lunes, 30 de agosto de 2021

MIRADOIRO DE SANTA MARTA A LARACHA 27/08/21

Desde o miradoiro de Santa Marta-Laracha moita calixe, 423 mts
Conta a LENDA que nos montes de Santa Marta, na Laracha, e de Santa Leocadia e da Estrela, en Arteixo, vivían separadas tres irmás que construíron senllas capelas coas fachadas enfrontadas para poder saudarse na distancia. Máis aló da lenda, a verdadeira historia de como chegou a imaxe da talla de Santa Marta á actual igrexa de Soandres remóntase a 1850. Naqueles tempos, no actual templo, vivía unha comunidade benedictina que foi a que se fixo coa imaxe.
 
VISTAS.
• Dese o camiño ao oeste podemos observar unha ampla zona nesa dirección, sobre a área do núcleo da Laracha e o val do Anllóns.
• Cara ao sur, a serra de Montemaior domina a paisaxe, co pico de Fonte de Ouro como maior elevación con 522 m., en cuxo contorna se localizaron mámoas e coa referencia dun aeroxerador. Aos seus pés un bonito roteiro: A senda dás capelas.
• Cara ao leste, o relevo que predomina é o dos Montes do Xalo.
• Cara ao noroeste podemos ver a costa e destacando sobre ela as illas Sisargas e o porto de Malpica e un pouco antes a costa de Baldaio.
• Cara ao nordés se distinque a figura do cabo Prior e as ladeiras do porto exterior de Ferrol.ññ

 

 
 
 




 

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario