O Concello da Fonsagrada está a organizar o seu primeiro
mercado medieval, que se celebrará os días 10, 11 e 12 de agosto. Ata o
momento, confirmaron a súa presenza na feira 30 postos, a maioría de
venda de produtos de artesanía, aínda que os responsables da
organización esperan que nas próximas semanas sómense algúns expositores
máis.
Os veciños da vila e algúns propietarios de establecementos
comerciais están a preparar a ambientación para que a feira sexa un
éxito desde a primeira convocatoria. De momento, dous cabezudos
ataviados con traxes de inspiración medieval anuncian a cita ás portas
da oficina de información turística, para que a feira non pase
desapercibida para ningún visitante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario