miércoles, 29 de junio de 2011

O incendio de Ribeira de Piquín xa está controlado tras arrasar con 140 hectáreas




A Consellería de Medio Rural dá por controlado o lume orixinado por unha tormenta seca no municipio lucense de Ribeira de Piquín, na parroquia de San Xoán de Vaos, que aínda non foi completamente extinguido, logo de arrasar unhas 140 hectáreas de monte.
Segundo informou a Consellería, participaron nos labores de extinción 9 helicópteros e 4 hidroavións, así como 6 técnicos, 17 axentes forestais, 28 brigadas, 15 motobombas e dúas escavadoras.Na zona do incendio tamén traballaron nas últimas horas efectivos da Unidade Militar de Urxencias (O.M.E), e das 140 hectáreas queimadas, 100 son de monte arboledo e 40 de raso.O incendio comezou sobre as dúas e media da madrugada do luns, polo que leva case corenta horas activo, pero os medios de extinción non foron capaces de controlalo ata esta tarde, como consecuencia da difícil orografía do terreo, con fortes pendentes que impedían o acceso dos medios terrestres.De feito, os equipos de extinción estiveron a piques de dalo por controlado en dúas ocasións, pero en ambas as chamas rebrotaron e fixeron que o lume continuase activo.O alcalde da localidade, o popular Sabino Díaz, xa anunciaba que o incendio quedaría controlado "deica pouco", porque a fronte baixou cara " zona do río Rodil", un afluente do Eo, que actuou como devasa natural.

martes, 28 de junio de 2011

PARROQUIAS DA FONSAGRADA (XVIII): PIÑEIRA


Pobos: 14
Poboación: 140 Veciños (2007)
Extensión: 13,09 Km2
Densidade: 10,69 hab/Km2
Límites:
Norte: Ribeira de Piquín
Sur: Bruicedo
Este: Pacios
Oeste: Baleira
No ano 1.991, contaba con 237 veciños cúnha densidade media de 18,1 hab/km2. Segúndo o censo de 2.001, a Parroquia contaba con 165. No censo do 2007, a parroquia contaba cún total de 140 veciños, dos cales 84 eran homes e 54 mulleres.
POBOS


A Airexa
A Boucisca
Castañosín
Centigosa
Escourido
Estremeiro
Goxe
Gulpilleiras
O Mido
Monteagudo
Piñeira
Silvadrosa
Teixeira
As Veigas

¿QUE VER?

A Airexa

Igrexa Parroquial de Sta. María.
Reloxio de sol na igrexa de Piñeira.-
Está Grabado sobre unha lousa de forma casi cuadrada. Grabadas aparecen duas circunferencias concéntricas divididas na parte inferior en doce partes. Ten unhas dimensións de aproximadamente 0.3x0.3 m.
Hórreo da Casa do Rego.- Construcción de planta cuadrada de 6 x5 m , con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousas a catro augas na que hay un pequeño cúmio horizontal que acusa una moi lixeira forma rectangular da planta. Os pes son de madira sobre pilastras de pedra, o cerramento do corredor presenta un oco en cada lado. Hay una porta de entrada, duas pequenas ventanas e enfrente da entrada hay unha porta ventana. O aleiro presenta un ornamento de madeira en forma de onda. As vigas principias tamén se recortan de forma redondeada no extremo buscando un certo ornamento e evitando a sua excesiva presencia no lateral.
Hórreo da Casa do Campelo.- Construcción de planta cuadrada de 4 x4 m , con estructura e cerramento de madeira, cuberta de palla que xa non he circular senon que marca bastante ben a catro augas e ten grandes aleiros, os pes son tamén de madeira e apoianse sobre a fábrica de pedra de un alpendre.
Hórreo da Casa de Pardo.- Construcción de planta cuadrada de 4.5 x4.5 m , con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousas a catro augas. Os pes son de madira sobre pilastras de pedra, o cerramento do corredor esta totalmente pechado, e presenta una doblr porta na entrada. A escaleira e de fábrica de pedra.
Hórreo da Casa de Cabaceira.- Construcción de planta cuadrada de 5 x5 m , con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousas a catro augas, as lousas son de forma rectangular e moi finas. Os pes son de madeira sobre pilastras de pedra, o cerramento do corredor esta totalmente pechado, as tablas separanse intencionadamente deixando rendixas para a ventilación. A escaleira e de bloque de formigón. Debaixo da porta de acceso presentase unha plataforma de madeira en voadizo que fai as veces de último paso pero sín conexión ca escaleira evitando o paso dos roedores.
Hórreo da Casa de Bernardo.- Construcción de planta cuadrada de 5 x5 m , con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousas a catro augas, as lousas son de forma rectangular e moi finas, as limatesas resolvense tamén con lousa que soluciona o encontro dos dous faldóns nun chaflán . Os pes son de madeira e estan en mal estado cuestión esta que podría provocar o derrumbe do hórreo, o cerramento do corredor que non presenta ocos interrumpese na parte dianteira de forma que a porta exterior esta na parede interior do corredor facendo unha especie de balcón protexido da choiva.
Hórreo da Casa de Touzón.- Construcción de planta cuadrada de 5 x5 m , con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousas a catro augas, presenta un ornamento no aleiro en forma de onda feito en madeira que oculta a estructura da cuberta. Os pes son de madeira sobre pilastras de pedra, o cerramento do corredor presenta duas fiestras nos laterais perpendiculares a entrada que permiten a iluminación e ventilación cruzada, o interior esta moi ben acabados cunha trampilla de acceso de forma octogonal rematada con molduras. O último passo da escaleira e un taboeiro que sae en voadizo de debaixo da porta do hórreo. A escaleira e de fabrica de pedra con barandilla de fábrica de ladrillo enfoscado. O Carpínteiro foi D. Manuel Rego de San martín de Baleira.

A Boucisca

Hórreo da Casa de Paulín.- Construcción de planta cuadrada de 6 x6 m , con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousas rectangulares finas a catro augas. Os pes son de madeira sobre pilastras de pedra, o cerramento do corredor e totalmente cego y as taboas estreitas colocadas a tope facilitan a ventilación.
Hórreo da Casa de Torneiro.- Construcción de planta cuadrada de 5 x5 m , con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousas rectangulares a catro augas, as limatesas están resoltan tamén con lousa achaflanando o encontro dos faldóns. Os pes son de madeira sobre pilastras de pedra, o cerramento do corredor e totalmente cego y as taboas estreitas colocadas a tope facilitan a ventilación. Está pintado de bermello.
Hórreo da Casa de Díaz.- Construcción de planta cuadrada de 5.5 x5.5 m , con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousas rectangulares a catro augas, a cuberta rematase con unha cruz de granito no cumio. Os pes son circulares de formigón armado, xa non conservan a forma dos materiais tradicionais, ainda que son mais anchos nas bases recordando as pilastras, o cerramento do corredor e totalmente cego y as taboas estreitas colocadas a tope facilitan a ventilación.

Castañosin

Capela de S. Ramón
Hórreo da Casa do Fidalgo.-
Construcción de planta cuadrada de 5x5m , con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousas a catro augas,. Os pes son de madeira colocados sobre fábrica de pedra que conforman un pequeño lugar de almacenamento de apeiros, o corredor sólo esta totalmente pechado na parte traseira e nos laterais e no frente pasa a ser un antepeito formado por taboas verticais e un listón de remate a modo de pasamanos.
4 Hórreos

Estremeiro

Hórreo da Casa de Albarín.- Construcción de planta cuadrada de 5x5m , con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousas rectangulares a catro augas, na que se distinguen duas partes unha cercana a o cumio na que a lousa ten forma redondeada e a inferior con lousas mais rectangulares. Os pes son de madeira colocados sobre fábrica de pedra, o cerramento do corredor esta formado por taboas colocadas a tope que na parte dianteira e traseira alternadamente se deixan pola mitade, o que favorece a ventilación

Goxe

Capela de S. Xosé.
Torre
Hórreo da Casa de Carballeira.-
Construcción de planta cuadrada de 5x 5 m. con corredor , con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousa a catro augas. Os pes son de madeira e descansan sobre pilastras de pedra. O corredor esta tortalmente pechado.
Hórreo da Casa da Fonte.- Construcción de planta cuadrada de 5x 5 m. con corredor , con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousa a catro augas. Os pes son de madeira. O corredor esta tortalmente pechado e sen ocos. Na entrada presenta una abertura grande sen porta
Castro "A Croa"
Hórreos

Gulpilleiras

Capela de S. Antón
Escudo dún dos 7 antigos Fidalgos da Fonsagrada
Hórreo da Casa de Touzón.-
Construcción de planta cuadrada, con estructura e cerramento de madeira, ten corredor , cuberta de lousas a catro augas. Os pes son de madeira colocados sobre pilastras de pedra . Pintado exteriormente de bermello.
Hórreo de palla da Casa de Touzón.- Construcción de planta cuadrada de 4 x 4 m. sen corredor , con estructura e cerramento de madeira, cuberta de palla. Os pes son de madeira colocados sobre pilastras de pedra, e tornaratos de lousa. Unha das vigas principias da estructura de piso esta apeada no punto medio.

O Mido

Hórreo da Casa de Sivestre.- Construcción de planta cuadrada de 4.5 x 4.5 m. con corredor , con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousa a catro augas. O cerramento do corredor e totalmente pechado, sen ocos. Os pes son de formigón conservando as formas dos materiais tradicionaes ( pilastras de pedra, e pes de madeira)
Hórreo da Casa de Sivestre.- Construcción de planta cuadrada de 6 x 6 m. con corredor , con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousa a catro augas. O cerramento do corredor e totalmente pechado, sen ocos. Os pes son de madeira.
Hórreo da Casa de Roxo.- Construcción de planta cuadrada de 5x 5 m. con corredor , con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousa a catro augas. O cerramento do corredor e totalmente pechado, sen ocos. Os pes son de madeira sobre pilastras de pedra. A escaleira exterior e de fabrica de pedra da zona. O corredor esta tortalmente pechado. As limatesas estan cubertas con tella cerámica curva.
Hórreo da Casa de Colchoso.- Construcción de planta cuadrada de 5x 5 m. con corredor , con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousa a catro augas. Os pes son de madeira sobre apoiados dous deles sobre un muro e os outros dous sobre un alpendre. O corredor esta tortalmente pechado e non presenta ocos e a ventilación producese po las xuntas das taboas.
Hórreo da Casa de Abidueiras ou do Caseiro.- Construcción de planta cuadrada de 5.5x 5.5 m. con corredor , con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousa a catro augas. Os pes son de formigón pero conservan as formas dos materiais tradicionais. O corredor esta tortalmente pechado e presenta duas pequenas ventanas en lados opostos. O aleiro esta ornamentado con unha pequena onda executada en madeira.

Piñeira

Hórreo da Casa do Carpínteiro.- Construcción de planta cuadrada de 5x5m , con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousas a catro augas. Os pes son de madeira colocados sobre pilastras de pedra , a escaleira e de fábrica de pedra de a zona, o cerramento do corredor esta totalmente pechado por taboas verticais colocadas a tope para permitir a ventilación.
Hórreo da Casa de Secundino.- Construcción de planta cuadrada de 4.5x4.5m , con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousas redondeadas a catro augas. Os pes son de madeira colocados sobre pilastras de pedra . Non ten corredor e o cerramento non presenta ocos a excepción da porta da entrada.
Hórreo da Casa de Lois.- Construcción de planta cuadrada de 5.5x5.5m , con estructura e cerramento de taboas de madeira colocadas en vertical , cuberta de lousas redondeadas a catro augas. Os pes son de formigón imitando as formas da madeira e as pilastras de pedra . A escaleira e tamén de formigón.
Hórreo da Casa do Neto.- Construcción de planta cadrada, con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousas a catro augas. Os pes son de madeira. Data do ano 1.922, as fotos foron enviadas por Antonio Díaz, dámoslle as gracias por colaborar e enriquecer esta web.

Un naviego logra fotografar na Fonsagrada un oso tras avistalo en plena estrada







O naviego José Manuel Landeira logrou fotografar un exemplar de oso pardo tras avistalo en plena estrada, no termo municipal da Fonsagrada. Tras ser alertada do achado, a fundación Oso Pardo confirmou a súa veracidade ao achar na zona excrementos e pelame do plantígrado.
O avistamento produciuse sobre as 23.30 horas do domingo, cando José Manuel Landeira regresaba a Lugo en compañía da súa muller e o seu fillo, tras pasar o fin de semana en Navia de Suarna, de onde é natural. Segundo o seu testemuño, durante o traxecto, no límite entre A Fonsagrada e Becerreá, atopouse no medio da calzada a un animal que nun principio non puido identificar. «Como estaba escuro miña muller e eu pensamos primeiro que era un xabarín, é común velos, pero logo xa nos demos conta de que era un oso», recordaba onte.
Landeira explicou que, ao recibir o feixe de luz dos focos do coche, o plantígrado empezou a correr pola estrada «uns 500 ou 600 metros ata que se desviou pola dereita, nunha zona de pastizais».
Nese breve período de tempo, tanto el como a súa muller lle sacaron algunha foto co móbil. Cando o oso deixou a estrada, decidiron non parar e seguir cara a Lugo ao ser xa bastante tarde e viaxar co seu fillo, de poucos meses de idade.
A pesar da pouca luminosidade e á baixa definición da imaxe, captada ademais en movemento, a foto feita por este naviego non deixou lugar a dúbidas sobre o animal retratado.
Así o indicaron onte desde a fundación Oso Pardo, entidade coa que José Manuel Landeira púxose en contacto para alertarlles do seu achado. Tras agradecer esa colaboración desinteresada, o presidente de FOP, Guillermo Palomero, explicou que unha patrulla da fundación rastrexou con posterioridade a zona, xa de día, e atopou excrementos do animal con restos de cereixas -un dos principais sustentos do oso nesta época do ano- e mostras da pelame.
«Á vista da foto, xa non tiñamos ningunha dúbida de que era un oso, ese home aproveitou a oportunidade e tivo reflexos», destacou, e engadiu que as probas detectadas despois, «moi claras», axudarán a pescudar de que tipo de exemplar trátase e se xa se localizaron restos seus con anterioridade. No entanto, desde a FOP crese que se trata dun macho novo, ao ser habitual que explore o territorio. Ademais, pensan que se trata do mesmo exemplar que foi avistado hai semanas na zona da Fonsagrada.

El alcalde culpa a una tormenta del incendio activo en Ribeira de Piquín



El fuego originado por una tormenta seca en el municipio lucense de Ribeira de Piquín, en la parroquia de San Xoán de Vaos, continúa activo e incontrolado, después de haber arrasado en las últimas horas más de 80 hectáreas de monte, según informó a Efe la Consellería de Medio Rural.
El incendio comenzó sobre las dos y media de la madrugada de ayer, por lo que lleva unas treinta horas activo, pero los medios de extinción no han sido capaces de controlarlo, en parte como consecuencia de la difícil orografía del terreno, con fuertes pendientes que impiden el acceso de los medios terrestres.De hecho, según informó la Consellería de Medio Rural, los equipos de extinción estuvieron a punto de darlo por controlado en dos ocasiones, pero en ambas las llamas rebrotaron e hicieron que el fuego continuase activo.En todo caso, el alcalde de la localidad, el popular Sabino Díaz, confía en que el incendio "quede controlado dentro de poco", porque "está bajando hacia la zona del río Rodil", un afluente del Eo, y de allí es "probable que no se escape".El regidor opina que la situación ha mejorado notablemente con respecto a la jornada de ayer, aunque la climatología, al menos de momento, no ha colaborado con los equipos de extinción, porque "ha llovido en la Sierra de Meira", pero de momento no lo ha hecho en la zona del incendio.En las últimas horas han participado en el dispositivo de extinción tres aviones y nueve helicópteros, así como tres técnicos, seis agentes forestales, nueve brigadas, siete motobombas y dos excavadoras.



INFORMACION DIA 27/06/11



El alcalde culpa a una tormenta del incendio activo en Ribeira de Piquín



El alcalde de Ribeira de Piquín, Sabino Díaz Fernández (PPdeG), sostiene que el incendio que en estos momentos permanece activo e incontrolado en su municipio, en la parroquia de San Xoán de Vaos, pudo haber sido causado por un rayo, dado que a la misma hora en la que comenzó el fuego hubo una tormenta en esa zona.Según informó a Efe la Consellería de Medio Rural, las llamas han devorado unas 40 hectáreas de monte y el fuego sigue incontrolado, a pesar de que en las últimas horas han participado en los trabajos de extinción dos técnicos, seis agentes, ocho brigadas, seis motobombas, nueve helicópteros y cuatro hidroaviones.El regidor local reconoció que, a pesar de los esfuerzos que están realizando los miembros del operativo de extinción, se "trata de un incendio de grandes dimensiones", que "se ha descontrolado" y es "enorme", hasta el punto de que ya está cerca del límite municipal de A Fonsagrada.Según el alcalde, uno de los frentes del incendio ha podido ser controlado, pero en otras zonas el acceso por tierra es prácticamente imposible, como consecuencia de la orografía del terreno, por lo que sólo pueden actuar los medios aéreos.En declaraciones a la Cadena Cope, recogidas por Efe, el alcalde reconoció que las consecuencias medioambientales de este incendio son todavía difíciles de evaluar, porque habrá que ver si el fuego ha llegado a una zona de monte que forma parte de la Red Natura.En todo caso, confía en no tener que evacuar a ningún vecino de sus casas, porque el fuego, al menos de momento, se mantiene alejado de los núcleos de población.El alcalde informó de que el fuego comenzó sobre las dos de la pasada madrugada, por lo que ya lleva activo más de dieciséis horas.

A falta de axudas e a crise deixan Galicia sen xornal en galego



A redacción de EL CORREO, baleira onte en solidariedade cos compañeiros de GH


Galicia Hoxe sae á rúa por última vez no 75 aniversario do noso Estatuto //O seu espírito libre mantense na rede: www.galiciahoxe.com//A Mesa considera moi grave a desaparición//O Bloque achaca o peche ás políticas antigalegas da Xunta//19 persoas quedan sen traballo



Galicia Hoxe sae por derradeira vez este 28 de xuño, aniversario do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia e da volta dos restos de Castelao para seren enterrados no Panteón de Galegos Ilustres. A crise económica, especialmente virulenta no sector dos medios de comunicación, e, sobre todo, o radical recorte das axudas institucionais converten en inviable o proxecto do único diario en galego, que naceu o 17 de maio de 2003 e que morre oito anos despois, con 2.943 números editados e 130.000 páxinas.
Dezanove profesionais, entre periodistas e filólogos, quedan sen traballo. O Grupo Correo Gallego manterá o espírito de Galicia Hoxe na rede, a través da cabeceira www.galiciahoxe.com
Herdeiro de O Correo Galego, que estivo nos quioscos do noso país entre o 6 de xaneiro de 1994 e o 16 de maio de 2003, coa morte do GH pecha o Grupo Correo Gallego unha aventura empresarial única, na que durante dezaoito anos apostou con decisión pola información en galego.
Foi unha pelexa en solitario, cun equipo de profesionais exemplar e cun importante esforzo económico e de medios, malia que cunha tibia resposta social e institucional, para nada comparable cos apoios do Goberno vasco e da Generalitat catalá a proxectos mediáticos similares.
Nos seus oito anos de vida, Galicia Hoxe consolidouse como o periódico coa maior oferta de información cultural de cantos se editan no noso país. Pola sección Maré desfilaron a práctica totalidade dos protagonistas da actividade cultural, tanto da oficial como da alternativa.
COIDADO ESPECIAL. Ademais, o GH coidou especialmente as publicacións paralelas, máis dunha trintena -unha por trimestre, durante os seus seis primeiros anos de vida-, todas de balde, dende a colección Os pillabáns, en colaboración con Sotelo Blanco, e a primeira colección de curtas galegas, editada co CGAI, até De nunca máis a más alá, escolma de artigos de Xosé Manuel Beiras; sen esquecer Pan comido, o exitoso libro de receitas de Sela Cea; Mar de estrelas, un coleccionable con espectaculares fotos de Jorge Candán, ou Todo pasa, todo queda, ensaio de Soedade Noia e de Ferrán Grau sobre a recuperación da memoria histórica, ademais de A fontanela, revista cultural de vangarda ideada por Antón Lopo, pai, tamén, de Revista das Letras, o caderno cultural máis lonxevo, que este maio pasado cumpriu vinte anos.
Xunto coa súa especial atención ao mundo da cultura, no ADN do Galicia Hoxe quedan marcados para a historia o seu compromiso cunha autonomía de máximos -foi o único periódico que publicou en portada un editorial en defensa do Estatuto de nación- e a súa defensa dunha ordenación territorial sostible e respectuosa co medio natural, completado cun seguemento exhaustivo dos movementos sociais e dos colectivos marxinados.
Remata hoxe, en fin, unha aventura que comezou o Día das Letras do ano 2003 co soño de demostrar que outro periodismo é posible, asentado nos piares da liberdade, da obxectividade, da verdade, da tolerancia e do amor a Galicia. Aquel 17 de maio, José Manuel Rey, conselleiro delegado, falou de "canto nos gustan as revolucións incruentas, como as que levamos moitos anos facendo nesta Casa".
O ata agora director de GH, Caetano Díaz, desarrollará a súas funcións como director de Ediciones Digitales do grupo.
O GH foi un proxecto revolucionario, aberto ás opinións plurais dos preto de cen colaboradores que asinaron con regularidade nas súas páxinas de Opinión -entre eles, por citar só uns poucos, Beiras, Ceferino Díaz, Antón Losada, Fernán Vello, Perozo, Gaciño, Juan López Rico, Palmeiro, Pablo Vaamonde, Carlos Callón, Luis Pousa, Henrique Alvarellos, Isidro Novo, Vidal Villaverde, Anxo Tarrío, Marcelino Agís, Craig Patterson, Juan L. Blanco Valdés, Alberte Brenlla, Rivas Troitiño, Pedro Rielo, Xavier Castro, Clodio González, Dourado Deira, Giráldez, Camilo Nogueira, Sotelo Blanco e Filipe Díaz-, comprometido coa súa sociedade e co seu país, e que non traicionou en ningún dos seus 2.943 números a súa vocación de servicio nin a súa aposta pola información de calidade.
Ese é o legado do Grupo Correo Gallego nas máis de trescentas mil páxinas editadas no noso idioma dende o 6 de xaneiro de 1994.

PARROQUIAS DA FONSAGRADA (XVII):PARADAVELLA


Pobos: 4
Poboación: 61 Veciños (2007)
Extensión: 8,12 Km2
Densidade: 7,51 hab/Km2
Límites:
Norte: Bruicedo
Sur: Freixo e Baleira
Este: Vieiro
Oeste: Baleira
No ano 1.991, contaba con 108 veciños cúnha densidade media de 13,3 hab/km2. Segúndo o censo de 2.001, a Parroquia contaba con 78. No 2007 contaba con 61 veciños, 32 homes e 29 mulleres


POBOS



Paradavella
A Calzada
Chain
O Retiro

Etimolóxicamente, o topónimo "Parada vella" ou pousada antiga fai referencia a sua ubicación nunha das duas rutas xacobeas procedentes da antiga capital asturiana.


¿QUE VER?


Paradavella

Igrexa Parroquial de S. Xoan
Dolmen do Pando ??
Palloza da Casa do Celeiro e Dos Riberas.- Palloza de planta elíptica ou circular e os adosados posteriores de alpendres e forno en forma de medio bolo de pan. A estructura esta formada por muros de fábrica de pedra de xisto nos que apoian a estructura de madeira da cuberta. A cuberta e mixta, de palla na parte mais antiga e lousa nos adosados. Ten un Pequeño porche na entrada orientada a o nacente. Levantada sobre unha pena natural. Actualmente a cuberta vexetal encontrase envolta por un plastico. Tratase duna construcción realizada en cachotería de pizarra, e o seu tejado ten forma cónica e é de palla. Esta construcción é típica das áreas de montañas das provincias interiores de Galicia, Lugo y Ourense.
Celeiro da Casa do Tío Pedro.- Celeiro de planta circular de aproximadamente 6.00m de diámetro. duna sola planta, muros de fábrica de pedra e cuberta de palla. Nos ocos e dinteis e zambas son de madeira. Presenta un anaco de muro enfoscado con moretiro de cemento. Tamén zonas de fabrica de pedra reaxuntadas con morteiro de cemento arredor da porta.
Celeiro
Horreo da Casa de Chaín.- Construcción de planta cuadrada de 5 x5 m. sen corredor, con estructura e cerramento de taboas de madeira colocadas en vertical, cuberta de lousas comerciais a catro augas. Os pes son de madeira sobre muretes de pedra de pedra, un deles sobre un “ dado” de formigón . A escaleira e de fábrica de pedra. Presenta uns madeiros que aseguran o aleiro e que seguramente se aproveitan para colocar certos frutos, palla etc...
Camiño de Santiago


Chaín


Palleira da Casa Álvarez.- Construcción de planta rectangular de 4x 8 m, con pilastras de pedra e cerramento de madeira, traves e piso da mesma material, cuberta de lousa a duas augas. Ten duas alturas aproveitando o desnivel do terreo.
Celeiro da Casa da Veiga.- Celeiro de pedra con planta circular, con teito de palla a “o veo” con dous niveis un para alamacenamento e outro para o gando. Cimentación ao descuberto por mor do rebaixamento do camiño
Hórreo da Casa do Río.- Construcción de planta cuadrada de 6 x6 m., con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousas a catro augas. Os pes son de madeira con tornaratos de lousa . Na parte baixa do cerramento existe unha chapa de zinc.
Hórreo da Casa do Fidalgo.- Construcción de planta cuadrada de 4 x4 m., con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousas a catro augas. Os pes son de madeira con tornaratos de lousa e un dos tornaratos e de granito, posible muiño de orixen castreño . O corredor e aberto.
Hórreo da Casa de Mingón ou Fernández.- Construcción de planta cuadrada de 4 x4 m., con estructura e cerramento de madeira,con corredor, cuberta de lousas a catro augas en perfecto estado . Os pes son de madeira con tornaratos de lousa base de pedra. A ventilación producese por una xanela de madira con respiros. Atopase dentro do lugar da casa que ten corrada e abeiradoiro.
Hórreo da Casa de Méndez.- Construcción de planta cuadrada de 6 x6 m., con estructura e cerramento de madeira un dos laterais esta cuberto con chapa de zinc e outro pintado de bermello, a cuberta e de lousas a catro augas. Os pes son de madeira con base de pedra.
Antiga escola


O Retiro
Celeiro da Casa de Castañoso.- Celeiro de planta circular de aproximadamente 8.00m de diámetro. duna sola planta, muros de fábrica de pedra da zona, a cuberta era de palla e esta arruinada, e so conserva a estructura de canteados soportados no centro por dous mayores que forman o cúmio sobre os que descansan os demais. Tamén conserva o piso ainada que en moi mal estado. Foi construido aproveitando a pendente para darlle acceso a os dous niveis.
Casa do Conde (Con escudos)
Hórreo da Casa do Conde.- Construcción de planta cuadrada de 6x 6 m. con corredor aberto , con estructura e cerramento de madeira, cuberta de lousa a catro augas. Os pes son de madeiran sobre muro de pedra. A escaleira tamén e de pedra.

lunes, 27 de junio de 2011

PARROQUIAS DA FONSAGRADA (XVI): PADRON






Pobos: 5
Poboación: 74 Veciños (2007)
Extensión: 6,20 Km2
Densidade: 11,93 hab/Km2
Límites:
Norte: Bastida e A Fonsagrada
Sur: Cuíñas
Este: S. Martín de Suarna
Oeste: Bastida
No ano 1.991, contaba con 111 veciños cúnha densidade media de 17´9 hab/km2. Segúndo o censo de 2.001, a Parroquia contaba con 89 veciños. No ano 2007 eran 74 veciños, 35 homes e 39 mulleres.

POBOS


O Padrón
Carracedo
Montouto
Vilardongo


Pertenceu a Orden de San Xoan de Jerusalén e, polas suas inmediacions pasaba un dos ramales do Camino Francés, o que unía o santuario de San Salvador de Oviedo con Compostela. Fruto delo foi a edificación, no lugar de Montouto, dun hospital de peregrinos, fundado en tempos de Pedro o Cruel no século XIV.


¿QUE VER?


No Padrón


Igrexa Parroquial de S. juan Bautista. Peretenece a o estilo Barroco rural e pode datar do século XVIII.Ten forma sensiblemente rectangular. Distinguese catro corpos: O porche, a nave, o altar e a sacristía, alineados según un eixo.Dispón de un historiado campanario. Ten paredes de xisto, chan de madeira, estructura da cuberta da madeira e lousa. Dispón de un retablo Neoclásico, 2 retablos laterais, pía bautismal, reloxio de sol, etc.Esta no centro do pobo, por onde pasaría antigamente a estrada, o núcleo conta actualmente con 12 casas, todas mais ou menos alteradas, ainda que se ve que son moi antigas.
Casa Rectoral
2 Hórreos
Ouriceira
Albergue de Peregrinos
Camiño Primitivo de Santiago
Área recreativa e Fonte


En Carracedo


Capela de Carracedo
Hórreo


En Montouto


Ruinas do antigo hospital de Peregrinos do Camiño primitivo.- Sólo hay un edificio en pe, reconstruido en cachotería de pizarra. Ó fondo do conxunto hay un cartel de madeira explicando a distribución das estancias. Ó Hospital, del S. XV, foi fundado por Pedro el Cruel.
Menhir Neolítico de Pedra dereita
Medorras do Hospital Vello
Medorras do Hospital Novo
Medorra de Demouco
Capela de Santiago
Fonte
Romaría Popular de Santiago, no Hospital de Montouto
Camiño Primitivo de Santiago

En Vilardongo

Capela de S. Isidro
Horreo con teito de lousa e unha posible casa de teito.


Todos los ediles del PSOE de A Fonsagrada tendrán atribuciones de gobierno



La corporación de A Fonsagrada celebró ayer el pleno de organización, en el que se dio cuenta de la distribución de competencias de cada edil. Los concejales socialistas tendrán todos atribuciones, aunque sólo el alcalde, Argelio Fernández Queipo, cobrará un sueldo por dedicación exclusiva.
El regidor, que no asistió a la sesión plenaria por motivos de salud, tendrá un sueldo de 3.600 euros brutos. Esta retribución se aprobó con los votos a favor del PSOE. La edil del BNG se abstuvo y el PP votó en contra por considerar excesiva una subida de 380 euros con respecto al año 2007. Los socialistas argumentan que este incremento se corresponde con la media del IPC de los últimos cuatro años, en los que el salario del alcalde permaneció congelado.
La sesión estuvo presidida por el primer teniente de alcalde, que será José Ángel Fernández Carrín. La segunda será Isabel Cuesta Villamayor y el tercero, Carlos López López. Los tres, junto con el alcalde, formarán parte de la junta de gobierno local.
Quedaron también repartidas las áreas de responsabilidad de cada edil. Carlos López López se ocupará de la concejalía de deportes, Isabel Cuesta será la encargada de servicios sociales y participación ciudadana, José Ángel Fernández Carrín será el concejal de economía y hacienda, Marta Álvarez Riveras llevará cultura y turismo y Carlos Fernández Vázquez se ocupará de medio ambiente y medio rural. El alcalde se reserva las competencias de obras y urbanismo, además del resto de áreas no delegadas.
Quedó también constituida la comisión especial de cuentas y la comisión informativa permanente del PXOM. De la primera formarán parte el alcalde, los tres tenientes de alcalde, los populares Rosario Arias Mon y Adrián Bermúdez Díaz, y la nacionalista Xosefa Ortiz de Galisteo Pérez.
En la comisión informativa del PXOM estarán, además del alcalde, Carlos Fernández Vázquez por el PSOE, Tobías Martínez Cotarelo por el PP y Xosefa Ortiz de Galisteo por el BNG.
Se nombraron también los representantes municipales en los consejos escolares de los centros educativos de A Fonsagrada. En el IES Fontem Albei estará Isabel Cuesta Villamayor y en el Ceip Santa María, Marta Álvarez Riveras.
Los plenos quedaron fijados para el segundo jueves de los meses impares a las 19.00 horas

jueves, 23 de junio de 2011

PARROQUIAS DA FONSAGRADA (XV): PACIOS


Pobos: 6
Poboación: 89 Veciños (2007)
Extensión: Km2
Densidade: hab/Km2
Límites:
Norte: Maderne e Ribeira de Piquín
Sur: Bruicedo e Vieiro
Este: Bastida e Proba de Burón
Oeste: Piñeira e Ribeira de Piquín
No ano 1.991, contaba con 139 veciños. Segúndo o censo de 2.001, a Parroquia contaba con 104 veciños. No Censo do ano 2007 eran 89 veciños, 50 homes e 39 mulleres.


POBOS





Pacios
Brañas
Ferreirola
Leituego
Mourisco
Teixeira


INFORMACION PROPIEDADE DE FONSAWEB

miércoles, 22 de junio de 2011

Besteiro, investido presidente (da deputación de Lugo) cos votos do BNG

O socialista José Ramón Gómez Besteiro foi investido presidente da Deputación de Lugo cos votos do seu partido e dos deputados provinciais do BNG, con quen gobernou en coalición durante os últimos catro anos.
O Partido Popular, que propuxo como candidato á Presidencia da Deputación ao seu responsable provincial, Xosé Manuel Barreiro, quedou ás portas, a pesar de conseguir doce deputados, con 3.216 votos máis que socialistas e nacionalistas en conxunto.Finalmente, como estaba previsto, a suma dos 11 representantes do PSdeG-PSOE e dos 2 do BNG deixaron fóra ao candidato popular.Socialistas e nacionalistas aínda non pecharon o pacto para gobernar en coalición durante os próximos catro anos, pero por parte de ambas as formacións políticas hai interese por reeditar un Goberno que, segundo o seu criterio, "funcionou ben o último mandato".De feito, logo das dúas reunións que ambas as formacións mantiveron esta mesma semana, tanto socialistas como nacionalistas confían en pechar o acordo nos próximos días.



Barreiro cuestiona o pacto na Deputación, que PSOE e BNG ven próximo


O presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, considerou este martes "cuestionable desde o punto de vista democrático", aínda que "sexa legal", o previsible pacto de goberno entre PSOE e BNG para gobernar durante outros catro anos a Deputación provincial. As críticas do líder popular proceden de que o PP conseguiu case a metade dos votos na provincia nas últimas eleccións, unha "vitoria contundente" e "sen paliativos", ao cultivar "3.216 votos máis que a suma de socialistas e nacionalistas", cunha porcentaxe de apoio que supera o 47%, precisou.
Amparándose nesa maioría, o tamén senador sostivo que a "sociedade lucense merece unha explicación que vaia máis aló da utilización dun coche oficial ou un despacho".
En declaracións a Efe, Barreiro considerou que socialistas e nacionalistas pretenden reproducir o Pacto do Tinell, que deu lugar ao tripartito catalán.
Socialistas e nacionalistas mantiveron este martes a súa segunda reunión para alcanzar un acordo de goberno que permita prolongar a coalición na Deputación de Lugo outros catro anos. O deputado nacionalista Antonio Veiga non descarta que o pacto poida quedar pechado incluso antes do pleno de investidura, que se celebra este mércores.
Veiga explicou que ambas as formacións están a realizar un traballo "intenso", desde que o pasado venres iniciáronse os contactos. Engadiu, en declaracións a Efe, que ambos os partidos están convencidos da necesidade de chegar a un acordo para gobernar en coalición.




PARROQUIAS DA FONSAGRADA (XV): NEIRO


  • Pobos: 13
  • Poboación: 111 Veciños (2007)
  • Extensión: 15 Km2
  • Densidade: 7,4 hab/Km2
  • Límites:
    • Norte: Trobo e Maderne
    • Sur: Proba de Burón e Bastida
    • Este: Bastida e Lamas de Campos
    • Oeste: Maderne e Pacios

No ano 1.991, contaba con 192 veciños, cúnha densidade media de 12´8 hab/km2. Segúndo o censo de 2.001, a Parroquia contaba con 119 veciños. No censo do 2007 contábase con 111 veciños, dos cales 55 son homes y 56 mulleres.

POBOS


  • San Pedro de Neiro
  • Candaído
  • Lagúas
  • Llancela
  • Mazaeda
  • O Mazo
  • Peizais
  • O Piñeiro
  • Pradairo
  • Riotorto
  • San Pedro de Arriba
  • Vilarello
  • Xestoso de Baxo
San Pedro de Neiro

Poboación: 7 veciños ? Distancia a Fonsagrada: 5 Km. Altitude: 640 m. Código postal: 27.111

Accesos: Dende A Fonsagrada, cóllese a estrada LU-740 dirección A Pontenova, pasaremos O Camping, A Cruz Nova e chegaremos a S. Pedro de Neiro.

  • Iglesia Parroquial .- Iglexa restaurada recentemente. Ten pranta de cruz latina con tellado a duas augas, feita en mampostería pizarrosa con tellado de caixasas de pizarra. Destacan o seu espectacular pórtico de entrada con tres arcos de acceso, o central de maior tamaño e o seu campanario dividido en dous corpos, o primeiro remata nun telladilño a duas aguas que cubre as campás e o segundo cun vano arqueado no centro e rematado cun frontón triangular. Está aberta os domingos pola mañá.
  • Casa rectoral?
  • Hórreos
  • 2 Muíños
  • Doce Medorras
  • O Santuario do San Benito. (José Manuel Blanco Prado. Artigo publicado en Croa, Boletín da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga, nº 8, 1998, Depósito Legal: L-92-91..., páx. 72-77])
  • A súa festividade celébrase a finais de maio ou principios de xuño.
    Os devotos pídenlle ó santo que lles conceda a curación das doenzas da pel, como poden ser eccemas...; tamén se encomendan por doenzas de tipo reumático. Entre as promesas máis específicas sinalo as seguintes:

    1. No día da festividade, oficíase unha misa solemne a unha da tarde.

    2. Logo sae a procesión que percorre o perímetro do santuario. Nela participan as imaxes da Virxe de Fátima, do Carme e do S. Benito, que son levadas en andas por fregueses da parroquia e devotos ofrecidos, de ámbolos dous sexos.

    3. Un fregués da parroquia impón o santo por riba da cabeza dos devotos, mentres recita a seguinte xaculatoria: " Cristo viva, Cristo reine, Cristo te libre de todo mal. Amén".

    4. No transcurso do ano, o crego da freguesía, onde está situado o santuario, ten que celebrar algunhas misas nese recinto sagrado.

    5. A esmola en metálico, que é a ofrenda máis empregada.

    6. Algunhas candeas, e tamén exvotos de cera, representando o corpo humano e algunhas das súas partes:pés, mans, brazos, pernas.

Candaido

Poboación: 14 veciños. Distancia a Fonsagrada: 4,5 Km. Altitude: 800 m. Código postal: 27.111

Accesos: Dende A Fonsagrada, cóllese pola Rúa Burón e continúase 018-019 ata atopar o cruce de Candaído que colleremos a esquerda pola 018-016 ata chegar ó pobo.

Hay que ver:

  • Capela

  • 4 Hórreos

Lagúas

Poboación: 5 veciños. Distancia a Fonsagrada: 5 Km. Altitude: 690 m. Código postal: 27.111

Accesos: Dende A Fonsagrada, cóllese a estrada LU-740 dirección A Pontenova, pasaremos O Camping, A Cruz Nova, S. Pedro de Neiro e o cruce de Maderne, para chegar a Riotorto donde colleremos a esquerda para chegar a Lagúas.

Hay que ver:

  • Castro de Mazo de Lagúas

  • Hórreo

LLancela

Poboación: 0 veciños. Distancia a Fonsagrada: 5,5 Km. Altitude: 760 m. Código postal: 27.111

Accesos: Dende A Fonsagrada, cóllese a estrada LU-740 dirección A Pontenova, pasaremos O Camping, A Cruz Nova, S. Pedro de Neiro e en Pradairo hay que coller a esquerda pola 018-032 para chegar a Llancela.


Mazaeda


Poboación: 28 veciños. Distancia a Fonsagrada: 5,6 Km. Altitude: 620 m. Código postal: 27.111

Accesos: Dende A Fonsagrada, cóllese a estrada LU-740 dirección A Pontenova, pasaremos O Camping, A Cruz Nova, S. Pedro de Neiro e o cruce de Maderne, para chegar a Riotorto donde colleremos a dereita pola 018-034 para chegar a Mazaeda.

Hay que ver:

  • Capela da Casa de Penamaría.- Consta dun corpo principal cuadrado de 4.5 x 9.00 m. en forma de torre, cubero a catro augas ó que se lle engade o “nartex” ou corpo de entrada. Identificase esta entrada por estar flanqueada por dous escudos tallados en pedra.

  • Capela de San Roque

  • Casa de Penamaría.- Labranza. Consta de vivenda e mailas suas construccions adxetivas que se desenrolan entre un cerrado ou muro que as separa do camiño e un valo que aterraza o terreo, quedando o conxunto nunha posición de dominio visual sobre os terreos que descenden cara o val inmediato ó pobo de Mazaeda.

  • Casa de Pasarín.- Casa Fidalga. Foi cambiada de sitio a raiz dun incendio. A casa rematase nun extremo cunha torre que presenta un escudo a media altura na fachada testeiro. Destaca a bóa execución de dita obra no aplomo e aparello dos muros de xisto.

  • 7 Hórreos

  • Castro Llan de Castro (Podría ser o máis grande)

  • Castro da Mazaeda. No Castro está "A Fonte Blanca", donde dicen que se atopan soterrados importantes tesouros.

  • Medorras do Monte Bidueiral

  • Medorras da Cruz do Pito

O Mazo

Poboación: 3 veciños. Distancia a Fonsagrada: 5,1 Km. Altitude: 560 m. Código postal: 27.111

Accesos: Dende A Fonsagrada, cóllese a estrada LU-740 dirección A Pontenova, pasaremos O Camping, A Cruz Nova e en S. Pedro de Neiro colleremos a dereita dirección Candaído para chegar a O Mazo.

Hay que ver:

  • Os Muiños do Rosario
Peizais

Poboación: 18 veciños. Distancia a Fonsagrada: 5,7 Km. Altitude: 815 m. Código postal: 27.111

Accesos: Dende A Fonsagrada, cóllese a estrada LU-740 dirección A Pontenova, pasaremos O Camping, A Cruz Nova, S. Pedro de Neiro e en Pradairo hay que coller a esquerda dirección Maderne pola 018-032, e pasado Llancela chegaremos a Peizais.

Hay que ver:

  • Capela de San Blás

  • 4 Hórreos

Piñeiro (O)

Poboación: 2 veciños. Distancia a Fonsagrada: 6 Km. Altitude: 650 m. Código postal: 27.111

Accesos: Dende A Fonsagrada, cóllese a estrada LU-740 dirección A Pontenova, pasaremos O Camping, A Cruz Nova, S. Pedro de Neiro, Pradairo e Riotorto, e chegaremos a O Piñeiro.

Hay que ver:

  • Casa de Labranza

  • Hórreo

Riotorto

Poboación: 5 veciños. Distancia a Fonsagrada: 5,3 Km. Altitude: 670 m. Código postal: 27.111

Accesos: Dende A Fonsagrada, cóllese a estrada LU-740 dirección A Pontenova, pasaremos O Camping, A Cruz Nova, S. Pedro de Neiro, Pradairo e chegaremos a Riotorto.

Hay que ver:

  • 2 Horreos

S.Pedro de Arriba

Poboación: 5 veciños. Distancia a Fonsagrada: 5,1 Km. Altitude: 640 m. Código postal: 27.111

Accesos: Dende A Fonsagrada, cóllese a estrada LU-740 dirección A Pontenova, pasaremos O Camping, A Cruz Nova e chegaremos a S. Pedro de Neiro. Alí colleremos a estrada da esquerda (018-031) dirección A Proba de Burón, e o primeiro pobo será San Pedro de Arriba.

Hay que ver:

  • Muíño ?

Vilarello

Poboación: 6 veciños. Distancia a Fonsagrada: 5,5 Km. Altitude: 560 m. Código postal: 27.111

Accesos: Dende A Fonsagrada, cóllese pola Rúa Burón e continúase 018-019 pasando o cruce de Candaído, ocruce de Lidín e o cruce de Xestoso de Baxo, continuando pola 018-081 ata o cruce de Vilarello, que colleremos a esquerda pola 018-082.

Hay que ver:

  • Capela

  • Hórreo

Xestoso de Baixo

Poboación: 18 veciños. Distancia a Fonsagrada: 4,6 Km. Altitude: 790 m. Código postal: 27.111

Accesos: Dende A Fonsagrada, cóllese pola Rúa Burón e continúase 018-019 pasando o cruce de Candaído, o cruce de Lidín e o cruce de Xestoso de Baxo que ainda que se colle a esquerda, sigue sendo a mesma estrada.

Hay que ver:

  • Capela de Xestoso de Baxo

  • Antigua escola

  • 4 Hórreos

martes, 21 de junio de 2011

PARROQUIAS DA FONSAGRADA (XIV): MONTESEIRO




Pobos: 11
Poboación: 58 Veciños (2007)
Extensión: 23,05 Km2
Densidade: 2,51 hab/Km2
Límites:
Norte: Allonca e Asturias
Sur: Vilar da Cuíña e Vilabol de Suarna
Este: Asturias
Oeste: Fonfría e S. Martín de Suarna.
No ano 1.991, contaba con 83 veciños, cunha densidade media de 3,6 hab/km2. Segúndo o censo de 2.001, a Parroquia contaba con 59 veciños. No ano 2007 eran 58 veciños, 39 homes e 29 mulleres.


POBOS



Monteseiro
O Acevo
A Armilda
Cabreira
Chao de Leira
Cova
O Ludeiro
O Navallo
Palmeán
A Panda
A Pucariña

INFORMACION PROPIEDADE DE FONSAWEB

Profesores da Tradescola darán un concerto didáctico na Fonsagrada



O Ceip Santa María da Fonsagrada acollerá hoxe, a partir das once da mañá, un concerto didáctico ofrecido polos profesores da Tradescola Pedro David Lamas, Ánxela Conde e Xabier Iglesias.
Estes músicos explicarán aos alumnos de infantil e primaria a evolución da música galega nos últimos dous séculos, os tipos de instrumentos, as características das formacións e os ritmos máis frecuentes das composicións tradicionais e populares.
Os nenos poderán ver de cerca instrumentos como a gaita, o acordeón, a requinta, o tamboril, a pandereita ou outros útiles de percusión.
Esta actividade tivo gran acollida noutros colexios da provincia onde xa se realizou, como os de Monforte, Ribadeo, Mondoñedo, Vilalba, Lugo, Chantada ou Sarria.

HORTICULTURA I. PLANIFICACION E DESEÑO DO HORTO




Introdución.

Para moitas persoas é un auténtico pracer cultivar as súas propias verduras e hortalizas. Constitúe unha actividade gratificante, saudable e útil 100%. Obtés produtos frescos e saborosos, mesmo máis que os que compras nas tendas. É unha gran sensación cultivar para o consumo propio..

O aforro de diñeiro é considerable, aínda que iso si, esixe tempo e dedicación, pero non demasiado. A medida que vaias gañando en experiencia e aprendendo dos teus erros, a produción irá aumentando. Aproveita o coñecemento doutras persoas e a información que encontrarás nesta web.

¡Nunca teñas présa! As présas non son boas na horta.

Patacas




O horto, se está ben organizado, xa sexa en fileiras ou en macizos xeométricos, conxugará beleza con utilidade. Hoxe hai moitos xardineiros que non confinan o horto ao último canto, senón que o integran no xardín coas flores creando un todo artístico e harmonioso. Por exemplo, algúns detalles:


Os arcos decorativos poden soportar parras, kiwi, feixóns...


Os froiteiros pódense guiar pegados á parede, en espaleira, a xeito de rubideira.Tamén hai cultivos de hortalizas decorativos como a lombarda, o col escarlata, a alcachofa de fermosa follaxe gris prateada...


Frutal en espaldeira



Col ornamental



Dimensións


Asigna ao horto unha superficie do xardín. Douche uns datos orientativos:


>12 m2 (unha parceliña de 3 x 4 metros) é un mínimo para ter un huertecito.


>20-25 m2 está ben se te limitas a producir verduras de ensalada para a primavera e o verán.


>40-50 m2 para obter verduras todo o ano.


>80-120 m2 para cubrir as necesidades dunha familia de 3 persoas.



Horto grande



Con dous ou tres destes mazizos amáñaste


Un horto pequeno non permitirá plantar árbores froiteiras (aínda que hai variedades de pouco vigor) nin tampouco especies que requiran moito espazo, como as sandías, melóns, cabazas....


Os hortos pequenos teñen a vantaxe de que se poden levar con menos traballo e ponse máis atención a cada unha das hortalizas..


Se non dispós de terreo, utiliza unha terraza ou un patio para o cultivo de verduras en macetas, xardineiras ou outros recipientes. É unha alternativa perfectamente válida. Hoxe vense nas cidades cada vez máis as terrazas, áticos e azoteas de edificios cheas de plantas para comer. Os froiteiros van ben nun bo macetón.


Os excedentes da produción poderalos conxelar ou ben, almacenar en seco para manter existencias durante todo o ano. Produtos como patacas, cebolas ou mazás almacénanse ben en seco.




Amorodos en macetas




Deseño do horto
1. A planificación debe ser moi coidadosa para sacarlle o máximo rendemento posible ao terreo dispoñible.


2. É mellor ter o horto e as herbas condimentarias preto da cociña.


3. Elixe unha zona que reciba sol a maior parte do día. Evita a sombra das árbores, das sebes altas e dos edificios. Se é necesario, poda as ramas baixas das árbores de arredor.


4. Nun lugar con pouco sol (menos de 4 horas), só poderán cultivarse algunhas hortalizas como leituga, espinaca ou perexil.


5. Protexe o horto do vento levantando cortaventos (sebes, valos, muros...). Desta forma se aisla do vento frío, forte ou seco.


6. Os cortaventos é mellor que sexan permeables, é dicir, que o vento os pode atravesar, a diferenza dun muro que non é permeable e provoca turbulencias ao outro lado. Hai varias opcións:


>Sebes. Teñen varios inconvenientes: tarda tempo en formarse, require mantemento, ocupan espazo e compiten pola auga coas hortalizas próximas.


>Valla cuberta con subideiras.


>Lámina de breixo, vimbio ou canizo.


>Mallas de plástico, etc.



Lámina de breixo





Valla de madeira





7. Se tes animais como cans ou gatos, a protección do recinto cun valo ou sebe baixa para impedir o seu paso é fundamental. Os nenos pequenos tamén pisan.
8. Fai un pequeno plano en papel do terreo para debuxar a distribución das distintas variedades a plantar.


9. As hortalizas pódense dispoñer de dúas maneiras:En fileiras: é o método tradicional.En macizos rectangulares, cadrados, círculos, media lúa... En ambos os dous casos hai vantaxes e inconvenientes. Nos macizos saen menos malas herbas que en liñas ao non existir un suco de terra desnuda no medio.





Horto en mazizos rectangulares



Horto en filas




10. Se cultivas en macizos, o centro ten que ser doado de alcanzar dende o bordo, sen necesidade de pisar o chan para nada. Para iso, cada era ou banda de plantación, terá unha anchura máxima de 1,2 metros. Delimítanse con ladrillos, taboleiros ou con borduras de plantas, como perexil, ourego, cebolas, aromáticas (santolina, romeiro ou lavanda), buxo, evónimo anano...



Taboeiros para delimitar os mazizos



Bordes de santolina




11. Non sementes nin deseñes moi apertado que logo engana. As plantas crecen e pódese converter nunha selva que impida entrar para os labores ademais de competir entre elas polo espazo e a luz.


12. Traza camiños suficientemente anchos e cómodos para o paso das persoas e dunha carreta sen ter que ir facendo "malabarismos".


13. Un invernadoiro proporciona unha oportunidade adicional de ampliar a tempada de cultivo. É ideal para facer viveiros. Se podes, instala un, terás máis posibilidades. Sitúao nun lateral.


Compostador



Invernadeiro



14. Reserva outro espazo para elaborar compost. Os compostadores son uns caixóns de madeira ou uns bidóns de plástico nos cales se botan todos os refugallos de herbas e produtos orgánicos do horto e a cociña. Regándoos, estas substancias fermentan e convértense en compost, un aboamento que serve para enriquecer o terreo.


15. É mellor non plantar os froiteiros na mesma terra das hortalizas para que non se produzan competencias entre as raíces dunhas e outras pola auga e os nutrientes. As árbores froiteiras débense colocar nunha parcela á parte ou ben diseminados polo xardín.


16. En climas secos é moi interesante dispoñer dun alxibe ou un tanque no que se vaia recollendo a auga de chuvia para regar.




Elexir especies a cultivar



>Existe unha extraordinaria variedade de verduras e herbas para cultivar. Hoxe en día, podes contar ao mesmo tempo con:


- Variedades temperás, tardías ou de media tempada.


- Normais ou ananas.


- De crecemento rápido ou de crecemento normal.


>Mira con frecuencia os catálogos de sementes e compra cultivárelos que mellor se adaptan ao teu clima, chan, espazo dispoñible e ao teu padal. Todos os anos saen novas variedades.


> Un experto local pódete asesorar sobre as máis apropiadas ao clima da túa rexión.


> O chan que teñas tamén é moi importante. Por exemplo, o coliflor non se desenvolverá ben nun chan areento e esgotado.


>Recórdoche que xunto ás vdes. de hortalizas máis coñecidas, hai outras máis raras e suxestivas: Quimbombó, Chimbolos, Pak choi, Tupinambos, Colocasias, Salfifí, Cacahuetes... O abano de especies e cultivares é moito maior que o que se ve normalmente nas tendas. Experimentar é outro dos atractivos de ter un horto.


>No paquete das sementes adoita indicar bastante información:




>Cunha planificación axeitada da sementeira poderás dispoñer graduadamente de verduras frescas gran parte do ano.


>Non esquezas as Herbas aromáticas e condimentarias (ourego, tomiño, alfábega, romeiro, perexil, etc.) e poñer especies pequenas en macetas ou entre as plantas do xardín para aproveitar o espazo


lunes, 20 de junio de 2011

PARROQUIAS DA FONSAGRADA (XIII): MADERNE



  • Pobos: 5

  • Poboación: 113 Veciños (2007)

  • Extensión: 15,03 Km2

  • Densidade: 7,51 hab/Km2

  • Límites:

    • Norte: Carballido e Trobo

    • Sur: S. Pedro de Neiro e Pacios

    • Este: Trobo

    • Oeste: Ribeira de Piquín

No ano 1.991, contaba con 248 veciños, cunha densidade media de 16,5 hab/km2.Segúndo o censo de 2.001, a Parroquia contaba con 130 veciños. No ano 2007 contaba con 113 veciños, 61 homes e 52 mulleres.

POBOS


  • Maderne

  • Castañoso

  • Liñares de Maderne

  • Murias

  • Silvachá

Maderne


Poboación: 56 veciños. Distancia a Fonsagrada: 9 Km. Altitude: 690 m. Código postal: 27.111

Accesos: Dende A Fonsagrada colleremos preto da gasoliñeira a estrada LU-740 e tras pasar polo Camping, A Cruz Nova e S. Pedro de Neiro, chegaremos a Pradairo (KM. 5,200), onde colleremos a estrada da esquerda. Cruzaremos Llancela e Peizais ata chegar a Maderne que queda a uns 7,3 Km do cruce de Pradairo.

Hay que ver:

  • Igrexa Parroquial

  • Capela das Neves

  • Palloza da Casa de Ferreiros Varias pallozas.????

  • Casas de Garelo e de Cal: Tratase de unha vivenda que se divideu en duas por motivos de familia. O consunto e de volumen alongado e achatado en altura. Ten pocos ocos, e o cerramento exterior e xisto. A cuberta e de lousas, a catro aguas. A carpintería exterior e de madeira. O conxunto podriase inscribir nun rectángulo de 20x30 m.

  • Casa Palloza de Ferreiros

  • Casas de Sarraleiro e Campos

  • Casa Gutiérrez

  • Casa Basilio

  • Casa Vicente

  • Horreo da Casa Macía: Tratase de un hórreo de planta cuadrada feito en estructura de madeira de castiñeiro. Os pes de esta construcción erguense sobor duns “plintos” de pedra “Xisto” manposto. A Coberta e de Lousa de pizarra.

  • Outros 9 Hórreos


Castañoso


Poboación: 20 veciños. Distancia a Fonsagrada: 11,2 Km. Altitude: 760 m. Código postal: 27.111

Accesos: Dende a Fonsagrada, colleremos a estrada LU-530 dirección Lugo ata o Pastizal (PK. 54,550) onde apartaremos a dereita. Seguiremos por esta estrada pasando por Xestoso de Riba, Mourisco e Pacios, e tras percorrer uns 12,5 Km. atoparemos o cruce de Castañoso.

Hay que ver:

  • Capela de San Gregorio

  • Capela de Santiago (Abandonada)

  • 2 pallozas con teito de lousa de pranta circular, a segunda adosada a un cubo.

  • 6 Hórreos

  • Castro "O Castelo"

  • Muiño de Penallo

  • 2 Cortiños

  • Numerosas ouriceiras

  • Medorras de Pico Peniñas

  • Medorra de Castañoso

  • Mina Romana da Veiga da Eirexa

  • Fonte

  • Ruta de Senderismo

Liñares de Maderne

Murias

Poboación: 1 veciños. Distancia a Fonsagrada: 8,8 Km. Altitude: 500 m. Código postal: 27.111

Accesos: Dende A Fonsagrada colleremos preto da gasoliñeira a estrada LU-740 e tras pasar polo Camping, A Cruz Nova e S. Pedro de Neiro, chegaremos a Pradairo (KM. 5,200), onde colleremos a estrada da esquerda. Cruzaremos Llancela e Peizais ata chegar ó cruce no que colleremos a esquerda. Cruzaremos Silvachá e a 4,5 Km. atoparemos a dereita o cruce de Murias que está a 700m.

Hay que ver:

  • Palloza con teito de palla e porche dianteiro de lousa.

  • Casa de Cotarelo

  • 5 Hórreos

  • Fonte


Silvachá



Poboación: 26 veciños. Distancia a Fonsagrada: 9,1 Km. Altitude: 700 m. Código postal: 27.111

Accesos: Dende A Fonsagrada colleremos preto da gasoliñeira a estrada LU-740 e tras pasar polo Camping, A Cruz Nova e S. Pedro de Neiro, chegaremos a Pradairo (KM. 5,200), onde colleremos a estrada da esquerda. Cruzaremos Llancela e Peizais ata chegar ó cruce no que colleremos a esquerda para percorrer uns 1,5 Km e chegar a Silvachá.

Hay que ver:

  • Capela de S. Antón

  • Castro "O Casteo"

  • 5 Hórreos