O Concello da Fonsagrada e a asociación de criadores de porco celta (Asoporcel) ultiman os preparativos da terceira edición da Festa do Porco Celta, que se celebrará o día 12 de novembro.
Un dos atractivos do evento será a exposición de exemplares de porco celta cedidos polo colectivo organizador para que os asistentes poidan coñecer de primeira man as características desta raza autóctona galega.
A Praza do Museo fonsagradina acollerá tamén unha mostra de produtos cárnicos, aínda que está por determinar se se instalará en pallozas habilitadas para a ocasión -como na edición anterior- ou baixo unha carpa.
Os restaurantes da localidade terán tamén un papel destacado no festexo, xa que ofrecerán menús a base de derivados de porco celta. Estes animais se crían en semilibertad e aliméntanse só con produtos naturais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario