIAS DA FONSAGRADA (I): ALLONCA.


      Pobos: 11
      Poboación: 35 Veciños (2.007)
      Extensión: 11,2 Km2
      Densidade: 3,12 H/Km2
      Coordenadas:
      Latitude: 43º10'
      Lonxitude: 6º59'
      Límites:
      Norte: Lamas de Campos
      Sur: Fonfría e Monteseiro
      Este: Asturias
      Oeste: Bastida
      En 1.991 contaba con 65 habitantes. No 2007 contaba con 35, 16 homes e 19 mulleres.
      POBOS






      Allonca
      Allonquiña
      A Braña
      A Ferraría
      Frontal
      A Muíña
      Pántaras
      Quintela
      O Relaio
      A Trousa
      Vilarello
      Travesa

      ¿QUE VER?



      Allonca


      Dolmen da Casía da Arquela.- Dolmen de cámara poligonal. A pedra de cobertura ten uns 3,20 m de largo. A Pranta cámara mide 1,70 X 1,80 m. e de altura 1,40 m. Para ir, hay que chegar á altura da curva do Acebo (A Porretía), máis dún 1 km monte abaixo en dirección Norte. Manuel Vázquez Seijas: "Uno de los más característicos y mejor conservados existentes en la provincia de Lugo. Cita a lenda de "que unha mora xoven e bela subiu ó monte na cabeza a pedra grande que serve de cuberta".O parecer unha excavadora acabou accidentalmente con ela.
      Igrexa Parroquial.- Do Seculo XVIII. Planta de cruz griega de 15x15m. rematado nún ábside de forma semicircular. No frente dispón de un porche e a amboslosdous lados da nave central un almacén e unha sacristía. As paredes son de pedra de xisto con restos de encalado. A cuberta e de Lousa. Interiormente esta enngalada con un retablo principal de madeira e tres santos. E outros dous nas capillas laterais, con algunha pinturas murais.
      Castro de Penas do Castro
      Casa Grande
      .- Tratase duna construcción de planta rectangular de 14 x 16m., Consta de semisoto, planta baixa, piso e baixo cuberta. Cuberta a catro augas. As paredes son de pedra de Xisto, posteriormente encaladas, na planta baixa e no piso. As carpinterías son de madeira, dispón de alguns dinteis en arco.
      Hórreo da Casa Grande.- Tratase duna construcción de planta rectangular de 7x 5m. Muretes de pedra na base e seis pes de madeira. Estructura e cerramento de madeira sen corredor. Cuberta a catro augas.
      Casa de Campon.- Tratase duna construcción de planta rectangular de 14 x 14m., sin ningún tipo de beiril, agas os da cuberta. Acceso por tres niveis diferentes. Constituie una edificación moi tipolóxica. As paredes son de pedra de Xisto, os dinteis de madeira, e a cuberta a tres augas de lLousa. Carpinterías de madeira. É moi volumétrica con apenas un xesto saledizo na parte outo das parades para facer o beiril da cubertacon tres niveis; un entrada e lareira, outro mais abaixo para as cortes e o mais outo para os dormitorios. Paredes de carga de Xisto con xunta seca. Cuberta a tres augas de lousa. Estructura dos forzados de madeira.


      A Allonquiña


      Núcleo rural coas casas relativamente separadas e con moitos arbores frutais. Esta formado por unhas vinte casas, una capella e unha pequena escola. Esta nun camiño sin saida con orientación o Este e unha forte pendente. Actualmente esta prácticamente abandonado, agas un uso esporádico nas vacacións. Destacan o lugar de Vilarello a 500 m. do núcleo e a casa do Relaio. A escola foi feita no ano 1.955 con diñeiro de emigrantes argentinos e vecinos de Allonquiña. Moitas casas abandonadas foron compradas recientemente po lo pintor Monteserín, residente en Madrid e propietario da casa grandede Allonca. Na capela existía unha soberbia escultura de santiago matamouros, que actualmente se atopa na casa grande de Allonca.

      Capela
      Palleira
      Horreos
      Casa de Relaio.-
      É unha agrupación lineal de edificacións de uns 70 x 15m. que comprende a casa, o hórreo, taller, torre, pendellos, estanque, aira, pozo, etc. Esta parcialmente cercado e dispón de portalón.
      Fonte
      Ruta dos Pintores
      A Mina de Allonquiña (Romana)




      A Ferraría
      Muiño da Ferraría




      Pántaras



      Capela de S. Xosé
      Casa de Bueno.-
      Tratase duna construcción de planta rectangular de 12 x 12 m. en forma de L A casa pasa por derriba de un camiño público, salvando o vano con unhas vigas de madeira. Esta construida con muros de carga de pedra de xisto, de diferentes características. Tódalas xanelas son das conocidas como “portas de aire”, realizadas en madeira , no baixo cuberta dispón de óculos para ventilación. O Forno e o hórreo son duas magnificas construccións ailladas


      Quintela

      A única casa da poboación asturiana de Quintela que pertence ao Concello de A Fonsagrada (Lugo)

      A Trousa



      Capela da Casa de Dña. Vicenta.- E unha construcción de planta rectangular de 6 x 10 m. Dispón de un porche con arco de medio punto, e unha Igrexa dun tamaño entre a capela popular e a Igrexa parroquial. Volumetricamente está dividida en dosu corpos con alturas diferentes, un a duas augas e outra a catro. Ten un pequeño campanario, interiormente esta caleada e pintada. O móbel mais importante e o altar decorado e policromado.
      Hórreo da Casa de Doña Vicenta.- E unha construcción de planta rectangular de 5x 5 m. sin corredor. Con estructura e cerramento de madeira. A cuberta e de lousa a catro augas. Apoios sobre columnas de xisto para aumentar altura e servir de almacén cuberto de herba seca.
      Casa de Doña Vicenta.- Ten uns 400 anos. É unha agrupación formada por varias edificacións o mais importante e a casa. Esta parece o resultado de sucesivas ampliacións, unha serie de espacios exteruiores complementan os interiores. Pedra de xisto nas paredes de diferentes calidades, lousas na cuberta e carpinterías de madeira e alumínio no resto.

      Hórreo da Casa de Penelo (Balbin).- Construcción de planta cuadrada de 5 x5 m., con estructura e cerramento de madeira sen corredor . O teito e cónico, de palla de centeo e uces a “o veo” que cubre todo o Hórreo rematado con una ola cerámica. A cuberta he renovada po lo propietario cada catro ou cinco anos. Os pes son de madeira sobre basamento de pedra ao gallo de conquerir altura para almacén.
      Casa do Soldado.- É unha agrupación formada po las seguintes edificacións: casa, hórreo, varios pendellos, cercados por muro de pedra con portalón de entrada; unha torre moi próximo ao anterior, varios accesos dende o exterior. Muros de xisto, cuberta de lousa a 4 augas e estructura de madeira.

      A Xunta ofrece concertar prazas nas residencias que planea a Deputación



      A conselleira de Traballo, Beatriz Mato, manifestou a intención do seu departamento de concertar prazas nas residencias que promove a Deputación Provincial en distintos municipios de Lugo. A través dunha carta dirixida ao alcalde da Fonsagrada, localidade na que se construirá un destes centros, Mato comunica esta posibilidade.
      Na misiva, que foi enviada ao rexedor fonsagradino o 16 de maio, a conselleira aclara que «de non ser así», no caso de que a Xunta non participe a través da concertación de prazas, «o mantemento e funcionamento dá residencia é responsabilidade absoluta dos promotores dá mesma».
      Beatriz Mato aclara que coñeceu a intención da Deputación de promover o centro da Fonsagrada e outros na provincia de Lugo a través dos medios de comunicación e fai extensiva a oferta de concertación de prazas a todos, para o que «habería que analizar no seu conxunto as necesidades de prazas concertadas segundo a zona onde se empracen as residencias».
      Obras
      A Deputación iniciará mañá o proceso de contratación das obras da residencia de maiores da Fonsagrada, coa publicación no Boletín Oficial da Provincia dos requisitos e prazos para presentar ofertas.
      As empresas interesadas en participar terán un prazo de 15 días para entregar a documentación requirida no rexistro xeral de Suplusa e, segundo as previsións da institución provincial, no máximo dun mes estará adxudicada a obra e poderán empezar os traballos.
      A Deputación investirá na construción deste centro 2,1 millóns de euros.

      FOTOS (Iª ENTREGA) DA XIII RUTA DO BUTELO 25,26,27 DE MARZO DE 2011 FOTOGRAFA: VERONICA MENDEZ