NUNCA DIGAS DESTA AUGA NON BEBEREI. A VIDA É UN CAMIÑO DEMASIADO LONGO E EN OCASIONS PODES TER SEDE
MONOGRAFICOS (PREME NO QUE CHE INTERESE)
- RUTAS DE SENDEIRISMO A FONSAGRADA
- ATLAS DE MAMIFEROS VERTEBRADOS DE BURON
- PARROQUIAS DA FONSAGRADA: INFORMACION PROPIEDADE DE FONSAWEB
- EVENTOS A FONSAGRADA
- SENDEIRISMO FOTOGRAFICO DA FONSAGRADA
- OS TRABALLOS D@S FONSAGRADIN@S
- GALERIA FOTOGRAFICA DOS POBOS DA FONSAGRADA
- ETNOGRAFIA DA FONSAGRADA
- PASAMOLO A LIMPO
- A PRENSA FONSAGRADINA NO SECULO XX
- TURISMO RURAL VEIGA DE LOGARES
- PATRIMONIO ARQUEOLOXICO DA FONSAGRADA
- A FONSAGRADA TV
- HORTICULTURA
- ANTARUXAS E SORTEIROS
- A FONSAGRADA NO DICCIONARIO MADOZ
- FOTOTECA BURONESA
- DICCIONARIOS DE GALEGO
Datos personales
miércoles, 9 de noviembre de 2011
VODAS DE OURO DO NOSO CURA
INFORMAREMOS E COLGAREMOS EIQUI AS FOTOGRAFIAS DESTE ENTRAÑABLE ACTO. TOD@S @S INTERESAD@S QUE DESEXEN TER ACCESO AO ALBÚM CONMEMORATIVO DEBEN PORSE EN CONTACTO NO NUMERO 6794776787 OU BEN ENVIAR UN MAIL AO SEGUINTE CORREO ELECTRONICO
veigadelogares@yahoo.es
O CASTIÑEIRO
¿Cándo e ónde naceu o primeiro castiñeiro? ¿Cómo se chamaba o home que o prantou? ¿De ónde sacou a castaña? ¿Qué foi primeiro a castaña ou o castiñeiro?
Estas preguntas son absurdas, pero poden servir para despertar a nosa curiosidade.
Hai quen pensa que o castiñeiro é unha árbore propia, típica e exclusiva da Galicia dos séculos XIX e XX. Hai quen pensa que o castiñeiro foi "inventado" en Galicia fai varios centos de anos. .... E hai quen mira para un castiñeiro ... e non pensa nada.
Para que teñamos moitas cousas que pensar cando nos sentemos á sombra dun castiñeiro, vouvos a contar aquí algunhas cousas curiosas desta árbore.
I.- O castiñeiro no mundo
- O castiñeiro é moito mais vello que o home. Fai máis de 40 millóns de anos xa había castiñeiros na Terra. Cando apareceu por este Planeta o primeiro home (fai arredor de 2 millóns de anos) xa os castiñeiros levaban millóns de anos dando follas, sombra e castañas. O castiñeiro foi aparecendo no noso planeta como foron aparecendo as outras plantas, pouco a pouco, e por evolución de outras especies. Supoño que no principio había castiñeiro "bravos". E que o home primeiro lle aproveitou o froito tal como o daban, e logo foi descubrindo que uns castiñeiros daban millor froito que outros, e aprendeu a sementar castañas dos castiñeiros bos.
- Hai castiñeiros en Galicia. Hai castiñeiros en gran parte de Europa. E hai castiñeiros nas zonas templadas do Hemisferio Norte, nos continentes de Europa, Asia e América.
- Nun principio o castiñeiro vivía en áreas mais septentrionales das que hoxe habita, pero cando chegaron as glaciaciacións enfriou o clima e o castiñeiro retrocedeu, e en Europa refuxiouse na zona mediterránea. Máis tarde, cando o clima volveu a cacer un pouco, o castiñeiro volveu a extenderse pouco a pouco por outras zonas, pero moi lentamente debido a que a castaña pesa moito e non pode ser transportada polo vento, senon que para viaxar dun lugar a outro ten que ser levada por homes ou animais.
- No mundo enteiro, os países que máis castañas producen son: A China, Corea, Tuquía, Xapón, Italia, Francia, .... A China é o país do mundo que mais castañas produce. Na China o castiñeiro é unha árbore sagrada, e nese país as castañas teñen gran importancia na alimentación humana dende fai máis de 6.000 anos.
- O castiñeiro foi considerado en Norteamérica como a "árbore nacional" ou como "arbore de tódolos americanos". Pero en 1904 uns árbores procedentes de Asia levaron a América a enfermedade do "cancro" do castiñeiro, a cal ocasionou en poucas décadas a morte de máis de 40 millóns de castiñeiros, producindo a maior catástrofe forestal e ecolóxica que se recorda, e provocando a desaparición case que total do castiñeiro de Norteamérica. Eso deu lugar a que o castiñeiro fose sustituido polo "roble" como árbore emblemática de Norteamérica.
II.- O castiñeiro en Galicia
- Non se sabe con certeza cándo apareceron os primeiros castiñeiros en Galicia.
- Polo de agora aínda non se atoparon probas de que as castañas se usasen como alimento humano en Galicia antes do século I. Nos traballos arqueolóxicos levados a cabo nos castros galegos non se atoparon sinais de que os seus moradores comesen castañas.
- Os Romanos coñecían ben as virtudes do castiñeiro e o valor alimenticio da castaña, e foron espallando polos países que conquistaban as clases froiteiras de castiñeiros e as técnicas de cultivo que se empregaban en Oriente.
- Pode ser que en Galcia houbese castiñeiros espontáneos e non cultivados dende moi antiguo, pero que as variedades que dan boas castañas fosen introducidas polos romanos.
- En calquera caso, parece certo que o cultivo do castiñeiro procede de Oriente Próximo, de Transcaucasia, e que os gregos primeiro e os romanos despois contribuiron grandemente á difusión do cultivo do castiñeiro polos pobos que ían consquistando.
- En Galicia, a partires da romanización, o cultivo do castiñeiro foise extendendo hasta ocupar casi toda a rexión, convertíndose a castaña nun alimento básico. Pero no século XVIII foise extendendo o cultivo da patata e do millo, ocupando terras que antes tiñan castiñeiros, e dando lugar a un cambio de hábitos alimenticios: A castaña empezou a quedar en un lugar secundario, pasando a ter mais importancia na alimentación humana as patatas e os cereais. Esta sustitución da castaña pola patata explica que en algúns sitios ás patatas se lles camase "castañas da terra", e que aínda hoxe a unha leira de patatas se lle chame "castanal".
- A medida que se extendían os cultivos das patatas e dos cereais, o castiñeiro iba retrocedendo, refuxiándose no interior de Galicia. E no final do século XIX e no século XX este retroceso acentuouse como consecuencia da aparición da enfermedade da tinta.
- A enfermedade da tinta ocasionou a morte de moitos castiñeiros en Europa; en Galicia a súa incidencia foi especialmente forte arredor do ano 1.920, pero hoxendía a súa presencia é moito menor, tanto debido a que o axente que produce a enfermedade xa non é tan virulento como a que se desarrollou a prantación de castiñeiros resistentes á tinta.
- Hoxendía a rexión de España na que hai mais castiñeiros é Asturias. Pero tamén hai moitos en Galicia, Cantabria, Navarra e Cataluña. No Pais Vasco había moitos pero nos derradeiros setenta anos case que desapareceron. No resto de España hai poucos.
- En Galicia as maiores masas de Castiñeiros atópanse actualmente nas montañas dos Ancares e do Caurel. Pero tamén podemos atopar soutos moi fermosos na provincia de Ourense, por exemplo na zona de Trives-Manzaneda (en Soutipedre e outros lugares), ou na zona de Laza (en Cerdedelo, en Correchouso ...).
- En Galicia é moi frecuente atopar castiñeiros demoucados, deboucados ou desmouchados. Son castiñeiros que se cortan a unha altura de unos dous metros dende o chau, para aproveitarlle a madeira, e que logo voltaron a botar novos paus, que de novo se van cortando periódicamente, ... Así formase un castiñeiro con un pé moi gordo e vello, de dous a catro metros de altura, e logo con uns cantos paus mais novos que medran por enriba deste pé. Podemos ver un exemplar nas dúas fotos seguintes.
Un castiñeiro demoucado, con un pé centenario, en Cerdedelo, no souto de Oucedelo. O diámetro do seu pé mide cinco metros con noventa centímetros..
III.- A lonxevidade do castiñeiro. Castiñeiros famosos.
- De tódalas árbores que hai en Europa o castiñeiro é a que mais anos pode chegar a vivir. O castiñeiro máis famoso do mundo está en Italia, na provincia de Catania, e dise que ten uns 3.000 anos. É a árbore viva mais vella de Europa. E cóntase que, estando por alí de visita Juana de Aragón, desatouse unha tormenta e a dita señora e todo o seu séquito formado por cen cabaleiros cos seus respectivos cabalos refuxiaronse debaixo da copa deste castiñeiro, que por eso se conoce como O CASTIÑEIRO DOS CEN CABALOS.
- En Galicia dise que o castiñeiro máis vello é o de os POMBARIÑOS, que está no lugar de Pombariños, moi próximo a aldea de Rozavales, na parroquia de San Martiño de Manzaneda, no concello de Manzaneda (Ourense). Para chegar a él vaise pola carretera que vai de Pobra de Tives a Manzaneda (pola Encomenda), tendo que percorrer ó final un pequeno treito a pe por bo camiño. Calcúlase que ten arredor de 1.000 anos. O seu pé ten unha circunferencia de 13,85 metros. Precísanse dez persoas adultas collidas das mans, cos brazos extendidos, para abrancar todo o seu contorno. É un castiñeiro sin terra (a propiedade do terreno onde está pertenece a unha persoa e a propiedade da árbore a outra, tendo ésta última un dereito de aproveitamento integral de todo o que dá o castiñeiro: castañas e madeira). Nos anos 90 do século XX a propiedade do Castiñeiro de Pomariños foi cedida á Xunta de Galicia.
- Tamén son sonados en Galicia os Castiñeiros de Quintela, que están na parroquia de Catasós, a tres km. de Lalín, na marxen esquerda da carretera N-551 que vai de Santiago a Ourense, dentro dun fermoso bosque formado por carballo e castiñeiros. Estes castiñeiros de Quintela ten arredor de 200 anos e destacan pola súa altura que nalgún caso sobrepasa os 30 metros.
- E tamén no concello de Laza (Ourense), na parroquia de Cerdedelo, hai un fermoso souto, no que hai varios castiñeiros centenarios, entre os que se atopa o castiñeiro das Millaras, que se pode ver na seguinte foto. É un castiñeiro deboucado, que ten varios centos de anos, que leva dado moita madeira, e que ainda da moitas e boas castañas.
O Castiñeiro das Míllaras, en Cerdedelo (Laza, Ourense). ¿cantos anos terá?. ¿Canto mide a súa circunferencia? ¿Por qué non aparece citado nos libros entre os castiñeiros sonados que hai en Galicia?. Tentaremos de respostar o máis pronto posible a estas preguntas. (Xa teño unha resposta: a súa circunferencia mide 7 metros con 20 centímetros. Medida o día 30-10-2004)
No mes de agosto do ano 2003 este castiñeiro estuvo a piques de ser devorado por un incendio. O lume chegou moi cerca, queimando outros castiñeiros que vivían a non máis de cincuenta metros de distancia. Foi un atentado contra o patrimonio natural galego, que houbera sido máis cruel ainda se houbera matado tamén o Castiñeiro das Míllaras. O que non sabemos é se outro ano o lume voverá e levará consigo o corpo e a ialma desta vella testemuña da historia galega dos pasados séculos .
IV.- Os froitos do castiñeiro: ecoloxía, madeira e castaña.
- O castiñeiro ten hoxe un doble valor: - ecolóxico e económico.
- Valor ecolóxico: As follas do castiñeiro caen, pudren, e fan solo, aumentando a capa de humus. Arredor do castiñeiro desenrólanse moitas especies vexetais. A castaña sirve de alimento a moitos animais salvaxes. A sombra dun castiñeiro é boa e fresca. E os soutos de castiñeiros dan lugar a paisaxes fermosas que enriquecen o patrimonio natural de Galicia. ¿Canto vale unha paisaxe?.
- Valor económico: a madeira e as castañas.
.A madeira de castiñeiro é unha madeira noble, de indiscutible calidade: é boa, fermosa, e moi duradeira. En Galicia foi usada tradicionalmente para as vigas ou traves da casa, para pontós e táboas do piso, para facer armarios, chineros, cadeiras, escanos, mesas e bancos, para facer arcas e arcaces, .... Sempre foi unha madeira moi valorada pola súa longa duración, e por eso "os vellos" decían: "o castiñeiro é eterno". E a sua lonxevidade en bó estado refléxase no feito de que pode durar centos de anos sin podrecer e tamén no feito de que non a entra a polilla. É frecuente toparse con un mueble feito en parte de castiñeiro e en parte de outras madeiras e observar como as táboas que son de vidueiro ou pino están totalmente apolilladas e as que son de castiñeiro están intactas e non teñen nin un soio burato de polilla.
A madeira de castiñeiro foi tamén moi usada para traballos artísticos: esculturas, portas de eirexas, retablos, ... O baldaquino da nave central da catedral de Santiago e a sillería do coro están feitos con madeira de castiñeiro.
.A castaña sigue tendo importancia na alimentación: é certo que retrocedeu o consumo da castaña ó modo tradiccional; pero tamén é certo que a industria da castaña está cada día mais desenrolada, e que están aparecendo novas formas de consumo e comercialización da castaña: marron glacé, tartas de castañas, ...... A industria da castaña está tamén desenrolando formas novas de recollida da castaña (por medios mecanizados) e de conservación e manipulación da castaña (tratamento por inmersión en auga, desecación, fumigación, pelado por medios automatizados, conxelación das castañas peladas, ....).
Un urizo con tres fermosas castañas dentro.
- Para que a castaña se conserve e non se pudra débense seguir as seguintes pautas: 1) Unha vez que cae da árbore débese recoller o máis pronto posible. Non debería pasar no chau máis de 48 horas. 2) Débese ter o menor tempo posible encerrada en sacos, e non se debe ter amontonada en montóns grandes. 3) Débese poñer o mais pronto posible a unha temperatura de 0º Centígrados, pois a 2ºC xa empeza a xerminar. 4) Débese ter en sitios refrixerados.
- Italia é o país europeo que máis castañas produce. Francia, ademáis de ser un importante productor, é o país europeo que máis castañas importa. En Europa hai máis de trescentas variedades ou clases de castañas.
- A castaña é alimento para moitos animais. Pero tamén é alimento para o home dende o Paleolítico; é un alimento básico para os pobos máis pobres, por eso en Francia se lle chamaba ás castañas "o pan dos pobres". Nos tempos en que non había patatas e os cereais andaban escasos, a castaña tiña moita importancia. (Lembremos que a patata procede de América e foi introducida en Europa por primeira vez -en Sevilla- no ano 1.557).
- Na China, na literatura de fai 6.000 anos hai constantes referencia á castaña, como alimento popular, e ainda hoxe se poden topar centos de recetas para preparar as castañas.
- O castiñeiro é unha especie monoica, e por iso un mesmo castiñeiro bota flores masculinas (candeas) e flores femeninas (que están agochadas na base das candeas). A fecundación das femeninas polo polen das masculinas da orixe ós urizos e ás castañas. E das flores dos castiñeiros tamén obteñen as avellas moito polen e nectar para facer mel.
V.- O futuro do castiñeiro.
- En Europa, o abandono do cultivo agrícola en moitas terras pode dar lugar a que nelas se pranten castiñeiros. O castiñeiro podería ter moito futuro.
- Moitos din que o castiñeiro é unha árbore de crecemento lento, pero non é certo. É de crecemento rápido, e con trinta anos pode chegar a ter medrio metro de diámetro. E si se quere aproveitar para madeira a millor idade para cortalo é cando ten entre 70 e 90 anos, pois a partir dos 90 medra máis lentamente e ademáis pode que se estropee por dentro e non sirva a madeira.
- A tendencia ó esgotamento das madeiras nobres procedentes dos paises tropicais pode dar lugar a que cada vez teña máis importancia a madeira do castiñeiro.
- Hoxendía prantar un souto de castiñeiros pode que non sexa unha actuación puramente romántica dun ecoloxista soñador e visionario; poñer un souto hoxe é tamén unha boa inversión dende o punto de vista económico.
- O castiñeiro leva 40 millóns de anos vivindo niste Planeta e, seguramente, "mentras haxa Terra haberá castiñeiros".
Fonte: galicias.com/camba/traballos/t/castineiro.htmAS CASTAÑAS
AS CASTAÑAS
Unha das árbores máis fermosas que podemos atopar en Galicia é o castiñeiro, árbore nobre, querida e venerada por moitos pobos, que leva vivindo nas zonas templadas do hemisferio norte dende fai uns 40 millóns de anos, estendéndose por Europa, Asia e América.
Un castiñeiro centenario, en Cerdedelo, no souto de Oucedelo.
Si se enterra unha castaña no mes de novembro, a unha fondura dunha cuarta, pouco máis ou menos, poden pasar dúas cousas:
-que a coman os ratos
-ou que xermole, botando un pequeno fío fora da terra, que pouco a pouco vai medrando, e que para a primavera empeza a botar xa algunha folla.. e logo vai medrando pouco a pouco: é un castiñeiro. Pasado un ano pode medir dúas cuartas. E pasados dous anos pode medir un metro. Logo sigue medrando paseniñamente. E, se a sorte é boa, ó cabo de nove ou dez anos pode dar xa as primeiras candeas, os primeiros urizos, e as primeiras castañas.
Decían os vellos que se se sementa a castaña do medio (das tres que normalmente ten un urizo) o castiñeiro que nacia pode dar castañas sin necesidade de enxertalo. Pero o máis normal é enxertar os castiñeiros, cando ten sete ou oito anos, con pugas dun castiñeiro que dea boas castañas.
No mes de abril os castiñeiros empezan a vestirse con follas grandes e fermosas, e no mes de xuño botan as súas froles. As floles masculinas son alongadas e chámanse candeas; e no punto de unión das candeas co talo da árbore está a flor feminina, que é un involucro con espiñas diminutas (cúpula), e que máis tarde dará lugar ó urizo. Das froles nacerán no mes de xullo os urizos, que irán medrando, e que alimentarán dentro deles, escondidas, as castañas. Os urizos vístense de picos, para defender o seu tesouro interior das mans dos impacientes.
As follas, as candeas, os urizos, e, dentro, escondido, o tesouro: as castañas.
Cando chega o mes de outubro abren as súa camisola os urizos e deixan caer as primeiras castañas. O labrego, que leva días agardando este parto, leva a noticia ós veciños, decindo: xa pingan as castañas. No mes de novembro caen as castañas e os urizos e secan as follas.
Cando maduran as castañas, os urizos van abrindo, e as castañas caen: xa "pingan" as castañas.
Algúns urizos caen enteiros ó chau, sin abrir. Este gardaba no seu interior tres fermosas castañas.
Entón empeza o tempo de coller as castañas: homes e mulleres aparellan as súas mulas, e diríxense ós soutos. (Chámaselle soutos ás fincas nas que hai castiñeiros).
Un souto, en Cerdedelo.
Unha a unha van collendo as castañas no chau e botándoias para un canastro. Cando se enche o canastro bázano nun saco. E cando se enche o saco átanlle a boca e cárgano na mula para levalo ó pobo.
Xente collendo nas castañas, en Cerdedelo
Un canastro de castañas.
Con unha saca de castañas ó lombo, sacándoia do souto.
E así un día detrás de outro. Os primeiros días hai poucas castañas. Despóis van caindo máis, pero tamén empezan a caer as follas e os urizos, e precísase andar con tino para non encher as maus de picos.
Pasados quince ou vinte días, cando xa non quedan castañas arriba, nos castiñeiros, faise o rebusco, removendo ben as follas e os urizos, e collendo tódalas castañas que aparecen.
¿Para qué sirven as castañas?. As mais pequeniñas e as que están vacías (bolecas) dánselle ós porcos, que as comen de maravilla. E as outras sirven de alimento para as persoas.
As castañas, xa na casa, bazadas no chau.
As castañas pódense comer de moitas maneiras:
-Recien collidas, pódense asar nun tixolo, para comelas, ben sexa soias con un pouco de viño, ben sexa con un pouco de chourizo, ou ben sexa migadas en leite. Nas noites de inverno, nos pobos interiores da Galicia profunda, é moi frecuente cear castañas asadas, con leite.
Asando as castañas no tixolo. Na primeira foto estánse empezando a asar; na segunda están a medio asar; e na terceira xa sirven para comer. Lóxicamente antes de comelas hai que quitarlle a casca: bullalas.
-As castañas verdes, tal como veñen da árbore, tamén se poden cocer nunha pota, con auga e un pouco de sal. Pódeselle botar tamén fiuncho, e, si se quere, un chourizo. E logo pelalas e comelas, soias, con chourizo, con carne ou con leite. Son as "castañas cocidas".
-Pero nos tempos en que a castaña era un dos compoñentes principales da alimentación de moitos pobos galegos, a maior parte das castañas que se collían nos soutos galegos botábanse nos canizos das cociñas, para secalas. Tódalas lareiras galegas tiñan enriba delas un canizo. O teito da cociña estaba formado por travesas de madeira separadas entre elas medio centímetro, deixando espacio suficiente para que pudese subir o calor e o fumo, sin que caisen as castañas. O mismo lume da lareira, que se usaba para quentarse e para facer a comida, servía tamén para ir secando as castañas que se botaban no canizo, encima da cociña. E, a partir do mes de nadal, tamén se curaban os chourizos que se colgaban en lareiros, por debaixo do teito da cociña.
De vez en cando había que subir ó canizo, para remexer as castañas, para que se secasen todas por igual.
Cando chegaba o mes de xaneiro e as castañas estaban ben secas, era o tempo de pisalas. Collíanse no canizo e botábanse nun cesto. Baixabase o cesto para o curro. E botábanse unhas poucas dentro dun zurrón de pisar as castañas, feito coa piel dun becerro, e deseñado xa especialmente para este destino. Entre dous homes novos que tuvesen forza collían u zurrón, un pola boca e outro polos pés, e bourábanlle duro enriba dun tallo de madeira, tamén deseñado especialmente para este menester. Dábanlle uns vinte golpes por un lado, e logo outros vinte golpes polo outro lado. Abrían a boca e miraban se lle caera ben a casca a tódalas castañas. Se non era así dábanlle uns poucos golpes máis.
Despóis bazában a piada na criba, e outro home movía con arte a criba facendo subir as castañas ó aire, de tal xeito que as castañas volvían caer verticalmente na propia criba e as cascas boaban co vento, quedando finalmente as castañas soias, brancas, limpas e sin casca. Estas castañas secas e fermosas botábanse nun cesto e logo bazábanse nunha arca onde se gardaban como un verdadeiro tesouro. Previamente separábanse as rotas e malas que se botaban aparte, noutro cesto e noutra arca, e que se gardaban para dárllelas ós porcos, que as comían con verdairo pracer. A estas castañas rotas ou malas chamábanlles "picaños" ou "picós".
As castañas secas eran duras. Pero eran moi ricas. Daba gusto meter unha na boca e chupala pouco a pouco como si fora un caramelo. Estas castañas secas, que se conservaban sen problema durante varios meses, cocíanse, como si fosen patatas, e constituían un alimento básico de moitos pobos galegos.
-Hoxendía (ano 2003) os galegos siguen recollendo as castañas dos seus soutos. Pero a maior parte dos canizos están valeiros e son mera lembranza de longas noites de inverno en lonxanas infancias. Agora as castañas aproveitánse de outras maneiras.
Hai unha parte das castañas que se destinan ós magostos. A castaña, como tódalas cousas importantes que hai en Galicia, ten a súa propia festa gastronómica: o magosto. Os amigos, os veciños, os nenos do colexio, os homes e as mulleres, xúntanse arredor dun lume encendido no chau, con frouma de pino, e botan castañas verdes no lume, para que se asen, para despois comelas, regadas con viño e cantares. É a festa do magosto, que se celebra arredor do San Martiño, alá polo 11 de novembro, día arriba día abaixo.
Pero a maior parte das castañas que se recollen hoxendía destínanse á venta, e despois de pasar por varios intermediarios, rematan en fábricas que fan con elas "marron glacé", tarta de castañas, e outros postres e derivados.
De calquera xeito, a historia de Galicia non se pode explicar sin falar das castañas, e do seu pai o castiñeiro, árbore que deu alimento, madeira, cobixo e sombra a moitos dos nosos devanceiros.
Debaixo da sombra dos castiñeiros fixéronse os millores poemas, déronse os millores bicos, e dixéronse as mais fermosas palabras de amor. De madeira de castiñeiro eran as trabes das casas, as táboas do piso, as arcas, os armarios, os chineros, .... De castañas estaba feito o cerne do corpo dos labregos. E da alma do castiñeiro está feito o eixe do noso espíritu colectivo. Galicia non sería Galicia se non fora polo castiñeiro.
Veleiquí un castiñeiro que ten varios centos de anos, nas Millaras, en Cerdedelo.
FONTE: galicias.com/camba/traballos/t/castineiro.htm
martes, 25 de octubre de 2011
¿Por qué arde el monte gallego?


Los incendios generan una economía paralela en un rural despoblado
Los incendios en Galicia son un indicador. Son la evidencia de la grave enfermedad que sufre desde hace años el monte gallego. La fiebre está ahí, latente, y cada ejercicio se manifiesta con mayor o menor virulencia en un territorio con 2,4 millones de hectáreas de espacio forestal. La despoblación del medio rural, la escasa rentabilidad económica derivada de la infrautilización de esa superficie, la incapacidad para ejecutar un modelo de gestión adecuado, el presunto auge de la actividad incendiaria y la economía que gira en torno a los incendios son algunos de los virus que provocan esa enfermedad. Son quizá las razones de por qué se quema el bosque en Galicia.
¿Cuánta superficie forestal está infrautilizada en Galicia?
La superficie forestal equivalente a una quinta parte de la comunidad gallega está infrautilizada, como mínimo. El profesor del departamento de ingeniería agroforestal de la Universidade de Santiago, Manuel Marey, apunta que ésta coincide precisamente con aquellas zonas menos pobladas. En el interior de la provincia de Ourense, la gran damnificada por los incendios de las últimas semanas, es fácil ver amplias superficies de monte cubiertas con carqueixas o toxo. La escena es muy diferente a la que puede observarse en áreas del norte de la provincia de A Coruña, donde el clima más húmedo también favorece la prevención. Ahí hay incluso algunos propietarios que han contratado vigilancia privada para proteger unas plantaciones que les reportan unos suculentos ingresos.
¿Cuáles son las razones de ese abandono?
La despoblación del medio rural es la principal y más evidente. En buena parte de los concellos ourensanos asolados por los incendios no hay una actividad que rentabilice el fuerte desembolso que supone mantener el monte limpio. Desbrozar una hectárea cuesta entre 1.000 y 1.250 euros. En el norte, las plantaciones arbóreas son una industria y en Os Ancares, el pastizal de montaña empieza a ser un recurso importante para la ganadería.
La labor de prevención ha de adaptarse a cada zona. Además, señala Marey, rentabilizar el monte no solo es plantar árboles, pueden hacerse pastos, tener miel, hacer un uso cinegético o cultivar cereal. Un hándicap es el escaso mercado de ese tipo de productos.
¿Qué consecuencias arrastra el desaprovechamiento?
La falta de una salida laboral para los pocos habitantes que quedan en las áreas más despobladas ha convertido los incendios en una de las principales fuentes de generación de empleo. «Hai xente que é contratada no verán e ten un ingreso extra. Tampouco é que planten o lume, pero benefícianse indirectamente», explican fuentes del sector. Y en este sentido el profesor Marey añade que «hai zonas en Galicia nas que o feito de que arda o monte xera maior riqueza que plantar árbores o sementar cereal». Eso es lo que hay que invertir.
Lo que hay que intentar es que ocurra como en Francia, un estado con características climatológicas semejantes a las de Galicia, pero donde «os lumes» no alcanzan la virulencia de aquí. «Ahí a explotación do monte ten moita rentabilidade, é moito maior da que poden ter as queimas», apunta.
¿Cuánto cuesta la extinción?
Para este año, la comunidad tiene presupuestados unos 93,2 millones de euros para labores de prevención y extinción, una cantidad destinada en su mayoría al segundo capítulo. Y es que en ambas labores trabajan durante todo el año más de 2.000 personas, una cantidad que llega a las cerca de 7.000 durante la época de riesgo elevado. Con lo invertido desde 1990, un estudio de la USC apunta a que en Galicia podrían haberse repoblado 270.000 hectáreas, hecho 190.000 de concentración parcelaria y en otras 250.000 podrían tenerse aplicado tratamientos selvícolas.
¿Qué se va a hacer?
Tras la oleada de incendios de este mes de octubre, el titular de la Xunta, Alberto Núñez Feijoo, acaba de sugerir una rebaja en el Impuesto de Bienes Inmuebles (IBI) para los dueños de fincas que se preocupen de mantenerlas limpias. Además, están las Sofor, unas sociedades de fomento forestal dirigidas a estimular actividades que quiten al monte del abandono en el que está. El problema es que están dando sus primeros pasos.
MAIS INFORMACION:
TERCEIRO INVENTARIO FORESTAL DE GALICIA (CLICKA)
INCENDIOS FORESTALES EN GALICIA (CLIKA)
VISION GLOBAL SECTOR FORESTAL EN GALICIA (CLIKA)
MANUAL DE XESTION FORESTAL SOSTENIBLE UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
A primeira nevada do outono pinta de branco a montaña de Lugo


En declaracións a EFE, o alcalde deste municipio lucense, o socialista José Luis Raposo Magdalena, explicou que a neve empezou a caer "con ganas" unhas horas logo de caer o sol e as precipitacións se fixeron máis intensas cara ás once de noite, ata que deixaron totalmente branca a paisaxe.
"Parece incrible, logo dos vintitantos graos da semana pasada, pero nevou con todas ganas e, aínda que non será unha nevada na que haxa que quitar neve das estradas, está todo branco", explicou o alcalde.
"As árbores están con cierzo e a neve pégase a eles, porque aínda teñen as follas", relatou Raposo Magdalena.
Ante a repentina chegada do outono, o Concello de Pedrafita do Cebreiro comezará de inmediato a montar as cuñas quitaneves que ten no seu parque móbil, por se "lle dese por nevar máis e, nun momento determinado, tivésemos que atender algunha urxencia nas aldeas", explicou o rexedor local.
Pegerto Saavedra: ''A seguridade do 'Códice Calixtino' revela unha certa inxenuidade'
20/10/2011 - Jaureguizar (texto) + Jessica Barcala / El Progreso (Lugo)A Real Academia Galega vén de nomear como novo membro a este catedrático de Historia Moderna que se soña vivindo nos anos 50 da súa aldea na Fonsagrada. Recoñece que acadou a condición de maior experto da vida privada galega mentres trataba de recuperar a súa nenez.
antes de empezar a entrevista, Pegerto Saavedra, todo un catedrático universitario, descúlpase por «falar o galego da Fonsagrada» e pide que se lle «corrixa» a galego normativo.
Máis ben debería ser eu quen se desculpase por falarlle nun galego que non é tan natural coma o seu.
É que eu aprendín a falar na miña aldea, na parroquia fonsagradina de Freixo e ás veces se me veñen palabras de cousas da agricultura que desaparaceron e, canda elas, as palabras coas que se denominaban.
Pero o labor do historiador é tratar de recuperar o que se perde.
Sí, pero cando cambia o contexto é difícil recuperar certas cousas.
O contexto de Galicia cambiou moito nos últimos 50 anos.
Totalmente, na miña aldea, Ferreira de Arriba, desagrarizouse. Eramos noventa veciños e agora quedan dous solteiros e un viúvo. Con ese panorama...
Os historiadores son xente con morriña, sempre están botando cousas en falta.
Non, non o creo. Dedicámonos a cambiar o pasado, vaise revisando. Hai asuntos que non interesaban e interesan agora. Por exemplo, a demografía. Empezou a traballarse na vellez, pola situación de perda de poboación que padecemos, ou na historia da muller. Hai cousas do pasado que nos gusta máis ou menos investigar porque ás veces temos unha visión positiva de certas épocas, como a medieval, pero non sabemos se os que viviron tiñan esa mesma visión.
O medievo foi a nosa idade dourada?
Foi unha época de esplendor da nobreza e tamén da arte e o patrimonio, liderado polos mosteiros, igrexas e pazos. Fundamental é a presenza da lingua nos documentos particulares porque vai desaparecendo a partires de fins do século XV. Pero non sabemos o que pensaban os labregos, que formaban a maioría da poboación.
Temos idealizada esa época?
Valoramos unha época polo patrimonio que deixou, pero un labrego de 1800 vive mellor ca un de 1300.
Non serei eu quen llo discuta porque vostede estudou a vida privada dos galegos entre os séculos XVI e XVIII. De onde lle vén o interese por ese asunto?
Pois era case unha forma de revivir a miña en Ferreira de Arriba, onde todo funcionaba con axudas mutuas xunto con Ferreira de Abaixo. Materialmente viviamos peor, pero de relacións humanas moito mellor; non había soidade.
A súa infancia dos anos 50 ten que ver coas infancias dos séculos XVI a XVIII?
Hai moitas cousas que non resultan estrañas. Hai unha conciencia constante de cambio, temos documentadas as queixas de pais que din que os seus fillos son diferentes a eles, que non se recoñecen no seu xeito de vida.
Pero ese cambio acelerouse.
Si, pode que un rapaz de agora, mesmo da aldea, pode que non vise un carro funcionando. Nos anos 60, o 60% da poboación era agraria; agora dubido que chegue ao 8%. No noso imaxinario, mesmo en programas de televisión, segue véndose Galicia como país rural, e ese país non existe. As relacións cambiaron totalmente.
Pero os que proceden do rural non as manteñen no ámbito urbano?
En certo modo si, porque a xente ten propiedades no rural, pero ata unha festa nunha parroquia ten pouco que ver. A festa da malla non é festa no traballo, é algo de museo vivinte.
O que importa agora nas parroquias é se logran contratar á París de Noia ou a Panorama?
En parroquias do litoral, as festas serven como factor de cohesión. En canto á música, antes era para bailar; a xente vai agora escoitar os grupo de gaitas nas festas coma se fosen a un concerto.
Galicia representaba en 1750 o 13% da poboación do Estado, agora anda polo 6%. En que momento se botou a perder?
Daquela a poboación que se tiña era a que se podía alimentar directamente do agro. Galicia tiña un sistema de pequena explotación, pero intensiva. Acabou perdendo peso porque non fixo a revolución industrial. Dos catro sectores importantes daquela -textil, coiros, ferraduras e pesca-, soamente este último se desenvolveu.
Grazas aos fomentadores cataláns. Faltaba talento propio?
Cada sector ten a súa explicación. No textil foi un problema político,... para un historiador é fácil explicar o que pasou, pero non por que non pasou o que debería ter pasado. Talento propio había, temos grandes empresarios en Cuba ou en Arxentina no século XIX.
Por que non desenvolveron aquí o talento?
Porque a sociedade era maioritariamente de pequenos cultivadores, que eran moitos e tiñan moita forza, e de rentistas poderosos. Estes últimos teñen capitais, pero fan pazos e igrexas, pero non invisten en empresas porque o que buscan non é o futuro, senón a pervivencia do pasado.
Vostede vai desenvolver o seu talento na Real Academia. Pode comentar as iniciativas que porá en marcha?
Entendo que me elexiron para reforzar a sección de Historia. Seica hai pendentes traballos de onomástica e de procura de textos en galego da época moderna. Hai cousas interesantes neste terreo. Fernando Bouza descubriu algo que non coñeceiamos, que é unha petición de permiso para publicar obras en galego a comezos do século XVII. A censura debía avalialos. Aprobou un deses.
É logo posible que apareza o orixinal que avaliou a censura?
Podería, pero non aparece.
Sería como atopar o ‘Códice Calixtino’?
Non, máis difícil, porque non sabemos se se conserva. Ninguén está pensando en que o ‘Códice’ foi destruído.
Que opina das medidas de seguridade que tiña?
Se o roubaron foi porque non eran abondas. Houbo un exceso de confianza, certa inxenuidade. Levaba aí setecentos anos e nunca pasara nada.
Que vai tratar no discurso de ingreso?
Algo de historia cultural de Galicia. Pode ser o uso do galego nos pazos e por parte do clero. Nos grandes no se falaba porque os propietarios pasaban moito tempo fóra, pero nos pazos medios usábase moito porque non saían do reino. No caso dos curas, tamén o utilizan porque era o único xeito de entenderse coa xente. Hai sacerdotes que veñen de fóra e se producen anécdotas como as que conta o Padre Sarmiento. Había un cura ao que os paisanos confesaban que‘trevellaban’ moito, no sentido de fornicar. O cura entendía ‘traballar’ e animábaos a facelo sempre que tivesen gañas, aínda que unicamente dúas horas no domingo.
A terceira Festa do Porco Celta da Fonsagrada será o día 12 de novembro
O Concello da Fonsagrada e a asociación de criadores de porco celta (Asoporcel) ultiman os preparativos da terceira edición da Festa do Porco Celta, que se celebrará o día 12 de novembro.Un dos atractivos do evento será a exposición de exemplares de porco celta cedidos polo colectivo organizador para que os asistentes poidan coñecer de primeira man as características desta raza autóctona galega.
A Praza do Museo fonsagradina acollerá tamén unha mostra de produtos cárnicos, aínda que está por determinar se se instalará en pallozas habilitadas para a ocasión -como na edición anterior- ou baixo unha carpa.
Os restaurantes da localidade terán tamén un papel destacado no festexo, xa que ofrecerán menús a base de derivados de porco celta. Estes animais se crían en semilibertad e aliméntanse só con produtos naturais.