jueves, 14 de junio de 2012

A Xunta colabora con Repsol para levar o gas á Fonsagrada e Meira


08/06/2012 - El Progreso (Lugo)
O Consello da Xunta autorizou á Consellería de Economía e Industria a asinar un convenio de colaboración con Repsol Butano S.A. para desenvolver a infraestrutura necesaria para que uns 3.500 habitantes da Fonsagrada e Meira teñan acceso ao gas canalizado. A instalación das canalizacións do gas realizaraa a empresa entre 2012 e 2013, e terá un investimento total na zona de 350.000 euros.
Fontes da Xunta recordaron, a este respecto, que os apoios da Administración autonómica permitiron unha mobilización de investimentos para a penetración de gas canalizado en Galicia que suma 3,5 millóns na lexislatura e permite contar xa con este servizo a 27 municipios.
O Consello da Xunta aprobou tamén onte a declaración de utilidade pública do proxecto de liña de alta tensión sobre terreos das comunidades de montes de Anzas de Covelas e de Piñeira, en Ribadeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario