27/06/2012 - Pilar G. Cheda / El Progreso
(Lugo)
Tania Pérez,
acordeonista da Fonsagrada, acaba de sacar o seu primeiro disco,
titulado ‘Porque es ti'. Nel inclúe parte do repertorio que pasea polas
verbenas de media Galicia e outra metade de Asturias e que obriga a
bailar a nenos e maiores sen excepción.
Tania
Pérez tiña doce anos cando se subiu por primeira vez a un palco.
Desde entón, percorreu gran parte de Galicia e de Asturias acompañada
polo seu acordeón. Agora acaba de sacar o seu primeiro
disco, un traballo que os seus seguidores esperaban ansiosos e que
inclúe, segundo a intérprete, «música para bailar».
Aos seus 21 anos, Tania Pérez ten unha visión das festas
diferente á das mozas da súa idade. ela vai traballar, aínda que asegura
que goza tanto como calquera.
Tania Perez e o seu acordéon |
No escenario, só acompáñaa o seu acordeón, un instrumento
enorme de 15 quilogramos de peso que parece pouco proporcional a unha
persoa tan miúda como a acordeonista fonsagradina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario