13/06/2012 - El Progreso (Lugo)
O BNG da Fonsagrada critica que Sanidade obrigue aos veciños a
desprazarse ata a PAC de Becerreá para facerse as radiografías
concertadas mediante cita -as urxentes fanse o hospital Lucus Augusti-
no canto de dirixirse, como ata agora, ás instalacións do Sergas na
praza de Ferrol da capital da provincia,
Tras asegurar que esa medida entrou en vigor esta semana, a
portavoz local do BNG, Esperanza Ortiz, cualificou de burla «» esa
decisión de Sanidade, por haberse negado no seu día a habilitar ese
servizo na PAC local, tal como demandou o Bloque, prexudicando entón aos
veciños ao obrigarlles a desprazarse a Lugo, e optar agora por unha
opción que lles supón «máis custo e máis tempo de desprazamento».
Nese sentido, argumentou que non hai ningunha liña de
transporte público entre A Fonsagrada e Becerreá, polo que os veciños
que teñan que facerse radiografías «terán que ir en coche particular ou
pagar un taxi» cando, polo menos, había bus público para ir ata Lugo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario