miércoles, 9 de noviembre de 2011

O CASTIÑEIRO

¿Cándo e ónde naceu o primeiro castiñeiro? ¿Cómo se chamaba o home que o prantou? ¿De ónde sacou a castaña? ¿Qué foi primeiro a castaña ou o castiñeiro?

Estas preguntas son absurdas, pero poden servir para despertar a nosa curiosidade.

Hai quen pensa que o castiñeiro é unha árbore propia, típica e exclusiva da Galicia dos séculos XIX e XX. Hai quen pensa que o castiñeiro foi "inventado" en Galicia fai varios centos de anos. .... E hai quen mira para un castiñeiro ... e non pensa nada.

Para que teñamos moitas cousas que pensar cando nos sentemos á sombra dun castiñeiro, vouvos a contar aquí algunhas cousas curiosas desta árbore.

I.- O castiñeiro no mundo

- O castiñeiro é moito mais vello que o home. Fai máis de 40 millóns de anos xa había castiñeiros na Terra. Cando apareceu por este Planeta o primeiro home (fai arredor de 2 millóns de anos) xa os castiñeiros levaban millóns de anos dando follas, sombra e castañas. O castiñeiro foi aparecendo no noso planeta como foron aparecendo as outras plantas, pouco a pouco, e por evolución de outras especies. Supoño que no principio había castiñeiro "bravos". E que o home primeiro lle aproveitou o froito tal como o daban, e logo foi descubrindo que uns castiñeiros daban millor froito que outros, e aprendeu a sementar castañas dos castiñeiros bos.

- Hai castiñeiros en Galicia. Hai castiñeiros en gran parte de Europa. E hai castiñeiros nas zonas templadas do Hemisferio Norte, nos continentes de Europa, Asia e América.

- Nun principio o castiñeiro vivía en áreas mais septentrionales das que hoxe habita, pero cando chegaron as glaciaciacións enfriou o clima e o castiñeiro retrocedeu, e en Europa refuxiouse na zona mediterránea. Máis tarde, cando o clima volveu a cacer un pouco, o castiñeiro volveu a extenderse pouco a pouco por outras zonas, pero moi lentamente debido a que a castaña pesa moito e non pode ser transportada polo vento, senon que para viaxar dun lugar a outro ten que ser levada por homes ou animais.

- No mundo enteiro, os países que máis castañas producen son: A China, Corea, Tuquía, Xapón, Italia, Francia, .... A China é o país do mundo que mais castañas produce. Na China o castiñeiro é unha árbore sagrada, e nese país as castañas teñen gran importancia na alimentación humana dende fai máis de 6.000 anos.

- O castiñeiro foi considerado en Norteamérica como a "árbore nacional" ou como "arbore de tódolos americanos". Pero en 1904 uns árbores procedentes de Asia levaron a América a enfermedade do "cancro" do castiñeiro, a cal ocasionou en poucas décadas a morte de máis de 40 millóns de castiñeiros, producindo a maior catástrofe forestal e ecolóxica que se recorda, e provocando a desaparición case que total do castiñeiro de Norteamérica. Eso deu lugar a que o castiñeiro fose sustituido polo "roble" como árbore emblemática de Norteamérica.

II.- O castiñeiro en Galicia

- Non se sabe con certeza cándo apareceron os primeiros castiñeiros en Galicia.

- Polo de agora aínda non se atoparon probas de que as castañas se usasen como alimento humano en Galicia antes do século I. Nos traballos arqueolóxicos levados a cabo nos castros galegos non se atoparon sinais de que os seus moradores comesen castañas.

- Os Romanos coñecían ben as virtudes do castiñeiro e o valor alimenticio da castaña, e foron espallando polos países que conquistaban as clases froiteiras de castiñeiros e as técnicas de cultivo que se empregaban en Oriente.

- Pode ser que en Galcia houbese castiñeiros espontáneos e non cultivados dende moi antiguo, pero que as variedades que dan boas castañas fosen introducidas polos romanos.

- En calquera caso, parece certo que o cultivo do castiñeiro procede de Oriente Próximo, de Transcaucasia, e que os gregos primeiro e os romanos despois contribuiron grandemente á difusión do cultivo do castiñeiro polos pobos que ían consquistando.

- En Galicia, a partires da romanización, o cultivo do castiñeiro foise extendendo hasta ocupar casi toda a rexión, convertíndose a castaña nun alimento básico. Pero no século XVIII foise extendendo o cultivo da patata e do millo, ocupando terras que antes tiñan castiñeiros, e dando lugar a un cambio de hábitos alimenticios: A castaña empezou a quedar en un lugar secundario, pasando a ter mais importancia na alimentación humana as patatas e os cereais. Esta sustitución da castaña pola patata explica que en algúns sitios ás patatas se lles camase "castañas da terra", e que aínda hoxe a unha leira de patatas se lle chame "castanal".

- A medida que se extendían os cultivos das patatas e dos cereais, o castiñeiro iba retrocedendo, refuxiándose no interior de Galicia. E no final do século XIX e no século XX este retroceso acentuouse como consecuencia da aparición da enfermedade da tinta.

- A enfermedade da tinta ocasionou a morte de moitos castiñeiros en Europa; en Galicia a súa incidencia foi especialmente forte arredor do ano 1.920, pero hoxendía a súa presencia é moito menor, tanto debido a que o axente que produce a enfermedade xa non é tan virulento como a que se desarrollou a prantación de castiñeiros resistentes á tinta.

- Hoxendía a rexión de España na que hai mais castiñeiros é Asturias. Pero tamén hai moitos en Galicia, Cantabria, Navarra e Cataluña. No Pais Vasco había moitos pero nos derradeiros setenta anos case que desapareceron. No resto de España hai poucos.

- En Galicia as maiores masas de Castiñeiros atópanse actualmente nas montañas dos Ancares e do Caurel. Pero tamén podemos atopar soutos moi fermosos na provincia de Ourense, por exemplo na zona de Trives-Manzaneda (en Soutipedre e outros lugares), ou na zona de Laza (en Cerdedelo, en Correchouso ...).

- En Galicia é moi frecuente atopar castiñeiros demoucados, deboucados ou desmouchados. Son castiñeiros que se cortan a unha altura de unos dous metros dende o chau, para aproveitarlle a madeira, e que logo voltaron a botar novos paus, que de novo se van cortando periódicamente, ... Así formase un castiñeiro con un pé moi gordo e vello, de dous a catro metros de altura, e logo con uns cantos paus mais novos que medran por enriba deste pé. Podemos ver un exemplar nas dúas fotos seguintes.

Un castiñeiro demoucado, con un pé centenario, en Cerdedelo, no souto de Oucedelo. O diámetro do seu pé mide cinco metros con noventa centímetros..

III.- A lonxevidade do castiñeiro. Castiñeiros famosos.

- De tódalas árbores que hai en Europa o castiñeiro é a que mais anos pode chegar a vivir. O castiñeiro máis famoso do mundo está en Italia, na provincia de Catania, e dise que ten uns 3.000 anos. É a árbore viva mais vella de Europa. E cóntase que, estando por alí de visita Juana de Aragón, desatouse unha tormenta e a dita señora e todo o seu séquito formado por cen cabaleiros cos seus respectivos cabalos refuxiaronse debaixo da copa deste castiñeiro, que por eso se conoce como O CASTIÑEIRO DOS CEN CABALOS.

- En Galicia dise que o castiñeiro máis vello é o de os POMBARIÑOS, que está no lugar de Pombariños, moi próximo a aldea de Rozavales, na parroquia de San Martiño de Manzaneda, no concello de Manzaneda (Ourense). Para chegar a él vaise pola carretera que vai de Pobra de Tives a Manzaneda (pola Encomenda), tendo que percorrer ó final un pequeno treito a pe por bo camiño. Calcúlase que ten arredor de 1.000 anos. O seu pé ten unha circunferencia de 13,85 metros. Precísanse dez persoas adultas collidas das mans, cos brazos extendidos, para abrancar todo o seu contorno. É un castiñeiro sin terra (a propiedade do terreno onde está pertenece a unha persoa e a propiedade da árbore a outra, tendo ésta última un dereito de aproveitamento integral de todo o que dá o castiñeiro: castañas e madeira). Nos anos 90 do século XX a propiedade do Castiñeiro de Pomariños foi cedida á Xunta de Galicia.

- Tamén son sonados en Galicia os Castiñeiros de Quintela, que están na parroquia de Catasós, a tres km. de Lalín, na marxen esquerda da carretera N-551 que vai de Santiago a Ourense, dentro dun fermoso bosque formado por carballo e castiñeiros. Estes castiñeiros de Quintela ten arredor de 200 anos e destacan pola súa altura que nalgún caso sobrepasa os 30 metros.

- E tamén no concello de Laza (Ourense), na parroquia de Cerdedelo, hai un fermoso souto, no que hai varios castiñeiros centenarios, entre os que se atopa o castiñeiro das Millaras, que se pode ver na seguinte foto. É un castiñeiro deboucado, que ten varios centos de anos, que leva dado moita madeira, e que ainda da moitas e boas castañas.

O Castiñeiro das Míllaras, en Cerdedelo (Laza, Ourense). ¿cantos anos terá?. ¿Canto mide a súa circunferencia? ¿Por qué non aparece citado nos libros entre os castiñeiros sonados que hai en Galicia?. Tentaremos de respostar o máis pronto posible a estas preguntas. (Xa teño unha resposta: a súa circunferencia mide 7 metros con 20 centímetros. Medida o día 30-10-2004)

No mes de agosto do ano 2003 este castiñeiro estuvo a piques de ser devorado por un incendio. O lume chegou moi cerca, queimando outros castiñeiros que vivían a non máis de cincuenta metros de distancia. Foi un atentado contra o patrimonio natural galego, que houbera sido máis cruel ainda se houbera matado tamén o Castiñeiro das Míllaras. O que non sabemos é se outro ano o lume voverá e levará consigo o corpo e a ialma desta vella testemuña da historia galega dos pasados séculos .

IV.- Os froitos do castiñeiro: ecoloxía, madeira e castaña.

- O castiñeiro ten hoxe un doble valor: - ecolóxico e económico.

  • Valor ecolóxico: As follas do castiñeiro caen, pudren, e fan solo, aumentando a capa de humus. Arredor do castiñeiro desenrólanse moitas especies vexetais. A castaña sirve de alimento a moitos animais salvaxes. A sombra dun castiñeiro é boa e fresca. E os soutos de castiñeiros dan lugar a paisaxes fermosas que enriquecen o patrimonio natural de Galicia. ¿Canto vale unha paisaxe?.

  • Valor económico: a madeira e as castañas.

.A madeira de castiñeiro é unha madeira noble, de indiscutible calidade: é boa, fermosa, e moi duradeira. En Galicia foi usada tradicionalmente para as vigas ou traves da casa, para pontós e táboas do piso, para facer armarios, chineros, cadeiras, escanos, mesas e bancos, para facer arcas e arcaces, .... Sempre foi unha madeira moi valorada pola súa longa duración, e por eso "os vellos" decían: "o castiñeiro é eterno". E a sua lonxevidade en bó estado refléxase no feito de que pode durar centos de anos sin podrecer e tamén no feito de que non a entra a polilla. É frecuente toparse con un mueble feito en parte de castiñeiro e en parte de outras madeiras e observar como as táboas que son de vidueiro ou pino están totalmente apolilladas e as que son de castiñeiro están intactas e non teñen nin un soio burato de polilla.

A madeira de castiñeiro foi tamén moi usada para traballos artísticos: esculturas, portas de eirexas, retablos, ... O baldaquino da nave central da catedral de Santiago e a sillería do coro están feitos con madeira de castiñeiro.

.A castaña sigue tendo importancia na alimentación: é certo que retrocedeu o consumo da castaña ó modo tradiccional; pero tamén é certo que a industria da castaña está cada día mais desenrolada, e que están aparecendo novas formas de consumo e comercialización da castaña: marron glacé, tartas de castañas, ...... A industria da castaña está tamén desenrolando formas novas de recollida da castaña (por medios mecanizados) e de conservación e manipulación da castaña (tratamento por inmersión en auga, desecación, fumigación, pelado por medios automatizados, conxelación das castañas peladas, ....).

Un urizo con tres fermosas castañas dentro.

- Para que a castaña se conserve e non se pudra débense seguir as seguintes pautas: 1) Unha vez que cae da árbore débese recoller o máis pronto posible. Non debería pasar no chau máis de 48 horas. 2) Débese ter o menor tempo posible encerrada en sacos, e non se debe ter amontonada en montóns grandes. 3) Débese poñer o mais pronto posible a unha temperatura de 0º Centígrados, pois a 2ºC xa empeza a xerminar. 4) Débese ter en sitios refrixerados.

- Italia é o país europeo que máis castañas produce. Francia, ademáis de ser un importante productor, é o país europeo que máis castañas importa. En Europa hai máis de trescentas variedades ou clases de castañas.

- A castaña é alimento para moitos animais. Pero tamén é alimento para o home dende o Paleolítico; é un alimento básico para os pobos máis pobres, por eso en Francia se lle chamaba ás castañas "o pan dos pobres". Nos tempos en que non había patatas e os cereais andaban escasos, a castaña tiña moita importancia. (Lembremos que a patata procede de América e foi introducida en Europa por primeira vez -en Sevilla- no ano 1.557).

- Na China, na literatura de fai 6.000 anos hai constantes referencia á castaña, como alimento popular, e ainda hoxe se poden topar centos de recetas para preparar as castañas.

- O castiñeiro é unha especie monoica, e por iso un mesmo castiñeiro bota flores masculinas (candeas) e flores femeninas (que están agochadas na base das candeas). A fecundación das femeninas polo polen das masculinas da orixe ós urizos e ás castañas. E das flores dos castiñeiros tamén obteñen as avellas moito polen e nectar para facer mel.

V.- O futuro do castiñeiro.

- En Europa, o abandono do cultivo agrícola en moitas terras pode dar lugar a que nelas se pranten castiñeiros. O castiñeiro podería ter moito futuro.

- Moitos din que o castiñeiro é unha árbore de crecemento lento, pero non é certo. É de crecemento rápido, e con trinta anos pode chegar a ter medrio metro de diámetro. E si se quere aproveitar para madeira a millor idade para cortalo é cando ten entre 70 e 90 anos, pois a partir dos 90 medra máis lentamente e ademáis pode que se estropee por dentro e non sirva a madeira.

- A tendencia ó esgotamento das madeiras nobres procedentes dos paises tropicais pode dar lugar a que cada vez teña máis importancia a madeira do castiñeiro.

- Hoxendía prantar un souto de castiñeiros pode que non sexa unha actuación puramente romántica dun ecoloxista soñador e visionario; poñer un souto hoxe é tamén unha boa inversión dende o punto de vista económico.

- O castiñeiro leva 40 millóns de anos vivindo niste Planeta e, seguramente, "mentras haxa Terra haberá castiñeiros".

Fonte: galicias.com/camba/traballos/t/castineiro.htm

No hay comentarios:

Publicar un comentario